Miami Heat

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Miami Heat
Miami Heat logo
Conferencia Conferencia Leste
División División Sueste
Fundado en 1988
Historia Miami Heat
1988–presente
Pavillón American Airlines Arena
Cidade Miami, Florida
Cores Negro, vermello, branco e laranxa
                   
Propietario(s) Micky Arison
Mánager xeral Pat Riley
Adestrador Erik Spoelstra
Afiliado da D-League Sioux Falls Skyforce
Campionatos 3 (2006, 2012, 2013)
Títulos de conferencia 5 (2006, 2011, 2012, 2013, 2014)
Títulos de división 11 (1997, 1998, 1999, 2000, 2005, 2006, 2007, 2011, 2012, 2013, 2014)
Dorsais retirados 3 (10, 23, 33)
Web Oficial

Os Miami Heat son un equipo de baloncesto da NBA, na cidade de Miami (Florida). Xogan os seus partidos como locales no American Airlines Arena, e forman parte da División Sueste da Conferencia Leste da National Basketball Association (NBA).

O equipo foi fundado en 1987 grazas á expansión da NBA en 1988 e nas súas ringleiras xogaron estrelas da liga coma Alonzo Mourning, Glen Rice, Tim Hardaway, Shaquille O'Neal, Dwyane Wade ou LeBron James. Os Heat gañaron o seu primeiro título de campión na tempada 2005-06, tras vencer a Dallas Mavericks por 4-2. Seis tempadas máis tarde, os Heat conseguiron o seu segundo campionato, na tempada 2011-12, tras gañar ós Oklahoma City Thunder por 4-1, repetindo ao ano seguinte ante San Antonio Spurs por 4-3. Miami apareceu en playoffs en 15 das 23 tempadas nas que participou na NBA. Ademais do anel, os Heat contan con 11 títulos de división, logrados nas tres épocas máis gloriosas da franquía: de 1997 a 2000, e de 2005 a 2007, e de 2011 a 2014.

Canchas[editar | editar a fonte]

Historia[editar | editar a fonte]

Nacemento da franquía[editar | editar a fonte]

Durante o boom que sacudiu á NBA na década dos 80, a liga quixo expandir o número de equipos de 23 a 27, ata o final da década. Por entón no estado de Florida non tiñan equipo de NBA, polo que medrou a posibilidade do nacemento dunha en Orlando, Tampa, Florida/San Petersburgo, Florida conxuntamente, ou Miami.

O Miami Sports and Exhibition Authority promocionou a candidatura de Miami por medio dun grupo liderado polo Hall of Famer Billy Cunningham e Lewis Schaffel, antigo axente deportivo e amigo de toda a vida. O grupo foi respaldado económicamente por Carnival Cruise Lines, unha empresa de cruceiros fundada por Ted Arison, quen sería o propietario maioritario, mentres que o manexo das operacións e o día a día na franquía correría a cargo de Cunningham e Schaffel, os accionistas minoritarios.

En abril de 1987, o comité da expansión de equipos na NBA respaldou ás cidades de Charlotte e Minneapolis. Porén, o comité decantouse finalmente por unha das franquías de Florida, Miami ou Orlando. Despois de todo o proceso, a NBA decidiu finalmente aumentar en 4 o número de equipos, con Charlotte Hornets e Miami Heat debutando na tempada 1988-89, mentres que Minnesota Timberwolves e Orlando Magic o farían un ano máis tarde, na tempada 1989-90.

1987-91: A etapa de Rothstein[editar | editar a fonte]

Para a súa primeira tempada na liga, Miami fíxose cos servizos de Ron Rothstein, quen foi durante moito tempo asistente de Chuck Daly nos Detroit Pistons e considerado un dos arquitectos da defensa daqueles Pistons. Foi un primeiro ano complicado, xa que tiveron que convivir con moitas derrotas ao longo da tempada e cun equipo novo. Entre os xogadores daquel plantel inaugural atopábanse Rony Seikaly e Kevin Edwards (seleccionados na primeira rolda do draft de 1988 no posto 9 e 20 respectivamente), os debutantes Grant Long e Sylvester Gray e os veteráns Rory Sparrow, Jon Sundvold, Pat Cummings e Billy Thompson.

O equipo comezou a tempada perdendo os seus primeiros 17 partidos, un récord na NBA, para rematar a tempada cun balance de 15 vitorias e 67 derrotas. O escolta novato Kevin Edwards, procedente da Universidad de DePaul, foi o máximo anotador da campaña inaugural con 13.8 puntos de media. O promedio de espectadores durante a primeira tempada foi de 14.945.

Miami comezou a súa segunda tempada na NBA seleccionando a Glen Rice, provinte da Universidade de Michigan na primeira rolda do Draft de 1989, aumentando así o seu poder anotador. Na segunda rolda foi elixido Sherman Douglas da Universidade de Syracusa. O equipo mudouse da División Central (Conferencia Oeste) á División Atlántica (Conferencia Leste), onde se mantiveron 15 anos. Sen embargo, Miami seguiu coa súa xeira de malos resultados e nin tan sequera foi capaz de gañar dous partidos consecutivos, rematando a tempada cun récord de 18-64. O único bo que deixou a tempada foi a actuación dos seus xogadores máis novos. Rony Seikaly irrumpiu na súa tempada sophomore na tempada 1989-90 con 16.6 puntos e 10.4 rebotes que lle serviron para ser o Xogador Máis Mellorado da NBA, mentres que os rookies Sherman Douglas (14.3 puntos e 7.6 asistencias) e Glen Rice (13.6 puntos e 4.6 rebotes) deixaron boas sensacións.

Na tempada 1990-91, Miami mellorou o seu número de vitorias con 24, por 58 derrotas. Elixiron a Willie Burton na novena posición do Draft de 1990 e a Dave Jamerson na 15ª posición, pero non chegou a debutar xa que foi traspasado a Houston Rockets nunha operación que trouxo a Alec Kessler, elección nº 12, a Miami. Ningún dos dous encaixou moi ben no plantel por varios motivos. Burton porque era un aleiro e os Heat insistían en facelo xogar coma escolta, e Kessler non estaba físicamente preparado para ser xogador da NBA. Mentres, Douglas, Rice e Seikaly continuaban mellorando mantendo en Miami a esperanza dun futuro mellor.

Rothstein dimitiu coma adestrador rematada a tempada, pero volvería a Miami coma asistente na tempada 2004-05.

1991-95: A etapa de Loughery[editar | editar a fonte]

O Miami Arena, primeiro pavillón dos Heat.

Rothstein renunciou antes do comezo da tempada 1991-92 e Miami contratou a Kevin Loughery, un adestrador con 29 anos de experiencia coma técnico e xogador da NBA. No draft de 1991, o equipo seleccionou a Steve Smith da Universidade do Estado de Michigan, no posto número 5. Coa axuda do debutante Smith, Rony Seikaly e un máis experimentado Glen Rice, os Heat remataron en cuartos da División Atlántica cun récord de 38-44 e participou por primeira vez nos playoffs. Foron eliminados polo mellor equipo dese ano, os Chicago Bulls. Smith formou parte do equipo dos mellores rookies e Rice rematou décimos en anotación na NBA.

