Draymond Green

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Draymond Green
Draymond Green at Warriors open practice.jpg
Golden State Warriors – No. 23
Aleiro
Información persoal
Nacemento 4 de marzo de 1990 (24 anos)
Flag of Michigan.svg Saginaw, Míchigan
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 2,01 m (6 ft 7 in)
Peso 104 kg (230 lb)
Instituto Saginaw HS
Información da carreira
Universidade Michigan State (2008−2012)
NBA Draft 2012 / Rolda: 2 / Elección: 35

Escollido por Golden State Warriors

Carreira dende 2012
Historial de equipos
Golden State Warriors (2012-presente)
Información en nba.com

Draymond Jamal Green, nado o 4 de marzo de 1990 en Saginaw, Míchigan, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Golden State Warriors da National Basketball Association (NBA).

Traxectoria profesional[editar | editar a fonte]

Golden State Warriors (2012-presente)[editar | editar a fonte]

Tempada 2012-2013[editar | editar a fonte]

Green foi seleccionado na 35ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Golden State Warriors, e asinou con eles un contrato de tres anos e 2.6 millóns de dólares. No primeiro partido da tempada, o 31 de outubro contra os Phoenix Suns, Green xogou un minuto, capturando un rebote defensivo e facendo unha falta.[1] Co paso dos partidos, foi aumentando o número de minutos de xogo, especialmente coas lesións de Brandon Rush e Richard Jefferson.[2] Green anotou o primeiro punto da súa carreira profesional ó anotar un tiro libre contra os Los Angeles Lakers, na derrota de Golden State por 101-77, o 9 de novembro de 2012.

Tras xogar uns poucos minutos ó comezo da tempada, a mediados de novembro Green tivo preto de 17 minutos por partido en 5 encontros.[3] O 12 de decembro de 2012, Green anotou a bandexa gañadora a 0.9 segundos do remate do partido na vitoria dos Warriors por 97-95 contra os campións da tempada anterior Miami Heat.[4][5]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Draymond Green game log, 2012-2013". ESPN. http://espn.go.com/nba/player/gamelog/_/id/6589/year/2013/draymond-green. Consultado o 1 de xaneiro de 2013.
  2. Simmons, Rusty (10 de decembro de 2012). "Warriors' Green makes big contribution". San Francisco Chronicle. http://www.sfgate.com/warriors/article/Warriors-Green-makes-big-contribution-4103788.php. Consultado o 1 de xaneiro de 2013.
  3. Thompson, Marcus II (23 de novembro de 2012). "Warriors rookie Draymond Green earning more minutes". The Oakland Tribune. Arquivado do orixinal o 1 de xaneiro de 2013. http://www.webcitation.org/6DMiya0Dp.
  4. Associated Press. "Draymond Green's layup with 0.9 seconds left lifts Warriors past Heat". ESPN. http://espn.go.com/nba/recap?gameId=400278034. Consultado o 12 de decembro de 2012.
  5. NBA (12 de decembro de 2012). "Draymond Green Helps the Warriors Sink the Heat". Youtube. http://www.youtube.com/watch?v=DD63brzGdrg. Consultado o 2 de xaneiro de 2013.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]