Jared Dudley

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Jared Dudley
Jared Dudley Suns.jpg
Phoenix Suns – No. 3
Aleiro/Escolta
Información persoal
Nacemento 10 de xullo de 1985 (27 anos)
Flag of California.svg San Diego, California
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso 102 kg (225 lb)
Instituto Horizon HS
Información da carreira
Universidade Boston College
NBA Draft 2007 / Rolda: 1 / Elección: 22

Escollido por Charlotte Bobcats

Carreira dende 2007
Historial de equipos
Charlotte Bobcats (2007-2008)
Phoenix Suns (2008-presente)
Información en nba.com

Jared Anthony Dudley, nado o 10 de xullo de 1985 en San Diego, California, é un xogador de baloncesto estadounidense que xoga nos Phoenix Suns da NBA.

Índice

Traxectoria deportiva [editar]

Profesional [editar]

O 28 de xuño de 2007, foi elixido no Draft da NBA de 2007 polos Charlotte Bobcats. Dudley entrou pronto na rotación dos Bobcats, e xogou o seu primeiro partido coma titular o 24 de novembro de 2007 contra os Boston Celtics, anotando 11 puntos e capturando 9 rebotes.[1] Rematou a tempada 2007-08 con 5.8 puntos por partido.

Dudley xogou 20 partidos cos Bobcats antes de ser traspasado aos Phoenix Suns. Neses 20 partidos, acadou 5.4 puntos por encontro. Foi traspasado xunto a Jason Richardson, a cambio de Raja Bell, Boris Diaw e Sean Singletary.[2] Nesa tempada xogou en 48 partidos para os Suns, nos cales fixo 5.5 puntos, 3.0 rebotes e 0.8 asistencias por partido. Na tempada 2009-10 tivo un papel importante nos playoffs, xa que xogou nos 16 partidos que xogou Phoenix na postempada, cunha porcentaxe de triplas do 42'4%. Porén, os Suns perderon nas finais da Conferencia Oeste contra os Los Angeles Lakers por 4-2.

A tempada 2010-11 foi a mellor a nivel persoal, xa que rematou con 10.6 puntos por partido, e xogou en todos os 82 partidos da tempada regular.

Estatísticas NBA [editar]

Tempada Equipo PX MIN  %TC  %3P  %TL REB ASIS ROUB TAP PTS
2007-08 Charlotte 73 19.0 .468 .220 .737 3.9 1.1 0.8 0.1 5.8
2008-09 Charlotte 20 21.4 .469 .375 .625 3.0 1.0 0.9 0.1 5.4
2008-09 Phoenix 48 15.2 .481 .394 .691 3.0 0.8 0.8 0.1 5.5
2009-10 Phoenix 82 24.3 .459 .458 .754 3.4 1.4 1.0 0.2 8.2
2010-11 Phoenix 82 26.1 .477 .415 .743 3.9 1.3 1.1 0.2 10.6
2011-12 Phoenix 65 31.1 .485 .383 .726 4.6 1.7 0.8 0.3 12.7

Notas [editar]

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]