Na tempada 1992-93 sumáronse ao equipo Harold Miner, da Universidade de California do Sur e o pivote John Salley, procedente dos Detroit Pistons, a cambio dunha futura elección no draft. A incorporación de Salley foi acollida cun gran optimismo debido ao rol que tivo nos dous campionatos obtidos cos Pistons, porén rápidamente notouse que Salley era un xogador de calidade para un bo equipo, pero non para un equipo mediocre, como o era por entón Miami. Salley foi diminuindo o seu tempo do xogo, ata que finalmente foi contratado polos Toronto Raptors en 1995. A tempada non comezo do todo ben, con Smith perdéndose varios partidos debido a unha lesión no xeonllo e Burton fóra das canchas case todo o ano por unha lesión na moneca. Co regreso de Smith, Miami logrou unha xeira de vitorias entre febreiro e marzo, pero non foi suficiente para darlle a volta ao mal comezo de 13-27. Remataron o ano cun récord de 36-46 e non participaron nos playoffs.

Un equipo máis saudábel, o da tempada 1993-94, logrou por primeira vez un récord positivo de 42-40 e volveu aos playoffs, onde se enfrentou aos Atlanta Hawks. Atlanta recuperouse despois de ir perdendo a eliminatoria por 2-1 e rematou gañando ao mellor de 5 partidos. Tras esa tempada, Steve Smith foi seleccionado coma membro do segundo Dream Team, o grupo de grandes estrelas da NBA que competiron no Campionato Mundial de baloncesto de 1994 en Toronto representando aos Estados Unidos. O equipo tamén estaba formado polos futuros Heats Shaquille O'Neal, Alonzo Mourning, Dan Majerle e Tim Hardaway.

Na tempada 1994-95 o equipo renovou o seu plantel, traspasando a Seikaly, Smith e Grant Long; e contratando a Kevin Willis e Billy Owens. Nesta época produciuse tamén un gran cambio na directiva de Miami. O 13 de febreiro de 1995 os dereitos coma donos de Billy Cunningham e Lew Schaffel foron mercados pola familia Arison. Mickey Arison foi nomeado xerente xeral, sendo a súa primeira medida botar ao técnico Loughery e reemprazalo por Alvin Gentry para tratar de remontar o récord de 17-29. Gentry logrou unha marca de 15-21 nos 36 partidos restantes da tempada, para finalizar cun 32-50 en total, 10 vitorias por debaixo da marca do ano anterior.

Riley cambia o rumbo de Miami[editar | editar a fonte]

A era de Alonzo Mourning[editar | editar a fonte]

Dende 1994 a 1997, Miami Heat tratou de conseguir plans para o cambio de cidade por se nun futuro a cidade de Miami se opoñera e non dera facilidades para facelo. As alternativas principais foron Las Vegas, Nevada; Memphis, Tennessee (agora fogar dos Memphis Grizzlies), St. Louis (Missouri) e San Diego. Esta idea pronto caería no olvido debido á dinámica gañadora na que entraron os Heat, abriendo unha nova década para a esperanza.

Tras finalizar a tempada 1994-95, Miami contratou a Pat Riley coma novo presidente e adestrador. O técnico que adestrou ao Showtime de Los Angeles Lakers na década de 1980 compaxinou ambas labores e foi o ideólogo do cambio de cara que deron os Heat tras a súa chegada. O seu efecto non se fixo agardar, xa que unha noite antes de que dera comezo a tempada 1995-96 conseguiu a un dos pivotes máis contrastados e tamén máis novos da NBA, Alonzo Mourning, a cambio de Glen Rice e Matt Geiger, entre outros, a Charlotte Hornets.

Da man de Mourning o equipo comezou 11-3. Nunha sucesión de traspasos a mitade de tempada, Riley, noutra xogada mestra, fíxose con outra das grandes estrelas da liga, Tim Hardaway. Xunto con Tim chegou Chris Gatling, mentres que Kevin Willis e Bimbo Coles marcháronse aos Golden State Warriors. Por se fora pouco, tamén se fixo co xoven Walt Williams, que viña de facer 16.4 puntos, 4.5 rebotes e 4.1 asistencias a tempada anterior nos Sacramento Kings. Miami finalizou a campaña con balance positivo, 42-40,[1] que lle valeron un sitio nos playoffs, onde agardaban os Bulls de Michael Jordan. Chicago, que viña de lograr o record de 72 vitorias, venceu por 3-0 pero en Miami volveron a saborear as meles dos playoffs.

Alonzo Mourning, historia viva de Miami Heat.

Mourning rematou a tempada con dobres figuras, con promedios de 23.2 puntos e 10.4 rebotes. Hardaway, pola súa parte, asinou 17.2 puntos e 10 asistencias, formando xunto a 'Zo' unha das mellores sociedades da NBA.

Na seguinte tempada, a 1996-97, os Heat lograron o mellor récord da súa historia con 61-21, que dura aínda hoxe.[2] A franquía lograba o seu primeiro título da División Atlántica e Riley, que se levou o premio ao Adestrador do Ano da NBA, seguía construíndo un equipo gañador. Este ano a fichaxe estrela foi Jamal Mashburn, que fixo dúas primeiras tempadas na NBA a un gran nivel nos Dallas Mavericks, pero ao que as lesións marcáronno moito nas 2 seguintes e á postre na súa traxectoria. Jamal chegou a cambio de Sasha Danilovic, Kurt Thomas e Martin Müürsepp. Ademais de Mashburn, incorporouse a xogadores que tiveron un rol fundamental no equipo coma Dan Majerle, P.J. Brown, Voshon Lenard e Isaac Austin, que chegou procedente de Turquía (pese a que xa disputara 3 tempadas na NBA), onde asinou 22.3 puntos e 13.9 rebotes. Austin, cunha aportación de 9.7 puntos e 5.8 rebotes foi elixido coma o Xogador máis Mellorado da NBA.

En playoffs, o equipo comezou a súa andadura eliminando, non sen sufrimento, a Orlando Magic, por 3-2. Nas semifinais de conferencia agardaban os Knicks, ex-equipo de Riley, aos que remontaron un 3-1 en contra para clasificarse por primeira vez a unhas Finais de Conferencia. Naquela serie, durante o 5º partido, P.J. Brown e Charlie Ward protagonizaron unha pelea que deixou un resultado de catro xogadores expulsados. Brown foi o responsábel da disputa ao empurrar ao base Ward cando intentaba penetrar a canastra.

Este incidente, en parte, propiciou a remontada de Miami xa que Patrick Ewing, Allan Houston, Larry Johnson, John Starks e Ward, ou o que é o mesmo, a columna vertebral daqueles Knicks, foron sancionados por estar involucrados no incidente. Ewing, Houston e Ward perdéronse o sexto en Nova York, mentres que Starks e Johnson se perderon o sétimo en Miami. Por parte de Miami, P.J. Brown perdeuse dous partidos. Os Bulls de Jordan, que venceron por 4-1, foron, novamente, o verdugo de Miami, desta vez nas Finais da Conferencia Leste.

Miami celebrou o seu décimo aniversario na tempada 1997-98 logrando o seu 2º título da División Atlántica de maneira consecutiva tras rematar cun record de 55-27.[3] Con todo, caeron na 1ª rolda fronte aos New York Knicks no que se estaba a converter en toda unha rivalidade dentro da liga. Un ano máis, os incidentes salpicaron esta eliminatoria. Desta vez foi Mourning quen se perdería o 5º partido despois de que este e o xogador dos Knicks Larry Johnson se enzarzaran nunha violenta liorta. Jeff Van Gundy, que sen éxito intentou rematar coa pelexa, foi golpeado e Mourning arrastrouno pola pista. Esta liorta marcou a rivalidade entre Knicks e Heat. Van Gundy sufriu golpes na súa cabeza e necesitou puntos de sutura.

