Matt Barnes
| Los Angeles Clippers – No. 22 | |
| Aleiro | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 9 de marzo de 1980 (33 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,01 m (6 ft 7 in) |
| Peso | 103 kg (226 lb) |
| Instituto | Del Campo, California |
| Información da carreira | |
| Universidade | UCLA |
| NBA Draft | 2002 / Rolda: 2 / Elección: 46
Escollido por Memphis Grizzlies |
| Carreira | dende 2002 |
| Historial de equipos | |
| Fayetteville Patriots (2002–03) NBDL Los Angeles Clippers (2004) Sacramento Kings (2004–2005) New York Knicks (2005) Philadelphia 76ers (2005–2006) Golden State Warriors (2006–2008) Phoenix Suns (2008–2009) Orlando Magic (2009–2010) Los Angeles Lakers (2010–2012) Los Angeles Clippers (2012–presente) |
|
| Información en nba.com | |
Matt Kelly Barnes, nado o 9 de marzo de 1980 en Santa Clara, California é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que xoga nos Los Angeles Clippers da National Basketball Association (NBA). Mide 2,01 metros e xoga na posición de aleiro.
Índice |
Carreira [editar]
Instituto e universidade [editar]
Barnes asistiu ao Instituto Do Campo en Fair Oaks, California, onde xogou ao baloncesto e ao fútbol americano, sendo neste último deporte All-American. Tras deixar o instituto, xogou catro anos en UCLA, facendo 13,5 puntos e 6,2 rebotes por partido na súa última campaña.
Traxectoria profesional [editar]
Foi seleccionado por Memphis Grizzlies en segunda rolda do Draft de 2002. Xogou en Los Angeles Clippers, Sacramento Kings, New York Knicks e Philadelphia 76ers, cunha media de 4,1 puntos por encontro. Foi traspasado dos Kings aos 76ers a metade de tempada 2004-05 no intercambio que mandaba a Chris Webber a Filadelfia. Ao pouco tempo foi cortado e fichou polos Knicks, equipo que tamén lle cortou tras xogar soamente seis partidos. Finalizou a tempada xogando novamente nos 76ers.
En outubro de 2006, Barnes asinou con Golden State Warriors. O 26 de decembro de 2006, anotou 7 triplos nun partido, marca da franquía. Meses máis tarde, Jason Richardson rompeu devandita marca, anotando unha canastra de tres máis. Despois de ser case desprezado por moitos equipos da NBA, Barnes fíxose un sitio na liga facendo 9,8 puntos, 4,6 rebotes e un 36,6% en triplas na tempada 2006-07, ademais de axudar ao equipo a entrar en playoffs. Barnes, antigo xogador de fútbol americano no instituto, chegou a dicir que se os Warriors non lle ficharan, probaría na NFL.
O 20 de xullo de 2008 fichou por Phoenix Suns e o 23 de xullo de 2009 asinou cun contrato de dous anos con Orlando Magic.[1] Con todo non cumpliu o contrato e o 23 de xullo de 2010 asinou cos Los Angeles Lakers.[2]
Notas [editar]
- ↑ Magic Sign Matt Barnes
- ↑ "Veteran Barnes signs with Lakers". ESPN. 23 de xullo de 2010. http://sports.espn.go.com/los-angeles/nba/news/story?id=5403111. Consultado o 5 de agosto de 2010.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
||||||||
- Xogadores de baloncesto da NBA
- Xogadores de baloncesto dos Estados Unidos de América
- Xogadores Los Angeles Clippers
- Xogadores Sacramento Kings
- Xogadores New York Knicks
- Xogadores Philadelphia 76ers
- Xogadores Golden State Warriors
- Xogadores Phoenix Suns
- Xogadores Orlando Magic
- Xogadores Los Angeles Lakers
- Eleccións draft Memphis Grizzlies
- Aleiros de baloncesto
- Nados en 1980
- Nados en Santa Clara, California