Jason Kidd
| New York Knicks – No. 5 | |
| Base | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 23 de marzo de 1973 (40 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 1,93 m (6 ft 4 in) |
| Peso | 95 kg (210 lb) |
| Instituto | Saint Joseph of Notre Dame |
| Información da carreira | |
| Universidade | California at Berkeley |
| NBA Draft | 1994 / Rolda: 1 / Elección: 2
Escollido por Dallas Mavericks |
| Carreira | dende 1994 |
| Historial de equipos | |
| Dallas Mavericks (1994–1996) Phoenix Suns (1996–2001) New Jersey Nets (2001–2008) Dallas Mavericks (2008–2012) New York Knicks (2012–presente) |
|
| Premios e galardóns | |
| 1× Campión da NBA (2011) 1× Co-Rookie do Ano (1995) 10× NBA All-Star (1996, 1998, 2000-04, 2007-08, 2010) 5× Máximo asistente (1999-2001, 2003-2004) 1× Maior número de roubos (2002) 1× NBA Skills Challenge (2003) 1× Xogador máis deportivo (2012) |
|
| Información en nba.com | |
Jason Kidd, nado o 23 de marzo de 1973 en San Francisco, California, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que actualmente milita nos New York Knicks da National Basketball Association (NBA). Na súa época como xogador dos New Jersey Nets, xogando como base titular e capitán, levou ao equipo ás finais da NBA nos anos 2002 e 2003.
Kidd naceu sendo o sétimo fillo de Steve e Anne Kidd, el afroamericano, ela descendente de irlandeses. Creceu nun barrio de clase media alta en Oakland, California. Nos playgrounds desa cidade coincidiu en numerosas ocasións con outra base xa mítico da liga, Gary Payton. A súa versatilidade de xogo tamén o fan un xogador que asina habitualmente triplos-dobres, é dicir más de dez puntos, rebotes e asistencias nun mesmo encontro, sendo o terceiro que máis conseguiu da historia de NBA en liga regular o o segundo en play-offs. É alcumado por iso ás veces como "Mr. Triple Double", aínda que é máis habitual o sobrenome de "J-Kidd".
Índice |
Traxectoria deportiva [editar]
Universidade [editar]
Tras deixar o instituto Kidd matriculouse na Universidade de California, Berkeley para xogar nos Golden Bears do devandito centro, próximo ao seu fogar e enrolado na división Pacific Ten Conference da NCAA. Durante a súa estancia na universidade foi elixido para o First Team All-American durante o seu segundo ano, ademais conseguiu coa súa contribución que os Golden Bears aparecesen por dúas veces no torneo final da NCAA.
Profesional [editar]
En 1994 declárase elixible para o Draft da NBA de 1994, sendo escollido polos Dallas Mavericks na segunda posición. Durante a súa primeira tempada fixo máis de 11 puntos 5 rebotes e 7 asistencias por partido, medias que lle fixeron merecedor de compartir con Grant Hill (dos Detroit Pistons) o premio de Rookie do Ano.
Phoenix Suns [editar]
Na tempada 96-97 Kidd é traspasado aos Phoenix Suns e comeza alí unha andaina de cinco anos onde non fai máis que confirmarse como un das mellores bases do momento.
As Patacas Fritas [editar]
Un incidente marca a carreira de Jason Kidd e o final da súa traxectoria en Phoenix, cidade que serve como residencia a unha elevada cifra de xubilados en USA e tradicionalmente un lugar de conviccións non moi liberais. A lenda di que tras un esaxerado castigo a un dos seus fillos por un simple prato de patacas fritas, Jason Kidd e a súa muller Juwana, muller de coñecido e marcado temperamental carácter, comezaron unha acalorada discusión que ao parecer acaba violentamente. Este suceso escandaliza, evidentemente, á sociedade da cidade de Arizona e Kidd é traspasado aos Nets.
New Jersey Nets [editar]
A franquía de Meadowlands fora até ese ano 2001 una das máis históricas perdedoras do deporte profesional americano. A chegada de Jason Kidd cambia por completo o panorama, xunto ao número 1 do draft de 2000 Kenyon Martin e ao sistema de Byron Scott adestrador principal dos Nets. Durante as tempadas 2001-2002 e 2002-2003 os de Nova Jersey dominaron a Conferencia Leste e alcanzan as finais da NBA, con todo, en ambas as ocasións perderon, unha ante Los Angeles Lakers e outra ante San Antonio Spurs.