Pese a que a tempada 1998-99 estivo marcada polo lockout, a Miami non lle pareceu afectar e fíxose co primeiro posto da conferencia cun record de 33-17 por primeira vez na súa historia, e por terceiro ano consecutivo, co título de división.[4] Pero aqueles playoffs de 1999 estiveron marcados por outra circunstancia histórica que protagonizaron os Heat, quenes caeron ante o oitavo mellor clasificado, New York Knicks. Por terceiro ano consecutivo, voltábanse a ver as caras, co mesmo resultado da tempada anterior, vitoria para os Knicks por 3-2. New York, á postre finalistas da NBA, levouse a serie despois dun dramático quinto partido que deixou para a historia unha canastra gañadora de Allan Houston para decidir a eliminatoria.

American Airlines Arena, pavillón dos Heat dende 1999.

Ante a grande afluenza de público durante aqueles últimos anos, o Miami Arena quedouse pequeno dando acollida en 1999 ao que é o seu actual pavillón, o American Airlines Arena, con asentos para 20.500 aficionados. Gañaron 52 partidos, salientando no equipo os xa habituais Mourning, Hardaway, Mashburn e P.J. Brown, pero por terceiro ano consecutivo volveron ser derrotados en semifinais de conferencia polos New York Knicks que remontaron un 2-3 adverso para rematar gañando 4-3. Na primeira rolda, Miami pasou por enriba dos Detroit Pistons por 3-0.

Durante o verán de 2000, os Heat tomaron a decisión de dar un cambio, necesitaban un cambio a tantos anos quedándose ás portas. Despois de non poder fichar a Tracy McGrady, que se marchou a Orlando procedente dos Toronto Raptors, Miami decidiu traspasar a P.J. Brown e Jamal Mashburn, entre outros, aos Charlotte Hornets a cambio de Eddie Jones, Anthony Mason e Ricky Davis. Ademais, Miami tamén se fixo con Brian Grant, que chegou tras un traspaso que involucrou aos Cleveland Cavaliers e aos Portland Trail Blazers.

Grant uníase así aos Mourning, Hardaway, Majerle, Bowen e Carter. Miami foi considerada pola gran maioría coma a gran favorita no Leste ata que Mourning anunciou que sería baixa para toda a tempada.

Alonzo fora elixido para xogar nos Xogos Olímpicos de Sydney 2000 coa selección dos Estados Unidos, conseguindo a medalla de ouro, pero á volta foille diagnosticada unha grave afección renal, o que fixo que se perdera moitos partidos durante a tempada. A baixa de Mourning permitiulle lucirse a Anthony Mason, que logrou participar no All-Star do ano 2001.

Os Heat da tempada 2000-01 ofreceron tres versións un tanto distintas. Antes da tempada, e da lesión de Mourning, Miami era o equipo para bater na Conferencia Leste. Durante a tempada, os Heat volveron lograr unha campaña con 50 vitorias e ademais Mourning incorporouse outra vez ao equipo para os últimos partidos da fase regular.[5] Despois, os Heat foron claramente barridos dos playoffs polos Hornets por un contundente 3-0.

As dúas seguintes tempadas foron dous anos para esquecer. Riley perdeuse os playoffs por primeira vez na súa traxectoria coma técnico e tres xogadores coma Tim Hardaway, Bruce Bowen e Dan Majerle, que foran participes dos títulos de división, deixaban o equipo.

Na 2001-02, Miami engadiu ao seu plantel xogadores veteráns coma Rod Strickland, Chris Gatling, Jim Jackson, LaPhonso Ellis ou Kendall Gill, ademais dos Mourning, Jones, Grant e Carter, cuxa renovación por tres anos espertou controversia na afección. Ao igual ca co traspaso do prometedor Ricky Davis aos Cleveland Cavaliers nunha operación a tres bandas que trouxo a Gatling de volta a Miami. O equipo tamén asinou a dous xogadores que non foron drafteados coma Malik Allen e Mike James, e a Vladimir Stepania para dar minutos de descanso a Mourning. O equipo rematou cun record de 36-46 e se quedou por primeira vez nos últimos 7 anos fora dos playoffs.[6]

A diferenza do ano anterior, Miami comezou a reconstruir o equipo na tempada 2002-03. Miami elixiu no draft de 2002 a Caron Butler no posto número 10, e a Rasual Butler en 2ª rolda. Mourning perdeuse toda a tempada e Eddie Jones 35 partidos por unha lesión no nocello. Miami fichou a Travis Best para o posto de base, mais a tempada, coma se prevía, foi moi pobre, con tan só 25 vitorias e 57 derrotas.[7] A única nota positiva a puxo Butler, que promediou 15.4 puntos e 5.1 rebotes logrando gañar catro premios de rookie do mes.

2003-04: A chegada de Wade[editar | editar a fonte]

O verán de 2003 comezou con moito movemento, Pat Riley renunciou ao cargo de adestrador para dedicar máis tempo ao cargo de presidente e promoveu ao asistente Stan Van Gundy ao posto de adestrador principal.

O contrato de Alonzo Mourning expiraba ao seguinte verán, dando aos Heat unha maior marxe para reconstruir. O 1 de xullo de 2003, Miami daba por feito que Anthony Carter ía exercer a súa opción de renovación a razón de 4.1 millóns de dólares. COn todo, Billy Duffy, o seu axente, nunca informou diso á franquía, polo que Miami quedou libre do seu salario. Ademais, LaPhonso Ellis, nun acto exemplar, rescindiu a cláusula do seu contrato que obligaba aos Heat a pagarlle a seguinte tempada.

Con este oco salarial Miami fichou a Lamar Odom e ao base T.J. Moncrieffe. Mais o gran reforzo da tempada ía chegar dende o draft. Riley e os Heat elixiron a Dwyane Wade, na quinta posición do draft de 2003, procedente da Universidade de Marquette. Coa elección de Wade, Miami deixou a un lado a súa tentativa de fichar a Gilbert Arenas. Miami tamén se fixo con fichaxes que resultaron moi positivos coma Udonis Haslem e Rafer Alston. Odom reviviu a súa traxectoria, promediando máis de 17 puntos por partido, mentres que Wade inxectou savia nova ao grupo e rachou varios récords de novatos. Promediou 16.2 puntos, 4 rebotes e 4.5 asistencias.

Pese a que o equipo comezou cun balance de 5-15 transcorridos os primeiros 20 encontros, soubo reaccionar e rematou meténdose nos playoffs tras finalizar cun record de 42-40.[8] Miami viña lanzado e superou na 1ª rolda a New Orleans por 4-3. Nas Semifinais caeron contra Indiana Pacers, que levaba o mellor record do Este, por 4-2. A combinación de xóvenes coma Odom, Wade, Butler, Alston, Haslem, xunto con veteráns coma Eddie Jones ou Grant, devolveron a ilusión a uns Heat que se converteron nunha das sensacións da tempada.

