Deron Washington
| Barak Netanya | |
| Aleiro | |
| Nacemento | 12 de decembro de 1985 (27 anos) |
|---|---|
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,00 m (6 ft 7 in) |
| Peso | 93 kg (205 lb) |
| Liga | Israeli Basketball Super League |
| Carreira | dende 2008 |
| Equipos |
|
Deron Washington, nado o 12 de decembro de 1985 en Nova Orleans (Luisiana, Estados Unidos), é un xogador de baloncesto estadounidense que xoga na posición de aleiro no Barak Netanya da Israeli Basketball Super League.
Índice |
Traxectoria deportiva [editar]
Universidade [editar]
Deron Washington xogou durante catro tempadas cos Hokies do Virginia Polytechnic Institute and State University, nas que promediou 11,0 puntos e 5,4 rebotes por partido.[1] Foi titular en 125 dos 128 partidos que desputou cos Hokies,[2] xogando o seu partido máis completo ante os Virginia Cavaliers, no que conseguiu 22 puntos, 10 rebotes, 3 asistencias e 2 tapóns.[3][4]
Profesional [editar]
Washington foi elixido no posto 59 do NBA Draft do 2008 polos Detroit Pistons,[5] mais quedou sen sitio no equipo, polo que decidiu aceptar a oferta do Hapoel Holon da Ligat ha'Al de Israel,[6] onde promediou 14,8 puntos e 7,0 rebotes por partido.[7]
Ao finalizar a tempada regresou aos Estados Unidos, desputando as ligas de verán cos Pistons e conseguindo un contrato parcialmente garantizado por dúas tempadas.[8] Mais, tras desputar a pretemporada co equipo, en outubro do 2009, os Pistons optaron por dar confianza ao veterano Chucky Atkins en detrimento de Washington, sendo despedido.[9]
O 5 de novembro do 2009 foi elixido na terceira posición do draft da D-League por Los Angeles D-Fenders,[10] sendo enviado en decembro dese mesmo ano aos Tulsa 66ers a cambio do aleiro Keith Clark[11] En Tulsa desputou un total de 41 partidos, finalizando a tempada cunha medias de 12,4 puntos, 4,7 rebotes e 1.8 asistencias por partido.[12]
En agosto do 2010 confirmouse o regreso do xogador a Europa tras asinar co Obradoiro CAB, que daquela xogaba na LEB Ouro española, onde ao tener condición de asimilado por estar casado cunha muller de nacionalidade alemá non ocupou praza de extranxeiro.[13]
Traxectoria deportiva [editar]
Hapoel Holon (2008-09)
Detroit Pistons (2009)
Los Angeles D-Fenders (2009)
Tulsa 66ers (2009-2010)
Obradoiro CAB (2010-2012)
Barak Netanya (2012-presente)
Palmarés [editar]
Obradoiro CAB [editar]
- 1 Copa Príncipe: 2010-11
- 1 Copa Galiza: 2010-11
Notas [editar]
- ↑ thedraftreview.com Ficha de Washington en TDR
- ↑ NBA.com After a European stint, Pistons see NBA future for athletic Washington
- ↑ techhoops.com Tech Hoops. 13 Deron Washington
- ↑ youtube.com Virginia Tech-UVa Basketball 2.10.07 | 1st Half
- ↑ thedraftreview.com 2008 NBA Draft
- ↑ detroitbadboys.com Deron Washington will play in Israel
- ↑ usbasket.com Deron Washington Basketball Player Profile, stats, biography, career
- ↑ detroitbadboys.com Report: Deron Washington gets a guaranteed deal
- ↑ NBA.com Pistons Waive Deron Washington
- ↑ 2009-10 NBA D-League Draft Recap: D-Fenders
- ↑ NBA.com TULSA 66ERS ACQUIRE FORWARD DERON WASHINGTON
- ↑ solobasket.com Obradoiro se sube al carro de los favoritos por el ascenso con Bernard Hopkins y Deron Washington publicado o 19 de agosto do 2010
- ↑ elcorreogallego.es Deron Washington ya es jugador del Obradoiro
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha de Washington en NBA.com
- Ficha de Washington en Basketpedya.com
- Estatísticas de Washington na NCAA
- Xogadas Deron Washington Obradoiro CAB
|
||||||||