Ömer Aşık
| Houston Rockets – No. 3 | |
| Pivote | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 4 de xullo de 1986 (26 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,06 m (7 ft 0 in) |
| Peso | 116 kg (255 lb) |
| Información da carreira | |
| NBA Draft | 2008 / Rolda: 2 / Elección: 36
Escollido por Portland Trail Blazers |
| Carreira | dende 2005 |
| Historial de equipos | |
| Fenerbahçe Ülker (Turquía) (2005-2006) Alpella (Turquía) (2006-2007) Fenerbahçe Ülker (Turquía) (2007-2010) Chicago Bulls (2010-2012) Houston Rockets (2012-presente) |
|
| Información en nba.com | |
Ömer Aşık, nado o 4 de xullo de 1986 en Bursa, Turquía, é un xogador de baloncesto profesional que xoga nos Houston Rockets da National Basketball Association (NBA).
Índice |
Liga Turca [editar]
Aşık tivo a súa primeira oportunidade profesional no Fenerbahçe na tempada 2005-06. Tan só xogou un partido antes de ser traspasado a un equipo da segunda división, o FMV Isık Spor Kulübü. Na tempada 2006-07 asinou polo Alpella, onde xogou 40 partidos, nos que fixo 10.7 puntos e 11.2 rebotes. Deixou o Alpella en decembro de 2007, e voltou ao Fenerbahçe por segunda vez. En 2008 lesionouse de gravidade, e pouco máis tarde da súa volta lesionouse outra vez para 2 meses. Nas tempadas 2007-08 e 2008-09 co Fenerbahçe fixo 7.8 puntos e 6.1 rebotes. Coa súa axuda, o Fenerbahçe gañou a liga turca de baloncesto na tempada 2007-08.
NBA [editar]
Chicago Bulls (2010–2012) [editar]
Ömer Aşık foi elixido na 36ª posición do draft da NBA de 2008 polos Portland Trail Blazers, e foi inmediatamente traspasado aos Chicago Bulls, nunha operación entre tres franquicias.[1] O 13 de xullo de 2010, Aşık asinou un contrato cos Chicago Bulls.
Tempada 2010–11 [editar]
O 27 de outubro, Aşık fixo o seu debut cos Bulls no primeiro partido da tempada, na casa dos Oklahoma City Thunder. Dende o comezo da tempada, Aşık impresionou co seu xogo grazas á súa gran presenza coma pivote, especialmente cando o pivote titular, Joakim Noah, non xogaba. Ao remate da tempada, liderou a lista de media de rebotes por 48 minutos dos rookies, e estivo entre os dez primeiros en media de rebotes por 48 minutos.
Houston Rockets (2012-presente) [editar]
O 20 de xullo de 2012, Aşık asinou unha oferta dos Houston Rockets, cun valor de 25.1 millóns de dólares en 3 anos. Os Bulls decidiron non igualar a oferta o 24 de xullo de 2012,[2] e Aşık uniuse oficialmente ós Rockets.[3]
Notas [editar]
- ↑ "Bulls acquire Omer Asik from Portland". NBA.com. June 26, 2008. http://www.nba.com/bulls/news/trade_080626.html. Consultado o July 10, 2010.
- ↑ "Bulls will not match Houston’s offer to Asik". Bulls.com. 24 de xullo de 2012. http://blogs.bulls.com/2012/07/bulls-will-not-match-houstons-offer-to-asik/. Consultado o 24 de xullo de 2012.
- ↑ "Rockets Sign center Omer Asik". NBA.com. 24 de xullo de 2012. http://www.nba.com/rockets/rockets-sign-center-omer-asik. Consultado o 24 de xullo de 2012.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
|
||||||||