A era de O'Neal e Wade[editar | editar a fonte]

A chegada de Shaq potenciou o equipo

Despois da prometedora tempada 2003-04, Miami volveu ser considerado un destino interesante para os xogadores. O 14 de xullo de 2004 deron o paso adiante definitivo coa adquisición do pivote máis dominante da liga, Shaquille O'Neal. Naquel traspaso con Los Angeles Lakers, Miami enviou a California a Lamar Odom, Caron Butler e Brian Grant.[9] Dwyane Wade e O'Neal convertéronse nunha das sociedades máis produtivas da NBA. Ambos superaron a vintena de puntos, especialmente destacábel foi o crecemento que deu Wade con 24.1 puntos, 5.2 rebotes e 6.8 asistencias. O'Neal, pola súa parte, asinou na súa primeira tempada en Miami 22.9 puntos e 10.4 rebotes. Loxicamente, os dous estiveron presentes no All-Star Game da NBA do ano 2005.

Aquela tempada tamén xuntou a varios membros coñecidos en Miami. Ron Rothstein, o primeiro técnico na historia dos Heat, converteuse en adestrador asistente e tanto Steve Smith coma Alonzo Mourning volveron ao equipo xa moi veteráns.

Miami logrou a súa segunda mellor marca na historia da franquía, 59-23.[10] Nos Playoffs gañaron 8 partidos seguidos nas dúas roldas iniciais derrotando por 4-0 a New Jersey e Washington respetivamente. Nas Finais da Conferencia Leste enfrontáronse aos Detroit Pistons. Os equipos gañaron, cada un, dous dos catro partidos disputados antes de que Miami lograra unha sinxela vitoria no quinto encontro, deixando aos Pistons case eliminados, pero Miami perdeu a Wade a causa dunha distensión muscular. Sen Wade, os Heat foron derrotados por 91-66 no sexto partido. No sétimo e decisivo partido en Miami, reapareceu Wade forzando o seu estado físico, pero non foi suficiente para que Miami accedera ás súas primeiras Finais. Detroit venceu 82-88 e volveu despois dun largo periplo ás Finais da NBA.

Na pretempada, os Heat cambiaron case por completo o equipo. No que está considerado coma o intercambio máis grande en canto a xogadores da NBA, con 5 equipos e 13 xogadores involucrados, os Heat conseguiron ao antigo All Star Antoine Walker, Jason Williams e James Posey, mentres que se desprenderon de Eddie Jones, Rasual Butler e Qyntel Woods. Miami tamén asinou ao futuro Hall of Fame Gary Payton, de 37 anos,[11] ao tirador Jason Kapono, e a Wayne Simien, elixido no draft de 2005.

Damon Jones, que quedou coma axente libre, optou pola mellor oferta que lle fixeron os Cleveland Cavaliers. Algúns criticaron, á hora de establecer favoritos, que Miami fixera un bo equipo pero moi veterano (O'Neal, Mourning ou Payton eran os exemplos máis evidentes), mesmo con xogadores que xa poco tiñan que ofrecer, caso de Walker ou Williams.

Tras un comezo de 11–10, cun O'Neal lesionado, Riley converteuse novamente no adestrador do equipo o 12 de decembro de 2005, tras a renuncia de Van Gundy por asuntos persoais.[12] O equipo gañou os primeiros tres partidos baixo a dirección de Riley, perdendo o cuarto cos Cleveland Cavaliers. O mes de xaneiro saldouse con 10 vitorias e 5 derrotas, mais os Heat seguían a ser criticados por non poder vencer aos equipos máis potentes da liga. Caeran dúas veces ante os San Antonio Spurs, vixentes campións, e outras dúas ante os Phoenix Suns, aparte da humillante derrota que sufriron a mans dos Dallas Mavericks, por 36 puntos.

A pesar das críticas, o equipo conseguiu entrar nos playoffs, saír vitorioso de todas as roldas e chegar ás Finais da NBA por primeira vez na súa historia, onde gañou 4-2 aos favoritos Dallas Mavericks. Dwyane Wade conseguiu o MVP das Finais.

Nos meses de febreiro e marzo lograron unha xeira de 15 vitorias en 16 partidos que permitiu rexurdir ao equipo, que rematou a tempada cunha marca de 52-30, a 2º mellor da Conferencia Oeste, por debaixo das 64 vitorias dos Pistons.[13]

Playoffs do 2006[editar | editar a fonte]

Miami chegaba ca 2º mellor marca do Leste, o que lles enfrontaba en 1ª rolda ao 7º clasificado, os Chicago Bulls. Miami comezou co pé dereito gañando os 2 primeiros partidos da serie, pero en Chicago os Bulls empataron a serie 2-2, volvendo a espertar dúbidas en Miami. Dúbidas que se disiparon nos dous encontros seguintes con folgadas vitorias dos homes de Pat Riley, liquidando a serie cun definitivo 4-2. Udonis Haslem foi expulsado no segundo cuarto do primeiro partido por lanzarlle o protector bucal ao árbitro Joe Crawford.

Nas Semifinais de Conferencia enfrontáronse aos New Jersey Nets. Miami perdeu o primeiro partido na casa, pero despois diso, gañaron os 4 seguintes. Miami, por segunda vez na súa historia, accedía ás Finais de Conferencia. Nelas agardaban os Detroit Pistons. Desta vez saíron triunfais os homes de Riley, que gañaron por 4-2 nunha serie máis sinxela que a do ano anterior. Miami chegou ir gañando 3-1 na serie, Detroit acurtou distancias no 5º en The Palace of Auburn Hills (91–78), pero os Heat responderon de novo na súa cancha, gañando no 6º encontro por 95–78.

Campións da NBA[editar | editar a fonte]

Despois de derrotar aos Detroit Pistons, os Heat accederon á súa primeira Final da NBA contra os Dallas Mavericks. Para Dallas tamén supoñía a súa primeira aparición nunha final. Miami caeu derrotado nas súas dúas primeiras visitas a Dallas, 90-80 e 99-85, respetivamente. No 3º as cousas trocaron tras a remontada que os Heat fixeron de 13 puntos nos últimos 6 minutos do último cuarto, cando Dallas xa cantaba o 3-0. Liderados por Wade, que anotou 42 puntos e capturou 13 rebotes, e que se converteu no gran heroe que permitiu a Miami Heat remontar e gañar 98-96.

Wade igualou a súa mellor marca en puntos na fase final e estableceu unha nova en rebotes, ademais xurdiu con canastras decisivas na reacción dos Heat, que a oito minutos e medio do final perdían por doce puntos, 83-71. Éxito semellante se viviu no 4º partido, onde Dwyane Wade se olvidou da lesión no xeonllo esquerdo e volveu exhibirse con 36 puntos na vitoria (98-74) que supoñía o 2-2 na final. Xunto con Wade, O'Neal e Posey foron os outros dous grandes protagonistas do triunfo con 17 puntos e 13 rebotes, e 15 puntos e 10 rebotes, respetivamente.

Wade foi clave no anel co seu MVP das Finais

Mourning era outra das claves do bo facer dos Heat, o veterano pivote viviu unha segunda xuventude e daba minutos de descanso de calidade a O'Neal. En 13 minutos, aportou 4 puntos, 6 rebotes e 3 tapóns. Este encontro foi o partido número 100 en playoffs da súa historia.

