Willie Green
| Los Angeles Clippers – No. 34 | |
| Escolta | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 28 de xullo de 1981 (31 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 1,91 m (6 ft 3 in) |
| Peso | 91 kg (201 lb) |
| Instituto | Cooley |
| Información da carreira | |
| Universidade | Detroit Mercy |
| NBA Draft | 2003 / Rolda: 2 / Elección: 41
Escollido por Seattle SuperSonics |
| Carreira | dende 2003 |
| Historial de equipos | |
| Philadelphia 76ers (2003–2010) New Orleans Hornets (2010–2011) Atlanta Hawks (2011–2012) Los Angeles Clippers (2012–presente) |
|
| Información en nba.com | |
Willie J. Green, nado o 28 de xullo de 1981 en Detroit, Michigan, é un xogador profesional estadounidense de baloncesto que xoga nos Los Angeles Clippers da National Basketball Association (NBA). Cos seus 1,91 m de estatura xoga de escolta.
Índice |
Traxectoria profesional [editar]
Philadelphia 76ers [editar]
Green foi seleccionado na 41ª posición do Draft da NBA de 2003 polos Seattle SuperSonics. Foi traspasado ese mesmo día ós Philadelphia 76ers[1] a cambio dos dereitos do Draft de Paccelis Morlende e diñeiro.
Green asinou un novo contrato cos Sixers no verán de 2005, pero sufriu unha lesión o día de asinalo e retrasaron a sinatura. O 23 de marzo de 2006 asinou o contrato oficialmente cos Sixers,[1] e o 4 de abril de 2006 xogou na derrota contra os Cleveland Cavaliers, xogando 11 minutos nos que anotou 9 puntos.[2]
Green anotou 37 puntos, a maior anotación da súa carreira, no derradeiro partido dos Sixers da tempada 2006-07 contra os Toronto Raptors o 4 de abril de 2007.[3]
New Orleans Hornets [editar]
O 23 de setembro de 2010, Green foi traspasado ós New Orleans Hornets xunto a Jason Smith a cambio de Darius Songaila e Craig Brackins.[4]
Atlanta Hawks [editar]
O 22 de decembro de 2011, asinou un contrato cos Atlanta Hawks.[5]
Los Angeles Clippers [editar]
O 30 de xullo de 2012, Green foi traspasado ós Los Angeles Clippers a cambio dos dereitos de Sofoklis Schortsanitis.[6]
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 Green returns to Sixers after aborted summer deal - NBA - ESPN
- ↑ Willie Green Game By Game Stats and Performance - Atlanta Hawks - ESPN
- ↑ Philadelphia 76ers vs. Toronto Raptors - Recap - April 18, 2007 - ESPN
- ↑ "Rookie Craig Brackins traded to 76ers". http://sports.espn.go.com/nba/news/story?id=5607517.
- ↑ Hawks add G Willie Green - chicagotribune.com
- ↑ Clippers acquire guard Willie Green from Atlanta - clippers.com
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
||||||||