En xullo de 2004 intervénselle dunha microrotura no xeonllo, lesión da que moitos xogadores como Allan Houston, Penny Hardaway, Chris Webber ou o propio Kenyon Martin nunca conseguiron recuperarse para volver ao seu nivel. Ese feito unido ao desmenbramento do equipo que levantara aos Nets ao primeiro posto da súa conferencia dado o traspaso de Kerry Kittles a non renovación de Martin e a polémica saída do adestrador polos seus problemas cos xogadores, principalmente con Kidd non auguraban bos tempos.
A pesar de todo o 5 dos Nets volveu e grazas á incorporación de Vince Carter mediada a competición, volveron coarse en playo-ffs e en 2006 conquistaron novamente o título da División Atlántico. con todo, en ámbalas postempadas os Miami Heat cruzáronse no seu camiño. En 2007 Jason Kidd volveu ao seu mellor nivel o que lle valeu para ser incluído no All-Star Game.
Dallas Mavericks [editar]
O 19 de febreiro de 2008 é traspasado a Dallas Mavericks xunto a Malik Allen, Antoine Wright, dúas futuras eleccións no draft e diñeiro en metálico por Devin Harris, DeSagana Diop, Maurice Ager, Keith Van Horn e Trenton Hassell. Kidd é xa parte da historia do baloncesto en Estados Unidos, sendo o terceiro xogador que máis triplos-dobres conseguiu na NBA só por detrás de Magic Johnson e Oscar Robertson. Así mesmo, conseguiu situarse como o segundo xogador con mais asistencias na historia da NBA, tras John Stockton, superando a Mark Jackson.
New York Knicks [editar]
O 5 de xullo de 2012, Kidd anunciou un acordo por tres anos cos New York Knicks.[1]
Estatísticas [editar]
| Lenda | |||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| PX | Partidos xogados | PT | Partidos titular | MPP | Minutos por partido | %TC | Porcentaxe de tiros de campo |
| %3P | Porcentaxe de tiros de 3 | %TL | Porcentaxe de tiros libres | RPP | Rebotes por partido | APP | Asistencias por partido |
| ROU | Roubos de balón por partido | TPP | Tapóns por partido | PPP | Puntos por partido | Negra | Máximo de carreira |
Tempada regular [editar]
| Ano | Equipo | PX | PT | MPP | %TC | %3P | %TL | RPP | APP | ROU | TPP | PPP |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1994–95 | Dallas | 79 | 79 | 33.8 | .385 | .272 | .698 | 5.4 | 7.7 | 1.9 | .3 | 11.7 |
| 1995–96 | Dallas | 81 | 81 | 37.5 | .381 | .336 | .692 | 6.8 | 9.7 | 2.2 | .3 | 16.6 |
| 1996–97 | Dallas | 22 | 22 | 36.0 | .369 | .323 | .667 | 4.1 | 9.1 | 2.0 | .4 | 9.9 |
| 1996–97 | Phoenix | 33 | 23 | 35.5 | .423 | .400 | .688 | 4.8 | 9.0 | 2.4 | .4 | 11.6 |
| 1997–98 | Phoenix | 82 | 82 | 38.0 | .416 | .313 | .799 | 6.2 | 9.1 | 2.0 | .3 | 11.6 |
| 1998–99 | Phoenix | 50 | 50 | 41.2 | .444 | .366 | .757 | 6.8 | 10.8 | 2.3 | .4 | 16.9 |
| 1999–00 | Phoenix | 67 | 67 | 39.0 | .409 | .337 | .829 | 7.2 | 10.1 | 2.0 | .4 | 14.3 |
| 2000–01 | Phoenix | 77 | 76 | 39.8 | .411 | .297 | .814 | 6.4 | 9.8 | 2.2 | .3 | 16.9 |
| 2001–02 | New Jersey | 82 | 82 | 37.3 | .391 | .321 | .814 | 7.3 | 9.9 | 2.1 | .2 | 14.7 |
| 2002–03 | New Jersey | 80 | 80 | 37.4 | .414 | .341 | .841 | 6.3 | 8.9 | 2.2 | .3 | 18.7 |
| 2003–04 | New Jersey | 67 | 66 | 36.6 | .384 | .321 | .827 | 6.4 | 9.2 | 1.8 | .2 | 15.5 |
| 2004–05 | New Jersey | 66 | 65 | 36.9 | .398 | .360 | .740 | 7.4 | 8.3 | 1.9 | .1 | 14.4 |