Por terceira vez consecutiva as actuacións de Wade, que anotou 43 puntos, fixeron posíbel que Miami Heat superase un marcador adverso para gañar na prórroga por 101-100 aos Mavs no 5º partido da final. Wade, que estableceu a súa mellor marca individual na fase final, anotou os dous puntos da vitoria dende a liña de persoal con 1,9 segundos para que rematase a prórroga, que tamén forzou cando acadou o empate a 93-93 con 2,8 segundos para finalizar o tempo de xogo. En referencia a eses 2 tiros libres Wade dixo:

Cando fixen os dous tiros de persoal estaba seguro de que non ía erralos porque a noite anterior estivera practicando co meu curmán, que me amolaba para ver se erraba coma me fixo Jason Terry. Pero estaba convencido que non ía fallar.[14]

O único equipo que previamente gañara 3 partidos consecutivos na casa nunha Final foron os Pistons nas Finais de 2004, dende que se instaurara o formato 2-3-2 en 1985. No 6º encontro, de volta a Dallas, Miami rematou unha gran final co título de campión da NBA, por primeira vez na súa historia. Dwyane Wade con 36 puntos, incluidos catro nos derradeiros 26 segundos, 10 rebotes e 5 asistencias, liderou por enésima vez na tempada o ataque de Miami para vencer por 92-95 e alzarse con MVP das Finais. Wade promediou nas Finais 34.7 puntos (con 47 % en tiros de campo) e 7.8 rebotes por partido.[15]

Xunto a Wade, Haslem (17 puntos e 10 rebotes), Walker (14-11), Mourning (que en 14 minutos, acadou 8 puntos, 6 rebotes e 5 tapóns, o sustituto perfecto aos problemas de faltas de Shaq) e Posey (cuhna tripla demoledora que lle deu aos Heat unha vantaxe parcial de 81-87 decisiva) foron as claves do triunfo. O'Neal, que gañou o seu cuarto título, non tivo a súa mellor noite e se quedou en 9 puntos e 12 rebotes. Mourning, pola súa parte, vía conseguido o sono do anel, tras tantos anos na franquía.

2006-07: Un ano de lesións[editar | editar a fonte]

Miami comezou de maneira horrorosa a tempada, caendo ante os Chicago Bulls por 42 puntos de diferencia, 66-108. A peor derrota coma locais de toda a súa historia e, sen dúbida, a peor diferenza dun campión no seu primeiro encontro. Shaquille O'Neal mancouse ao pouco de comezar a tempada por unha lesión no xeonllo dereito, que lle obrigou a perderse 42 partidos. Walker e Payton xa tiñan moi pouco que ofrecer e o seu rendemento diminuiu moito, o que motivou o crecemento dalgúns xogadores que antes non contaban moito coma Jason Kapono e Dorell Wright.

A primeira metade da tempada foi arrepiante. Pat Riley deixou o cargo de adestrador para tomar un tempo de descanso, no cal aproveitou para someterse a unha operación cirúrxica que lle axudou a superar as molestias que padecía no xeonllo e cadeira dereita. Wade mancouse do pulso, o que lle mantivo fóra 31 partidos, mentres que James Posey e Antoine Walker foron suspendidos tras non superar un exame médico cuxos niveis de graxa corporal sobrepasaban os parámetros do equipo. Así, Rothstein, técnico interino de Miami púxose a cargo do equipo e Eddie Jones foi fichado de novo despois de saír dos Memphis Grizzlies. O'Neal volveu ás canchas en xaneiro, e Riley regresou na segunda metade da tempada.

Pat Riley e o adestrador que máis tempadas dirixiu aos Heat.

Cando semellaba que peor non podían ir as cousas en Miami, o 21 de febreiro nun encontro fronte aos Houston Rockets, a Wade se lle dislocó o ombreiro esquerdo. En vez de recorrer á operación, Wade optou pola rehabilitación coa esperanza de volver para os playoffs. A recuperación do xogador foi exitosa e Wade regresou ao equipo o 9 de abril de 2007 fronte aos Charlotte Bobcats. Pero á estrela dos Heat se lle vía falto de forma, coma el mesmo recoñoceu. Despois da lesión de Wade, moitos predixeron, incluso, que os Heat se ían quedar fóra de playoffs. Prediccións que rapidamente foron desbotadas despois de que os Heat lograran unha xeira de 9 triunfos consecutivos na primeira quincena de marzo de 2007, e unha xeira de 14 triunfos consecutivos na casa.

Shaquille O'Neal foi a razón principal do rexurdimento dos Heat, xa que recuperara o seu mellor baloncesto da tempada e estábase a converter na ameaza ofensiva que necesitaban os Heat para volver ser determinantes. Pouco despois da volta de Wade, o avó de O'Neal faleceu, perdéndose este dous partidos. Ademais, Haslem e Payton sufriron sendas lesións, que no caso do base lle prohibiron estar nos playoffs. Pese a estar sen Wade o equipo asinou un 16-7 en ausencia do escolta que lle valeu para asegurar o sétimo título de división. O balance final foi de 44-38, e en playoffs tocaba enfrontarse, coa vantaxe de campo a favor, aos Chicago Bulls.[16]

Con todo, de nada serviu esa suposta vantaxe de campo xa que os Bulls pasaron por enriba de Miami por un contundente 4-0. Miami converteuse no primeiro equipo dende 1957 que defendendo o título caía na primeira rolda sen gañar nin un partido. St. Louis, por aquel entón, barreu por 3-0 a Minneapolis. E Chicago tamén se converteu no primeiro en eliminar aos campións defensores na primeira rolda da fase final dende que no 2000 o fixeran os Suns cos Spurs. Ironicamente, o adestrador que dirixiu aos Suns foi o mesmo que ocupaba o banco dos Bulls, Scott Skiles. Esta derrota tamén supuxo a primeira derrota por 4-0 sufrida por Miami.

2007-08: Shaq despídese[editar | editar a fonte]

Tras a decepcionante tempada 2006-07, Miami, en lugar de reconstruir, comezou con intencións de volver ao máis alto. No draft de 2007 elixiron a Jason Smith no posto número 20 para traspasalo despois polo número 21, Daequan Cook. Na 2ª rolda tamén traspasaron a súa elección, o bosnio Stanko Barac, aos Indiana Pacers por unha futura 2ª rolda. Miami perdeu a Jason Kapono e a James Posey, que marcharon aos Toronto Raptors e aos Boston Celtics, respetivamente. Miami necesitaba un base con urxencia e conseguiu a Smush Parker, que non melloraba moito o que había, e ao veterano escolta Penny Hardaway, que volvía atoparse con Shaq despois da súa exitosa etapa en Orlando. Porén, Hardaway, xa moi veterano, foi cortado en decembro. Miami tamén conseguiu traer de volta a Ricky Davis, nun intercambio no que conseguiu tamén a Mark Blount e enviou aos Minnesota Timberwolves a Antoine Walker, Wayne Simien, Michael Doleac e unha 1ª rolda condicionada. Ricky chegou para ser a 3ª opción en ataque tras Dwyane Wade e Shaquille O'Neal, pero as circunstancias que lle depararon aos Heat foron ben distintas.

O 19 de decembro de 2007 durante o primeiro cuarto do encuentro fronte aos Atlanta Hawks, Mourning esgazouse o tendón do xeonllo dereito e, pese á insistencia dos médicos, non deixou que o retiraran en padiola, chegando a comentar que esa non era a maneira na que imaxinaba saír dunha cancha por última vez na suá traxectoria. Non obstante, o xogador iniciou un proceso de recuperación durante 2008, coa intención de seguir xogando outra tempada máis se o corpo llo permitía e desquitarse do golpe sufrido na tempada da súa despedida. Mourning non volvería xogar, e os Heat retiraron o seu dorsal número 33.

