Chris Douglas-Roberts
| Escolta | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 8 de xaneiro de 1987 (26 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,01 m (6 ft 7 in) |
| Peso | 95 kg (210 lb) |
| Instituto | Cass Technical, Michigan |
| Información da carreira | |
| Universidade | Memphis |
| NBA Draft | 2008 / Rolda: 2 / Elección: 40
Escollido por Dallas Mavericks |
| Carreira | dende 2008 |
| Historial de equipos | |
| New Jersey Nets (2008-2010) Milwaukee Bucks (2010-2011) |
|
| Información en nba.com | |
Chris Douglas-Roberts, nado o 8 de xaneiro de 1987 en Detroit, Michigan, é un xogador americano de baloncesto profesional. Mide 2,01 metros e xoga de escolta.
Índice |
Traxectoria [editar]
Instituto [editar]
Douglas-Roberts xogou ao baloncesto no Cass Technical High School e no Northwestern High School. Estivo en Cass Tech en 2003 e 2004, facendo 28 puntos, 10 rebotes e 6 asistencias por partido. Tras a tempada 2004 foise a Northwestern onde viu limitado o seu tempo de xogo debido ás regras de transferencia dun instituto a outro, polo que non xogou co equipo ata o segundo semestre. Rematou a tempada cunha media de 13.8 puntos e 5.4 rebotes por partido.
Universidade [editar]
Despois do seu paso polo instituto, Douglas-Roberts estaba considerado coma unha das mellores promesas dispoñibles, sendo incluído no posto 30 na lista de mellores xogadores de Scout.com e no 51 en Rivals.com. Finalmente escolleu a Universidade de Memphis. Durante a súa primeira tempada cos Tigers, xogou 34 partidos nos que 25 foron dende o comezo, asinando 8.3 puntos, 3.3 rebotes e 1.5 asistencias por encontro. Grazas ao seu gran xogo foi incluído no mellor quinteto de freshman da Conference USA. Na súa segunda tempada xogou os 35 partidos coma titular e liderou aos Tigers en anotación con 15.4 puntos. Ademais, foi elixido no mellor quinteto da conferencia e coroouse coma All-America. Xa na súa terceira tempada en Memphis, asinou 23.2 puntos por encontro nos seis partidos do Torneo da NCAA de 2008, onde os Tigers remataron en segunda posición tras perder na final ante os Kansas Jayhawks. A súa gran actuación deulle un posto no primeiro equipo do All-American.
NBA [editar]
O 18 de abril de 2008, Douglas-Roberts anunciou que se presentaba ao Draft da NBA dese mesmo ano.[1] Foi seleccionado polos New Jersey Nets na 40ª posición, e o 9 de xullo asinou o seu primeiro contrato da NBA cos Nets. O 25 de xuño de 2010foi traspasado aos Milwaukee Bucks a cambio dunha elección da segunda rolda do draft de 2012.