Oklahoma City Thunder
| Oklahoma City Thunder | |
|---|---|
| Conferencia | Conferencia Oeste |
| División | División Noroeste |
| Fundado en | 1967 |
| Historia | Seattle SuperSonics 1967–2008 Oklahoma City Thunder 2008-presente |
| Pavillón | Chesapeake Energy Arena |
| Cidade | Oklahoma City, Oklahoma |
| Cores | Azul claro, laranxa, dourado, azul mariño e branco |
| Propietario(s) | Professional Basketball Club LLC |
| Mánager xeral | Sam Presti |
| Adestrador | Scott Brooks |
| Afiliado da D-League | Tulsa 66ers |
| Campionatos | 1 (1979) |
| Títulos de conferencia | 4 (1978, 1979, 1996, 2012) |
| Títulos de división | 9 (1979, 1994, 1996, 1997, 1998, 2005, 2011, 2012, 2013) |
| Web Oficial | thunder.com |
Os Oklahoma City Thunder son un equipo profesional de baloncesto da NBA. Teñen a sede en Oklahoma City, Oklahoma. É o equipo sucesor dos Seattle Supersonics.
Índice |
Historia da franquía [editar]
Creación dos Thunder [editar]
No período posterior ao Furacán Katrina en Nova Orleáns, Luisiana e en zonas circundantes, os New Orleans Hornets recolocáronse temporalmente en Oklahoma City, xogando a maioría dos seus partidos coma locais no Ford Center, nas tempadas 2005-06 e 2006-07. A cidade amosou que podía ter unha franquía da NBA, e o comisionado da NBA, David Stern, dixo que Oklahoma City podería ter una franquía propia.[2]
En 2006, os SuperSonics foron vendidos por 350 millóns de dólares a un grupo de investidores de Oklahoma City, liderados por Clay Bennett, un movemento aprobado polos donos da NBA en outubro.[3] Bennett pasou a maioría do ano 2007 intentando fundar un novo pavillón ou facer unha gran remodelación do KeyArena. Despois de 12 meses de desacordos cos gobernos locais e estatais e o equipo, Bennett anunciou a súa intención de levar a franquía a Oklahoma City tan cedo coma o contrato co KeyArena expirara.[4]
En xuño de 2008, un xuízo entre a cidade de Seattle e Bennett sobre os intentos de Bennett de non cumprir os últimos dous anos que os Sonics tiñan por contrato co KeyArena foi ás cortes federais, e preto dun mes máis tarde, as dúas partes chegaron a un acordo. Os propietarios acordaron deixar o nome dos SuperSonics, o logo e as cores en Seattle para unha posible franquía da NBA no futuro.[5] O 3 de setembro de 2008, o nome do equipo, o logo e as cores para a franquía de Oklahoma City foron anunciados.
Pavillóns [editar]
- Seattle Center Coliseum (1967-1978)
- The Kingdome (1978-1985)
- Seattle Center Coliseum (1985-1994)
- Tacoma Dome (durante a remodelación do KeyArena) (1994-1995)
- KeyArena (o antigo Seattle Center Coliseum) (1995-2008)
- Chesapeake Energy Arena (antes chamado Ford Center) (2008-presente)
Xogadores [editar]
Plantel actual [editar]
| Oklahoma City Thunder 2012-2013 | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| Xogadores | Adestradores | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
|
Cadro • Transaccións |
||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Números retirados [editar]
| Números retirados de Oklahoma City | |||
| Xogadores | |||
| No. | Xogador | Posición | Anos |
|---|---|---|---|
| 1 | Gus Williams | Base | 1977 - 1984 |
| 10 | Nate McMillan | Base | 1987 - 1998 |
| 19 | Lenny Wilkens | Base | 1969 - 1972 |
| 24 | Spencer Haywood | Alero | 1971 - 1975 |
| 32 | Fred Brown | Base/Escolta | 1971 - 1984 |
| 43 | Jack Sikma | Pívot | 1978 - 1986 |
| Adestradores | |||
| No. | Adestrador | Vitorias/Derrotas | Anos |
| 19 | Lenny Wilkens | 121-125 357-277 |
1969 - 1972 1978 - 1985 |
Membros do Basketball Hall of Fame [editar]
- Patrick Ewing: O ex-pívot de New York Knicks xogou nos Sonics durante a tempada 2000-01 da NBA.
- K.C. Jones: Tras ser incluído no Hall of Fame en 1989, Jones dirixiu aos Sonics en 1991 e 1992.
- Bill Russell: Despois de gañar 11 campionatos cos Boston Celtics coma xogador, Russell adestrou e liderou aos Sonics cara a súa primeira participación en playoffs en 1975 (estivo no equipo dende 1973 ata 1977).
- Lenny Wilkens: Xogou de base e máis tarde de adestrador-xogador. Entrou no Hall of Fame en dúas ocasións; coma xogador en 1989 e coma adestrador en 1998. Wilkens adestrou aos Sonics campións de 1979 e é o adestrador líder en victorias-derrotas da historia.
Galardóns individuais [editar]
Primeiro Equipo Defensivo da NBA
|
Primeiro Equipo de Rookies da NBA
Segundo Equipo de Rookies da NBA
|
Notas [editar]
- ↑ "Ford Center / Oklahoma City, Oklahoma". Arena Digest. 2008. http://www.arenadigest.com/visits/ford_center.htm. Consultado o 2008-05-05.
- ↑ "Stern: Oklahoma City top candidate if team moves". ESPN. 2005-11-09. http://sports.espn.go.com/nba/news/story?id=2219124. Consultado o 2008-07-19.
- ↑ "NBA approves sale of Sonics, Storm". ESPN. October 24, 2006. http://sports.espn.go.com/nba/news/story?id=2637335. Consultado o 2008-07-02.
- ↑ Johns, Greg (2007-11-02). "Bennett says Sonics going to Oklahoma". Seattle Post-Intelligencer. http://www.seattlepi.com/basketball/337871_arena03.html?source=mypi. Consultado o 2008-04-02.
- ↑ "SuperSonics, Seattle reach last-minute settlement". ESPN.com. http://sports.espn.go.com/nba/news/story?id=3471503. Consultado o 2008-07-02.
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Web oficial dos Thunder
- Oklahoma City Thunder @ Basketball-Reference.com
|
|||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||