O 5 de febreiro de 2008, ESPN publicou que Miami estaba interesado en traspasar a Shaquille O'Neal, contrario á opinión de Pat Riley un mes antes dicindo que os Heat non tiñan intención de traspasar ao 13 veces all-star. Un día despois, Miami traspasou a O'Neal aos Phoenix Suns por Shawn Marion e Marcus Banks, poñendo fin á etapa de Wade e Shaq.[17]

O 19 de marzo de 2008, Miami foi ridiculizado polos Toronto Raptors ao caer 96-54, no que é a terceira peor derrota da historia da NBA durante a era do reloxo de posesión. A esta nefasta marca lle seguiu a de menos canastras anotadas con 17 nun encontro disputado ante os Boston Celtics o 30 de marzo.

2008-2010: Reconstrucción[editar | editar a fonte]

O 20 de maio do 2008, os Heat obteñen a 2ª elección no draft da NBA coma resultado do sorteo previo, o NBA Draft Lottery. Tiñan pensado escoller ao á-pivote Michael Beasley, ao base Derrick Rose ou ao escolta O.J. Mayo. Xusto despois do sorteo, Pat Riley suxeriulle ao equipo que escoitase algunha oferta para a segunda elección. Porén, deixou claro que a oferta tiña que ser o suficientemente boa para que Miami puidera considerala, coma por exemplo o traspaso de Kevin Garnett a Boston no verán de 2007.

O 26 de xuño do 2008, os Chicago Bulls escolleron, tal e coma estaba previsto, a Derrick Rose, deixando a Beasley para ser elixido polos Heat. Na segunda rolda, coa elección número 52, os Heat escolleron a Darnell Jackson, de Kansas. Os Heat anunciaron que acordaran un traspaso de dúas das súas tres eleccións da segunda rolda do draft do 2009 aos Minnesota Timberwolves, a cambio do base de Kansas Mario Chalmers, quen liderou a Kansas cara o campionato da NCAA, incluíndo unha tripla que mandou o partido á prorroga. Máis tarde anunciouse tamén que os dereitos de Darnell Jackson foran traspasados aos Cleveland Cavaliers, a cambio das súas dúas eleccións da segunda rolda do draft do 2009.

En xullo, o período de axentes libres comezara, e co límite salarial limitado, os Heat asinaron a James Jones coma especialista en triplas do equipo. Coas adquisicións de Yakhouba Diawara e Jamaal Magloire, o equipo gañaría en profundidade e en experiencia.

O 29 de setembro do 2008, Randy Pfund renunciou ao cargo de General Manager, e Pat Riley tomou o seu relevo. Catro días despois, os Heat asinaron ao base Shaun Livingston, procedente de Los Angeles Clippers.

O 5 de novembro do 2008, o rookie Mario Chalmers conseguiu unha nova marca da franquía, ao conseguir 9 roubos nun encontro ante os Philadelphia 76ers. Esta marca superaba a antiga que posuía Tim Hardaway, de máis roubos de balón conseguidos por un rookie nos 21 anos de historia dos Heat.

O 13 de febreiro de 2009, os Heat traspasaban a Shawn Marion e a Marcus Banks aos Toronto Raptors, a cambio do pivote Jermaine O'Neal e o aleiro Jamario Moon. Ata ese momento xa se rumoreara unha posíbel adquisición de O'Neal, coma tamén de Amare Stoudamire e Carlos Boozer. Este intercambio debíase ás lagoas que tiña o equipo no poste baixo. O 3 de abril do 2009, os Miami Heat conseguiron unha praza nos playoffs grazas a unha vitoria ante os Charlotte Bobcats. Os Heat convertéronse no primeiro equipo dende os San Diego Rockets na tempada 1968-69, en pasar de 15 vitorias nunha tempada, a clasificarse para os playoffs na seguinte. Nos playoffs, foron eliminados na primeira rolda ante os Atlanta Hawks, cun marcador de 4-3. Dwyane Wade liderou a liga en anotación con 30.2 puntos por partido, convertíndose no primeiro xogador da franquía en conseguilo.

Os Heat comezaron a tempada 2009-2010 cun 7-1 nos primeiros 8 partidos, pero foron irregulares nos seguintes partidos, e tiñan unha marca de 35-34 nos primeiros 69 partidos. O 5 de xaneiro de 2010, os Heat traspasaron a Chris Quinn aos New Jersey Nets a cambio dunha elección da segunda rolda do draft de 2012, o cal permitiu ao equipo asinar ao base Rafer Alston, que fora cortado pouco tempo antes. O equipo mellorou, e fixo unha marca de 12-1 nos últimos 13 partidos, conseguindo así a 5ª praza no Leste, cunha marca final de 47-35 e mellorando por segunda tempada consecutiva. Os Heat perderon na primeira rolda da Conferencia Leste por 4-1 contra os Boston Celtics.[18]

Tempadas[editar | editar a fonte]

