Luc Mbah a Moute
| Milwaukee Bucks – No. 12 | |
| Aleiro | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 9 de setembro de 1986 (26 anos) Yaoundé |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,03 m (6 ft 8 in) |
| Peso | 104 kg (230 lb) |
| Salario | $736.420 |
| Instituto | Monteverde Academy, Florida |
| Información da carreira | |
| Universidade | UCLA |
| NBA Draft | 2008 / Rolda: 2 / Elección: 37
Escollido por Milwaukee Bucks |
| Carreira | dende 2008 |
| Información en nba.com | |
Luc Richard Mbah a Moute, nado o 9 de setembro de 1986 en Yaoundé, Camerún, é un xogador profesional de baloncesto que dende a tempada 2008-09 pertence ao cadro de xogadores dos Milwaukee Bucks da National Basketball Association. Mide 2,03 metros de altura e xoga na posición de aleiro ou ala-pivote.
Ten status de príncipe no pobo no que naceu, Bia Messe, preto de Yaoundé,[1] e é fillo do xefe electo do pobo, Camille Moute à Bidias, o cal é un alto cargo do goberno oficial, dirixindo o Fondo Nacional de Emprego de Camerún.
Índice |
Traxectoria deportiva [editar]
Universidade [editar]
Xogou durante 3 tempadas cos Bruins da Universidade de California, Os Ánxeles (UCLA). No seu primeiro ano foi titular en 38 dos 39 partidos disputados polo seu equipo, facendo 9,1 puntos e 8,2 rebotes por partido.[2] O seu partido máis completo disputouno ante a Universidade de Oregon, conseguindo 15 puntos e 10 rebotes,[3] un dos oito dobres-dobres que logrou ao longo da tempada. Foi tamén determinante para a vitoria nas semifinais da Final Four que o seu equipo disputou ante Louisiana State, logrando 17 puntos, 9 rebotes e dous roubos de balón.[4] Foi finalmente elixido como mellor novato da Pacific Ten Conference.[2]
Na súa segunda tempada fixo 8,2 puntos, e liderou ao seu equipo con 7,4 rebotes por partido.[2] Iniciou moi ben o ano, xa que no seu primeiro partido logrou o seu record persoal de anotación ante Brigham Young, anotando 24 puntos e capturando 11 rebotes,[5] pero o seu xogo volveuse intermitente, combinando boas actuacións con outras mediocres. O seu equipo volveu disputar a Final Four, mais as súa achega non foi tan determinante como o ano anterior.
Xa na súa tempada "junior" o seu xogo resentiuse por culpa das lesións, que lle afastaron das pistas durante seis partidos. Aínda así conseguiu unha gran actuación na Final da NCAA ante Memphis, logrando 13 puntos e 12 rebotes, que non impediron a derrota do seu equipo.[6] No seu tres tempadas na NCAA promedió 8,7 puntos e 7,3 rebotes por partido.[7] O 16 de xuño de 2008 anunciou a súa intención de renunciar ao seu último ano como universitario, presentándose ao Draft da NBA.[8] Tras 34 anos, Mbah a Moute converteuse no primeiro xogador dos Bruins en disputar tres Final Four consecutivas, despois de que o lograsen nos anos 70 Bill Walton, Jamaal Wilkes e Greg Lee. Andre Hutson e Charlie Bell, de Michigan State, foron os outros dous xogadores que o lograron ao longo da historia da competición universitaria.
Profesional [editar]
Foi elixido na trixésimo séptima posición, na segunda rolda do Draft de 2008 por Milwaukee Bucks, equipo co que formou un contrato multianual o 8 de xullo dese mesmo ano.[9] Disputou cinco partidos da liga de Verán que se desenvolveu en Las Vegas, facendo 9,0 puntos e 6,6 rebotes por partido.[10] Ao final da tempada 2008-09 fixo 7,2 puntos e 5,9 rebotes por partido en 82 encontros, nos cales saíu en 52 coma titular.
Notas [editar]
- ↑ Daily Bruin article Cameroon Calling
- ↑ 2,0 2,1 2,2 Luc Mbah a Moute Prospect Profile
- ↑ UCLA vs. Oregon - Box Score - January 26, 2006
- ↑ LSU vs. UCLA - Box Score - April 01, 2006
- ↑ Brigham Young vs. UCLA - Box Score - November 15, 2006
- ↑ UCLA vs. Memphis - Box Score - April 05, 2008
- ↑ Ficha de Mbah a Moute en TDR
- ↑ Luc Richard Mbah a Moute to Remain in NBA Draft
- ↑ Bucks Sign Second Round Pick Luc Richard Mbah a Moute
- ↑ Ficha de Mbah a Moute nas ligas de verán