Danilo Gallinari
| Denver Nuggets – No. 8 | |
| Aleiro | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 8 de agosto de 1988 (24 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,08 m (6 ft 10 in) |
| Peso | 102 kg (225 lb) |
| Información da carreira | |
| Pre-draft club | Olimpia Milano (Serie A) |
| NBA Draft | 2008 / Rolda: 1 / Elección: 6
Escollido por New York Knicks |
| Carreira | dende 2004 |
| Historial de equipos | |
| Unione Cestistica Casalpusterlengo (2004–2005) Nuova Pallacanestro Pavia (2005-2006) Olimpia Milano (2006-2008) New York Knicks (2008-2011) Denver Nuggets (2011-presente) Olimpia Milano (2011) |
|
| Información en nba.com | |
Danilo Gallinari, nado o 8 de agosto de 1988 en Sant'Angelo Lodigiano, Italia, é un xogador italiano de baloncesto profesional que xoga nos Denver Nuggets da National Basketball Association (NBA).
Índice |
Traxectoria profesional [editar]
Italia [editar]
Gallinari comezou a xogar profesionalmente no ano 2004 no Casalpusterlengo,[1] equipo da Serie B1 (terceira división italiana).
En 2005, Gallinari foi fichado polo Armani Jeans Milano. Estes o mandaron ao Edimes Pavia, equipo da segunda división italiana, durante a tempada 2005-06 para xogar moitos minutos e gañar experiencia. Tan só xogou a metade da tempada debido a unha lesión, pero no ano 2006 foi nominado para o mellor xogador italiano da segunda división, onde fixo 14.3 puntos, 3.4 rebotes, 2.0 roubos e 0.8 asistencias por encontro en 17 partidos.[2]
En 2006, foi rechamado polo AJ Milano para xogar a tempada 2006-07 con eles na primeira división, e na ULEB Eurocup, a segunda gran competición europea. Na súa primeira tempada, Gallinari foi nomeado coma o mellor xogador da liga de 22 anos ou menos, acadando 10.9 puntos, 4.0 rebotes, 1.7 roubos e 1.0 asistencias por partido en 34 encontros da liga regular, e 11.5 puntos, 3.7 rebotes, 2.1 roubos e 0.9 asistencias en 8 partidos de playoffs.[3] Ademais, gañou o concurso de triplas do All-Star italiano en 2007.
Na súa derradeira tempada no Milano,[4] na tempada 2007-08, fixo 17.5 puntos, 5.6 rebotes, 2.0 roubos e 1.3 asistencias por partido en 33 encontros da tempada regular, e 18.1 puntos, 6.5 rebotes, 1.8 roubos e 1.5 asistencias por partido en 8 encontros de playoffs.[5]
NBA [editar]
Gallinari foi elixido na 6ª posición do Draft da NBA de 2008 polos New York Knicks, e asinou un contrato por dous anos co equipo.[6]
O 22 de febreiro de 2011, Gallinari foi traspasado aos Denver Nuggets nun traspaso a tres bandas, que incluíu tamén aos Minnesota Timberwolves, e que levou a Carmelo Anthony e a Chauncey Billups a Nova York.[7]
Durante o lockout da NBA de 2011, voltou un tempo a Italia para xogar outra vez no Emporio Armani Milano.[8]
Notas [editar]
- ↑ Danilo Gallinari
- ↑ LegaDue page on Gallinari
- ↑ LegaA page on Gallinari.
- ↑ Lega A page on Gallinari.
- ↑ LegaA page on Gallinari.
- ↑ Knicks sign Gallinari
- ↑ "Nuggets acquire five players, three picks in three-team trade". NBA.com. 2011-02-22. http://www.nba.com/nuggets/news/nuggets_trade_02_22_2011.html. Consultado o 2011-02-23.
- ↑ ARMANI MILAN brings Gallinari home
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Páxina Web Oficial de Danilo Gallinari (en italiano) (en inglés)
- Perfil en NBA.com (en inglés)
|
||||||||