Avery Bradley
| Boston Celtics – No. 0 | |
| Base | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 26 de novembro de 1990 (22 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 1,91 m (6 ft 3 in) |
| Peso | 82 kg (180 lb) |
| Instituto | Findlay College |
| Información da carreira | |
| NBA Draft | 2010 / Rolda: 1 / Elección: 19
Escollido por Boston Celtics |
| Carreira | dende 2010 |
| Historial de equipos | |
| Boston Celtics (2010-presente) Hapoel Jerusalem BC (2011) |
|
| Información en nba.com | |
Avery Bradley Jr., nado o 22 de febreiro de 1990 na Base aérea de Castle, preto de Merced, California, é un xogador estadounidense de baloncesto profesional que xoga nos Boston Celtics da NBA.
Índice |
Traxectoria [editar]
Instituto [editar]
Bradley foi incluído como un dos mellores xogadores de instituto da nación da clase de 2009, no primeiro posto por ESPNU100,[1] no cuarto por Rivals.com,[2] e no quinto por Scout.com.[3] Bradley liderou ao Findlay College Prep ao campionato nacional de instituto ao derrotar na final á Oak Hill Academy por 56-53. Bradley xogou o McDonald's All-American Game de 2009 e gañou o concurso de mates do evento. Antes de ser trasladado ao Findlay Prep no seu segundo ano, Bradley asistiu durante tres anos ao Bellarmine Preparatory School, e xunto con Abdul Gaddy, liderou ao Bellarmine Prep á terceira praza no torneo estatal 4A WIAA.
Universidade [editar]
Bradley asistiu á Universidade de Texas en Austin.[4] Na súa única tempada, Bradley disputou os 34 partidos da tempada e fixo 11,6 puntos por partido.[5] Foi nomeado no mellor equipo de novatos do oeste da NCAA.
Profesional [editar]
Foi seleccionado na 19ª posición do Draft da NBA de 2010 por Boston Celtics, e o 2 de xullo de 2010 asinou o contrato de novato co equipo.[6]
En 2011, durante o lockout da NBA, xogou no Hapoel Jerusalem BC.[7] Voltou aos Celtics unha vez rematado o lockout. Ultimamente está sendo titular, promediando 6 puntos e 5 asistencias por partido. Estase a revelar como un serio candidato a obter o premio ao xogador con maior progresión.