Marreese Speights
| Cleveland Cavaliers – No. 15 | |
| Ala-pivote/Pivote | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 4 de agosto de 1987 (25 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,08 m (6 ft 10 in) |
| Peso | 113 kg (250 lb) |
| Instituto | Hargrave Military Academy |
| Información da carreira | |
| Universidade | Florida |
| NBA Draft | 2008 / Rolda: 1 / Elección: 16
Escollido por Milwaukee Bucks |
| Carreira | dende 2008 |
| Historial de equipos | |
| Philadelphia 76ers (2008-2011) Memphis Grizzlies (2011-2013) Cleveland Cavaliers (2013-presente) |
|
| Información en nba.com | |
Marreese Akeem Speights, nado o 4 de agosto de 1987 en St. Petersburg, Florida, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Cleveland Cavaliers da National Basketball Association (NBA).
Índice |
Traxectoria profesional [editar]
Speights foi elixido na 16ª posición do Draft da NBA de 2008 polos Philadelphia 76ers. Asinou cos Sixers o 18 de xullo de 2008.[1] Esa tempada foi a mellor para Speights nos 76ers, cun 50.2% de anotación en tiros de campo, xogando 79 partidos, un 20.5% en triplas, e un 77.3% dende a liña de tiros libres.
O 4 de xaneiro de 2012, Speights foi traspasados aos Memphis Grizzlies nun traspaso a tres bandas, que levou ademais a Xavier Henry aos New Orleans Hornets.[2] Os Grizzlies adquiriron a Speights para cubrir a baixa por lesión de Zach Randolph.[3]
O 22 de xaneiro de 2013, Speights foi traspasado ós Cleveland Cavaliers xunto a Wayne Ellington, Josh Selby e unha futura elección de primeira rolda do Draft a cambio de Jon Leuer.[4]
Notas [editar]
- ↑ Sixers Sign Speights
- ↑ 76ers ship Speights to Grizzlies in three-team trade
- ↑ Grizzlies' Randolph (knee) likely to miss two months
- ↑ "Cavaliers Acquire Speights, Ellington, Selby and Future First Round Pick From Grizzlies". NBA.com. 2013-01-22. http://www.nba.com/cavaliers/releases/trade-130122. Consultado o 2013-01-22.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
||||||||