Alexis Ajinça

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Alexis Ajinça
Pivote
Información persoal
Nacemento 6 de maio de 1988 (25 anos)
Flag of Rhône-Alpes.svg Saint-Étienne, Ródano-Alpes
Nacionalidade Francia Francia
Altura 2,13 m (7 ft 0 in)
Peso 100 kg (223 lb)
Información da carreira
Pre-draft club Hyères-Toulon LNB
NBA Draft 2008 / Rolda: 1 / Elección: 20

Escollido por Charlotte Bobcats

Carreira dende 2006
Historial de equipos
Pau-Orthez (2006–2007) LNB
Hyères-Toulon (2007–2008) LNB
Maine Red Claws (2009–2010) NBDL
Charlotte Bobcats (2008–2010)
Información en nba.com

Alexis Ajinça, nado o 6 de maio de 1988 en Saint-Étienne, Ródano-Alpes, é un xogador profesional de baloncesto francés que xoga nos Toronto Raptors da National Basketball Association dende 2008. Anteriormente fora o primeiro xogador non estadounidense seleccionado polos Charlotte Bobcats no Draft da NBA.

Índice

Traxectoria [editar]

Francia [editar]

Ajinça comezou xogando no ÉB Pau-Orthez na tempada 2006-07, onde disputou dous partidos, anotou dous puntos e capturou seis rebotes en 15 minutos de xogo. Tamén apareceu en dous encontros da Euroliga, aínda que a maior parte da tempada a pasou no Pau-Orthez Espoirs, equipo junior do Pau-Orthez. Alí promediou 12.5 puntos, 8 rebotes e 1.9 tapóns por partido. Na seguinte campaña a súa participación aumentou de maneira considerábel xogando no Hyères-Toulon. Promediou 5 puntos, 3.1 rebotes e 10.8 minutos en 24 partidos, anotando en dobres figuras en catro ocasións.

Selección nacional [editar]

Ajinça formou parte da selección francesa que gañou a medalla de bronce no Campionato do Mundo Sub-19 de 2007 celebrado en Novi Sad, Serbia, promediando 7.4 puntos, 5.6 rebotes e 2.7 tapóns por partido. Tamén conquistou a medalla de ouro no Campionato de Europa Sub-18 de 2006 en Grecia, con promedios de 6.9 puntos e 7.5 rebotes por encontro. En 2005 participou no Campionato de Europa Sub-18 e en 2004 no Campionato de Europa Sub-16.

NBA [editar]

No Draft da NBA de 2008 foi seleccionado polos Charlotte Bobcats na 20ª posición.[1] Na súa primeira tempada en Charlotte, xogou 31 partidos, 4 deles de titular, e fixo unha media de 2,3 puntos, 1,0 rebotes e 0,2 tapóns en tan só 5,9 minutos de xogo. O 13 de xullo de 2010 Ajinça foi traspasado aos Dallas Mavericks con Tyson Chandler por Erick Dampier, Matt Carroll, Eduardo Nájera e diñeiro.

Notas [editar]

  1. NBA.com Early Entry Candidates for 2008 NBA Draft (consultado en agosto de 2008)

Véxase tamén [editar]

Ligazóns externas [editar]