Darrell Arthur
![]() |
|
| Memphis Grizzlies – No. 00 | |
| Ala-pivote | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 25 de marzo de 1988 (25 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,06 m (6 ft 9 in) |
| Peso | 104 kg (230 lb) |
| Salario | $1.050.480 |
| Información da carreira | |
| Universidade | Kansas |
| NBA Draft | 2008 / Rolda: 1 / Elección: 27
Escollido por New Orleans Hornets |
| Carreira | dende 2008 |
| Información en nba.com | |
Darrell Antwonne Arthur, nado o 25 de marzo de 1988 en Dallas (Texas), é un xogador de baloncesto estadounidense que dende a tempada 2008-09 pertence ao cadro de xogadores dos Memphis Grizzlies da National Basketball Association (NBA). Mide 2,06 metros de altura, e xoga na posición de ala-pivote. Foi campión da NCAA coa Universidade de Kansas en 2008. É curmán do aleiro Quinton Ross.[1]
Índice |
Traxectoria [editar]
Universidade [editar]
Xogou durante dúas tempadas cos Jayhawks da Universidade de Kansas. Na súa primeira tempada, xogando ao carón do que sería primeira rolda do Draft da NBA de 2007 Julian Wright, fixo 9,8 puntos e 4,7 rebotes en 19,0 minutos de xogo, sendo ademais o líder do equipo en tapóns, conseguindo 1,5 por partido. Foi elixido no mellor quinteto freshman da Big 12 Conference.
Na súa segunda e derradeira tempada foi o segundo máximo anotador do equipo (12,8 puntos por partido) e o segundo máximo reboteador (6,3), rematando na cuarta posición da Big-12 en porcentaxe de tiros de campo (54,3%). Chegou co seu equipo á final da NCAA, na cal erixiuse coma líder dos Jayhawks ante a Universidade de Memphis, conseguindo 20 puntos e 10 rebotes, anotando 9 de 13 en tiros de campo.[2] Foi elixido no mellor quinteto da Big 12. Durante a súa traxectoria en Kansas levou na camiseta o número 00 (dobre 0), que non levara ninguén dende Greg Ostertag. No total da súa traxectoria coma universitario fixo 11,3 puntos e 5,5 rebotes por partido, cunha porcentaxe de tiro do 54,1%.[3]
Selección nacional [editar]
Foi elixido para representar ao seu país coa selección dos Estados Unidos nos Campionatos do Mundo sub-19 celebrados en Novi Sad (Serbia), pero non puido xogar por unha rotura na súa perna esquerda.
Profesional [editar]
Foi elixido na vixesimo sétima posición do Draft da NBA de 2008 por New Orleans Hornets, pero foi inmediatamente traspasado aos Portland Trail Blazers a cambio de diñeiro, os cales o traspasaron á súa vez aos Houston Rockets a cambio dos dereitos do francés Nicolas Batum, elixido no posto 25. Pouco despois, os Rockets o traspasaron de novo, desta vez aos Memphis Grizzlies a cambio de Donte' Greene, elixido no mesmo draft no posto 28.[4] O 8 de xullo dese mesmo ano asinou un contrato polos Grizzlies.[5]