| 2005–06 | New Jersey | 80 | 80 | 37.2 | .404 | .352 | .795 | 7.3 | 8.4 | 1.9 | .4 | 13.3 |
| 2006–07 | New Jersey | 80 | 80 | 36.7 | .406 | .343 | .778 | 8.2 | 9.2 | 1.6 | .3 | 13.0 |
| 2007–08 | New Jersey | 51 | 51 | 37.2 | .366 | .356 | .820 | 8.1 | 10.4 | 1.5 | .3 | 11.3 |
| 2007–08 | Dallas | 29 | 29 | 34.9 | .426 | .461 | .815 | 6.5 | 9.5 | 2.1 | .4 | 9.9 |
| 2008–09 | Dallas | 81 | 81 | 35.6 | .416 | .406 | .819 | 6.2 | 8.7 | 2.0 | .5 | 9.0 |
| Total | 1107 | 1094 | 37.2 | .402 | .342 | .782 | 6.7 | 9.2 | 2.0 | 0.3 | 13.8 | |
| All-Star | 10 | 5 | 20.9 | .525 | .478 | .833 | 3.1 | 6.9 | 2.4 | 0 | 5.8 |
Playoffs [editar]
| Ano | Equipo | PX | PT | MPP | %TC | %3P | %TL | RPP | APP | ROU | TPP | PPP |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1997 | Phoenix | 5 | 5 | 41.4 | .396 | .364 | .526 | 6.0 | 9.8 | 2.2 | .4 | 12.0 |
| 1998 | Phoenix | 4 | 4 | 42.8 | .379 | .000 | .813 | 5.8 | 7.8 | 4.0 | .5 | 14.3 |
| 1999 | Phoenix | 3 | 3 | 42.0 | .419 | .250 | .714 | 2.3 | 10.3 | 1.7 | .3 | 15.0 |
| 2000 | Phoenix | 6 | 6 | 38.2 | .400 | .364 | .778 | 6.7 | 8.8 | 1.8 | .2 | 9.8 |
| 2001 | Phoenix | 4 | 4 | 41.5 | .319 | .235 | .750 | 6.0 | 13.3 | 2.0 | .0 | 14.3 |
| 2002 | New Jersey | 20 | 20 | 40.2 | .415 | .189 | .808 | 8.2 | 9.1 | 1.7 | .4 | 19.6 |
| 2003 | New Jersey | 20 | 20 | 42.6 | .402 | .327 | .825 | 7.7 | 8.2 | 1.8 | .2 | 20.1 |
| 2004 | New Jersey | 11 | 11 | 43.1 | .333 | .208 | .811 | 6.6 | 9.0 | 2.3 | .6 | 12.6 |
| 2005 | New Jersey | 4 | 4 | 45.5 | .388 | .367 | .545 | 9.0 | 7.3 | 2.5 | .0 | 17.3 |
| 2006 | New Jersey | 11 | 11 | 40.9 | .371 | .300 | .826 | 7.6 | 9.6 | 1.5 | .2 | 12.0 |
| 2007 | New Jersey | 12 | 12 | 40.3 | .432 | .420 | .520 | 10.9 | 10.9 | 1.8 | .4 | 14.6 |
| 2008 | Dallas | 5 | 5 | 36.0 | .421 | .462 | .625 | 6.4 | 6.8 | 1.4 | .4 | 8.6 |
| 2009 | Dallas | 10 | 10 | 38.6 | .458 | .447 | .850 | 5.8 | 5.9 | 2.2 | .3 | 11.4 |
| Total | 115 | 115 | 41.0 | .398 | .314 | .772 | 7.4 | 8.9 | 2.0 | 0.3 | 15.2 |
Logros [editar]
- 10 veces NBA All-Star: 1996, 1998, 2000, 2001, 2002, 2003, 2004, 2007, 2008, 2010
- 6 veces mellor quinteto da NBA:
-
- Primeiro: 1999, 2000, 2001, 2002, 2004
- Segundo: 2003
- 9 veces mellor quinteto defensivo da NBA:
-
- First Team : 1999, 2001, 2002, 2006
- Second Team: 2000, 2003, 2004, 2005, 2007
- NBA co-Rookie do Ano: 1995 (con Grant Hill)
- Mellor quinteto de Rookies: 1995
- Campión do NBA All-Star Skills Challenge: 2003
- Cinco veces lider da tempada regular, asistencias por partido: 1999 (10.8), 2000 (10.1), 2001 (9.8), 2003 (8.9), 2004 (9.2)
- Tres veces lider da tempada regular, asistencias totais: 1999 (539), 2001 (753), 2003 (711)
- Lider da tempada regular, roubos totais: 2002 (175)
Marcas da NBA [editar]
- O único xogador da historia da NBA en acadar 15.000 puntos, 7.000 rebotes, e 10.000 asistencias na súa carreira.
- Ten as marcas históricas de New Jersey Nets en triplas (729), asistencias (4.090), asistencias nunha tempada (808), roubos (876), triplos-dobres (49), e triplos-dobres nunha tempada (12, 2006–2007).[2][3]
- Jason Kidd é o único xogador da historia da NBA en conseguir máis de 700 asistencias e 500 rebotes nunha tempada sete veces. Magic Johnson e Oscar Robertson fixérono 6 veces.