Campións da NBA Campións de Conferencia Campións de División Clasificado para Playoffs
Tempada Conferencia División Posición Vitorias Derrotas % Playoffs Adestrador
1988-89 Oeste Medio-Oeste 15 67 .183 Ron Rothstein
1989-90 Leste Atlántico 18 64 .220 Ron Rothstein
1990-91 Leste Atlántico 24 58 .293 Ron Rothstein
1991-92 Leste Atlántico 38 44 .463 Perdida Primeira Rolda: Miami Heat vs. Chicago Bulls 0-3 Kevin Loughery
1992-93 Leste Atlántico 36 46 .439 Kevin Loughery
1993-94 Leste Atlántico 42 40 .540 Perdida Primeira Rolda: Miami Heat vs. Atlanta Hawks 2-3 Kevin Loughery
1994-95 Leste Atlántico 32 50 .390 Kevin Loughery
Alvin Gentry
1995-96 Leste Atlántico 42 40 .512 Perdida Primeira Rolda: Miami Heat vs. Chicago Bulls 0-3 Pat Riley
1996-97 Leste Atlántico 61 21 .744 Gañada Primeira Rolda: Miami Heat vs. Orlando Magic 3–2
Gañadas Semifinais de Conferencia: Miami Heat vs. New York Knicks 4–3
Perdidas Finais de Conferencia: Miami Heat vs. Chicago Bulls 1-4
Pat Riley
1997-98 Leste Atlántico 55 27 .671 Perdida Primeira Rolda: Miami Heat vs. New York Knicks 2–3 Pat Riley
1998-99 Leste Atlántico 33 17 .660 Perdida Primeira Rolda: Miami Heat vs. New York Knicks 2–3 Pat Riley
1999-00 Leste Atlántico 52 30 .634 Gañada Primeira Rolda: Miami Heat vs. Detroit Pistons 3–0
Perdidas Semifinais de Conferencia: Miami Heat vs. New York Knicks 3–4
Pat Riley
2000-01 Leste Atlántico 50 32 .610 Perdida Primeira Rolda: Miami Heat vs. Charlotte Hornets 0–3 Pat Riley
2001-02 Leste Atlántico 36 46 .439 Pat Riley
2002-03 Leste Atlántico 25 57 .305 Pat Riley
2003-04 Leste Atlántico 42 40 .512 Gañada Primeira Rolda: Miami Heat vs. New Orleans Hornets 4–3
Perdidas Semifinais de Conferencia: Miami Heat vs. Indiana Pacers 2-4
Stan Van Gundy
2004-05 Leste Sueste 59 23 .720 Gañada Primeira Rolda: Miami Heat vs. New Jersey Nets 4–0
Gañadas Semifinais de Conferencia: Miami Heat vs. Washington Wizards 4–0
Perdidas Finais de Conferencia: Miami Heat vs. Detroit Pistons 3–4
Stan Van Gundy
2005-06 Leste Sueste 52 30 .634 Gañada Primeira Rolda: Miami Heat vs. Chicago Bulls 4–2
Gañadas Semifinais de Conferencia: Miami Heat vs. New Jersey Nets 4–1
Gañadas Finais de Conferencia: Miami Heat vs. Detroit Pistons 4-2
Gañadas Finais da NBA: Miami Heat vs. Dallas Mavericks 4-2
Stan Van Gundy
Pat Riley
2006-07 Leste Sueste 44 38 .537 Perdida Primeira Rolda: Miami Heat vs. Chicago Bulls 0-4 Pat Riley
2007-08 Leste Sueste 15 67 .183 Pat Riley
2008-09 Leste Sueste 43 39 .524 Perdida Primeira Rolda: Miami Heat vs. Atlanta Hawks 3–4 Erik Spoelstra
2009-10 Leste Sueste 47 35 .573 Perdida Primeira Rolda: Miami Heat vs. Boston Celtics 1–4 Erik Spoelstra
2010-11 Leste Sueste 58 24 .707 Gañada Primeira Rolda: Miami Heat vs. Philadelphia 76ers 4-1
Gañadas Semifinais de Conferencia: Miami Heat vs. Boston Celtics 4-1
Gañadas Finais de conferencia: Miami Heat vs. Chicago Bulls 4-1
Perdidas Finais da NBA: Miami Heat vs. Dallas Mavericks 2-4
Erik Spoelstra
2011-12 Leste Sueste 46 20 .697 Gañada Primeira Rolda: Miami Heat vs. New York Knicks 4–1
Gañadas Semifinais de Conferencia: Miami Heat vs. Indiana Pacers 4–2
Gañadas Finais de Conferencia: Miami Heat vs. Boston Celtics 4-3
Gañadas Finais da NBA: Miami Heat vs. Oklahoma City Thunder 4-1
Erik Spoelstra
2012-13 Leste Sueste 66 16 .805 Gañada Primeira Rolda: Miami Heat vs. Milwaukee Bucks 4–0
Gañadas Semifinais de Conferencia: Miami Heat vs. Chicago Bulls 4–1
Gañadas Finais de Conferencia: Miami Heat vs. Indiana Pacers 4-3
Gañadas Finais da NBA: Miami Heat vs. San Antonio Spurs 4-3
Erik Spoelstra
2013-14 Leste Sueste 54 28 .659 Gañada Primeira Rolda: Miami Heat vs. Charlotte Bobcats 4-0
Gañadas Semifinais de Conferencia: Miami Heat vs. Brooklyn Nets 4-1
Gañadas Finais de conferencia: Miami Heat vs. Indiana Pacers 4-2
Perdidas Finais da NBA: Miami Heat vs. San Antonio Spurs 1-4
Erik Spoelstra

Xogadores e adestradores[editar | editar a fonte]

Xogadores[editar | editar a fonte]

Miami Heat 2013-2014
Xogadores Adestradores
Pos. # Nac. Nome Altura Peso Orixe
B-E 34 Flag of the United States.svg Allen, Ray 1.96 m (6 ft 5 in) 93 kg (205 lb) Connecticut
AP-P 11 Flag of the United States.svg Andersen, Chris 2.08 m (6 ft 10 in) 103 kg (228 lb) Blinn Junior College (TX)
A-AP 31 Flag of the United States.svg Battier, Shane 2.03 m (6 ft 8 in) 100 kg (220 lb) Duke
A-AP 8 Flag of the United States.svg Beasley, Michael 2.08 m (6 ft 10 in) 107 kg (235 lb) Kansas State
AP-P 1 Flag of the United States.svg Bosh, Chris 2.08 m (6 ft 10 in) 104 kg (230 lb) Georgia Tech
B-E 15 Flag of the United States.svg Chalmers, Mario 1.85 m (6 ft 1 in) 86 kg (190 lb) Kansas
B-E 30 Flag of the United States.svg Cole, Norris 1.85 m (6 ft 1 in) 79 kg (174 lb) Cleveland State
B-E 0 Flag of the United States.svg Douglas, Toney 1.88 m (6 ft 2 in) 84 kg (185 lb) Florida State
A-AP 40 Flag of the United States.svg Haslem, Udonis (C) 2.03 m (6 ft 8 in) 107 kg (235 lb) Florida
A-AP 6 Flag of the United States.svg James, LeBron 2.03 m (6 ft 8 in) 113 kg (250 lb) St. Vincent-St. Mary HS
E-A 22 Flag of the United States.svg Jones, James 2.03 m (6 ft 8 in) 98 kg (215 lb) Miami
A-AP 9 Flag of the United States.svg Lewis, Rashard 2.08 m (6 ft 10 in) 104 kg (230 lb) Alief Elsik HS (TX)
B-E 14 Flag of the United States.svg Liggins, DeAndre 1.98 m (6 ft 6 in) 95 kg (209 lb) Kentucky
P 20 Flag of the United States.svg Oden, Greg 2.13 m (7 ft 0 in) 124 kg (273 lb) Ohio State
B-E 3 Flag of the United States.svg Wade, Dwyane (C) 1.93 m (6 ft 4 in) 100 kg (220 lb) Marquette
Adestrador
Asistente(s)

Lenda
  • (C) Capitán
  • (DP) Drafteado sen asinar
  • (FA) Axente libre
  • (IN) Inactivo
  • (S) Suspendido
  • Injured Lesionado

CadroTransaccións
Actualizado: 06-03-2014

Dorsais retirados[editar | editar a fonte]

Os Heat retiraron 4 dorsais, pero só 2 deles pertenceron a xogadores que xogaron para a franquía. O primeiro dorsal en retirarse foi o de Michael Jordan, que nunca xogou para Miami. Pat Riley retirou o 23 de Jordan antes do seu último partido en Miami na tempada 2002-03 como tributo á súa traxectoria deportiva.[19] Miami retirou o número 33 de Alonzo Mourning durante unha ceremonia no descanso dun partido, o 30 de marzo de 2009.[20] Durante a tempada 2005-06, a organización honrou ao quarterback dos Miami Dolphins, Dan Marino, que tiña o número 13, polas súas contribucións ao equipo de fútbol americano da cidade.[21] O 28 de outubro de 2009, o número 10 de Tim Hardaway[22] foi retirado no primeiro partido da tempada 2009-10 contra os New York Knicks.