- Nas finais da Conferencia Leste de 2002 contra os Boston Celtics, Kidd fixo 17,5 puntos, 11,2 rebotes, e 10,2 asistencias de media por encontro, converténdose nun dos dous únicos xogadores da historia da NBA en facer de media un triple-dobre nunha serie de play-offs de seis ou máis encontro (o outro é Magic Johnson). Kidd volveuno a facer na primeira rolda da Conferencia Leste de 2007 contra Toronto Raptors, facendo 14,0 points, 10,0 rebounds, e 13,2 asistencias por partido.
- É o segundo xogador da historia da NBA en ter unha media de triplo-dobre nunha postempada enteira. Kidd rematou con medias de 14,6 points, 10,9 rebounds e 10,9 asistencias en doce encontros durante os playoffs de 2007.
- O primeiro xogador fora Oscar Robertson que tivo unha media de 28,8 puntos, 11,0 asistencias e 11,0 rebounds en catro partidos na primeira rolda de 1962.
- Un dos tres xogadores en facer unha media de triple-dobre en múltiples series de playoffs, xunto con Magic Johnson e Wilt Chamberlain.
- Un dos tres xogadores en ter máis de 15.000 puntos e 10.000 asistencias na súa carreira.
- Cuarto xogador da historia da NBA en conseguir máis de 10.000 asistencias.
- Un dos únicos cinco xogadores da historia da NBa en liderar a clasificación de asistencias por partido en tres tempadas consecutivas (os outros son Bob Cousy, Oscar Robertson, John Stockton e Steve Nash).
- Un dos únicos cinco xogadores en ter unha media de tripla-dobre nas series de playoffs, xunto con Magic Johnson, Wilt Chamberlain, Oscar Robertson e Fat Lever.
- Un dos únicos tres xogadores (Fat Lever, Wilt Chamberlain) da historia da NBA en conseguir polo menos 15 puntos, 15 rebotes, e 15 asistencias nun encontro de playoffs.[4]
- Jason Kidd é o primeiro xogador en dez anos en conseguir un triple-dobre en tres partidos consecutivos, con 13 puntos, 12 asistencias, e 11 rebotes a 1 de agosto de 2008.
Historia da NBA [editar]
| Cadro de medallas | |||
|---|---|---|---|
| Baloncesto | |||
| Xogos Olímpicos | |||
| Ouro | Sidney 2000 | Estados Unidos | |
| Ouro | Pequín 2008 | Estados Unidos | |
| FIBA Americas Championship | |||
| Ouro | San Juan 1999 | Estados Unidos | |
| Ouro | San Juan 2003 | Estados Unidos | |
| Ouro | Las Vegas 2007 | Estados Unidos | |
- 2º en triplos-dobres en playoffs (11, a 30 de marzo de 2009)
- 2º en asistencias (10,694, a 20 de febreiro de 2010)
- 3º en triplos-dobres na liga regular (105, a 10 de abril de 2010)
- 3º en rebotes dun base ou escolta (7.811, a 31 de marzo de 2010)
- 4º en roubos (2.311, a 28 de febreiro de 2010)
- 5º en media de asistencias por encontro (9.2 a 20 de febreiro de 2010)
- 5º en triplas conseguidas (1.596 a 20 de febreiro de 2010)
- 15º en media de roubos por partido (1,98 a 20 de febreiro de 2010)
Outros [editar]
- Naismith High School Player of the Year en 1992
- Xogador do ano de instituto por USA Today e Parade en 1992
- Primeiro quinteto de All-American en Berkeley.
- Membro da selección de Estados Unidos de 2000 nos Xogos Olímpicos de Sidney.
- Membro da selección de Estados Unidos de 2003.
- Nomeado po USA Today no segundo quinteto de tódolos tempos de Estados Unidos en 2003.
- Portada do videoxogo NBA Live 2003.
- Dorsal número 5 retirado pola Universidade de California en 2004.
- Medalla de ouro coa selección de Estados Unidos no torneo das Américas de 2007.
- Nomeado por USA Basketball atleta masculino do ano de 2007.
- Medalla de ouro coa selección de Estados Unidos nos Xogos Olímpicos de 2008 en Pequín.
- Vixésimo oitavo mellor xogador da historia da NBA según a lista de 2009 de SLAM Magazine.
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Sitio web oficial
- Perfil en NBA.com
- Estatísticas de Jason Kidd
- Vídeo resumo dalgunhas das mellores xogadas de Kidd
|
|||||