Dorsais retirados dos Miami Heat
Xogador Posición Etapa Data de retiro do dorsal
10 Tim Hardaway Base / Escolta 1996-2001 28 de outubro de 2009 [23][24]
33 Alonzo Mourning Pivote 1995–2002, 2005–2008 30 de marzo de 2009.[25]

Adestradores[editar | editar a fonte]

Logros e premios[editar | editar a fonte]

Líderes da franquía[editar | editar a fonte]

Líderes da franquía
Categoría Xogador Estatística
Partidos xogados Dwyane Wade 701
Puntos Dwyane Wade 17 127
Rebotes Udonis Haslem 5 230
Asistencias Dwyane Wade 4 217
Roubos Dwyane Wade 1 240
Tapóns Alonzo Mourning 1 625
Tiros de campo Dwyane Wade 6 137
Porcentaxe TC Shaquille O'Neal 59.6%
Triplas Tim Hardaway 806
Porcentaxe triplas Jason Kapono 49.0%
Tiros libres Dwyane Wade 4 503
Porcentaxe TL Jason Williams 88.3%
Puntos por partido LeBron James 26.7
Rebotes por partido Rony Seikaly 10.4
Asistencias por partido Sherman Douglas 7.9
Roubos por partido Dwyane Wade 1.8
Tapóns por partido Alonzo Mourning 2.7
Triple dobres LeBron James 13 (5 en playoffs)
Faltas Alonzo Mourning 1 960
Perdas Dwyane Wade 2 418
Líderes nunha tempada
Categoría Xogador Estatística Tempada
Minutos xogados Anthony Mason 3 254 2000–2001
Puntos por partido Dwyane Wade 30.2 2008–2009
Rebotes por partido Rony Seikaly 11.8 1991–1992
Asistencias por partido Tim Hardaway 8.6 1996–1997
Roubos por partido Dwyane Wade 2.2 2008–2009
Tapóns por partido Alonzo Mourning 3.9 1998–1999
Triple dobres LeBron James 4 2010–2011
2011–2012
Puntos Dwyane Wade 2 386 2008–2009
Rebotes Rony Seikaly 934 1991–1992
Asistencias Tim Hardaway 695 1996–1997
Roubos Dwyane Wade 173 2008–2009
Tapóns Alonzo Mourning 294 1999–2000
Tiros de campo Dwyane Wade 854 2008–2009
Porcentaxe TC Shaquille O'Neal 60.1% 2004–2005
Triplas LeBron James 225 2011–2012
Porcentaxe triplas Jon Sundvold 52.2% 1988–1989
Tiros libres Dwyane Wade 629 2005–2006
Porcentaxe TL Glen Rice 88.0% 1993–1994
Faltas Grant Long 337 1988–1989
Perdas Dwyane Wade 321 2004–2005
Máximos nun partido (tempada regular)
Categoría Xogador Estatística Data
Puntos LeBron James 61 3 de marzo de 2014
Minutos xogados Glen Rice 59 20 de novembro de 1992
Rebotes Rony Seikaly 34 3 de marzo de 1993
Asistencias Tim Hardaway 19 19 de abril de 1996
Roubos Mario Chalmers 9 5 de novembro de 2008
Tapóns Alonzo Mourning 9 28 de novembro de 2005
Tiros de campo LeBron James 22 3 de marzo de 2014
Triplas Brian Shaw
Mario Chalmers
10 8 de abril de 1993
12 de xaneiro de 2013
Tiros libres Dwyane Wade 23 1 de febreiro de 2007
Perdas Dwyane Wade 12 1 de febreiro de 2007
Máximos nun partido (Playoffs)
Categoría Xogador Estatística Data
Puntos Dwyane Wade 46 25 de abril de 2010
Minutos xogados LeBron James 50:17 9 de maio de 2011
Rebotes Shaquille O'Neal 20 4 de maio de 2006
Asistencias Dwyane Wade 15 10 de maio de 2005
Roubos LeBron James 6 15 de maio de 2012
Tapóns Alonzo Mourning 9 22 de abril de 2000
Tiros de campo LeBron James 19 7 de xuño de 2012
Triplas Mike Miller 7 21 de xuño de 2012
Tiros libres Dwyane Wade 21 18 de xuño de 2006
Perdas Dwyane Wade 9 26 de maio de 2011

Galardóns individuais[editar | editar a fonte]

MVP da Tempada da NBA

MVP das Finais da NBA

MVP do All-Star Game da NBA

Xogador Defensivo do Ano da NBA

Xogador Máis Mellorado da NBA

Adestrador do Ano da NBA

Primeiro equipo All-NBA

Segundo equipo All-NBA

Terceiro equipo All-NBA

Primeiro Equipo de Rookies da NBA

Segundo Equipo de Rookies da NBA

Primeiro quinteto defensivo da NBA

Segundo quinteto defensivo da NBA

Participacións no All-Star

Notas[editar | editar a fonte]

  1. basketball-reference.com 1995-96 NBA Season Summary, consultado xullo de 2008
  2. basketball-reference.com 1996-97 NBA Season Summary, consultado xullo de 2008
  3. basketball-reference.com 1997-98 NBA Season Summary, consultado xullo de 2008
  4. basketball-reference.com 1998-99 NBA Season Summary, consultado xullo de 2008
  5. basketball-reference.com 2000-01 NBA Season Summary, consultado xullo de 2008
  6. basketball-reference.com 2001-02 NBA Season Summary, consultado xullo de 2008
  7. basketball-reference.com 2002-03 NBA Season Summary, consultado xullo de 2008
  8. basketball-reference.com 2003-04 NBA Season Summary, consultado xullo de 2008
  9. NBA.com Shaquille O'Neal é traspasado dos Lakers aos Heat, consultado xullo de 2008
  10. basketball-reference.com 2004-05 NBA Season Summary, consultado xullo de 2008
  11. NBA.com Os Heat fichan ao veterano Gary Payton, consultado xullo de 2008
  12. ESPN.com Riley volve ao banco dos Heat tras a renuncia de Van Gundy, consultado xullo de 2008
  13. basketball-reference.com 2005-06 NBA Season Summary, consultado xullo de 2008
  14. MARCA.com MARCA - Declaracións de Wade (consultado xullo de 2008)
  15. elmundo.es Wade conságrase coma a gran estrela da NBA, consultado xullo de 2008
  16. basketball-reference.com 2006-07 NBA Season Summary, consultado xullo de 2008
  17. eluniverso.com Shaquille ONeal traspasado aos Suns de Phoenix, consultado xullo de 2008
  18. 2009-10 Miami Heat Roster and Statistics | Basketball-Reference.com
  19. Associated Press (2003-04-11). "Heat retira o seu primeiro número". Sports Illustrated. http://sportsillustrated.cnn.com/basketball/news/2003/04/11/heat_jordan_ap/. Consultado o 2009-03-29.
  20. "Alonzo Mourning deixa caer as súas bágoas". Miami Sun-Sentinel. 2008-03-31. http://www.sun-sentinel.com/sports/columnists/sfl-heat-mourning-skolnick-s0331sbmar31,0,5739794.column. Consultado o 2009-04-01.
  21. Phillips, DeAndré (2005-11-07). "Dan the Man". Heat.com. http://www.nba.com/heat/news/dan_the_man_051107.html. Consultado o 2009-03-29.
  22. "Heat retirará a camiseta de Tim Hardaway no primeiro partido". http://www.nba.com/2009/news/09/17/hardaway.jersey.ap/index.html.
  23. "Hardaway's Heat jersey retired". ESPN. 29 de outubro de 2009. http://sports.espn.go.com/nba/news/story?id=4603706. Consultado o 30 de xaneiro de 2012.
  24. Miami Heat 2010–11 media guide.
  25. "Heat retire Mourning's No. 33". ESPN. 31 de marzo de 2009. http://sports.espn.go.com/nba/news/story?id=4029113. Consultado o 30 de xaneiro de 2012.