Nicolas Batum
| SLUC Nancy – No. 88 | |
| Aleiro | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 14 de decembro de 1988 (24 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,03 m (6 ft 8 in) |
| Peso | 91 kg (200 lb) |
| Salario | $1.196.760 |
| Información da carreira | |
| Pre-draft club | Le Mans Sarthe Basket LNB |
| NBA Draft | 2008 / Rolda: 1 / Elección: 25
Escollido por Houston Rockets |
| Carreira | dende 2006 |
| Historial de equipos | |
| Información en nba.com | |
Nicolas Batum, nado o 14 de decembro de 1988 en Lisieux, Baixa Normandía, é un xogador profesional de baloncesto francés, que xoga no SLUC Nancy da Ligue Nationale de Basketball de Francia. Mide 2,03 metros e xoga na posición de aleiro. Está considerado coma un dos mozos baloncestistas europeos con máis talento.[1] Foi elixido MVP no Torneo Albert Schweitzer sub-18 disputado en Mannheim en 2006.
Índice |
Traxectoria [editar]
Categorías inferiores de Francia [editar]
Foi internacional coa selección francesa nas categorías sub-16 e sub-18, gañando con esta última o premio ao mellor xogador do campionato.
Liga francesa [editar]
Pasou a pertencer ás categorías inferiores do Le Mans S.B. da liga francesa en 2003, debutando no primeiro equipo na tempada 2006-07, facendo 5 puntos e 2,8 rebotes por partido, mellorando considerablemente ao ano seguinte, cando logrou 12,3 puntos e 5 rebotes.[2]
NBA [editar]
Foi elixido na vixésimo quinta posición do Draft da NBA de 2008 polos Houston Rockets, pero os seus dereitos foron traspasados aos Portland Trail Blazers a cambio dos de Darrell Arthur e Joey Dorsey, equipo co que asinou en xullo de 2008. Nos cinco partidos que disputou na Liga de Verán celebrada en Las Vegas, conseguiu unhas medias de 6,8 puntos, 4,6 rebotes e 1,2 asistencias por partido.[3]
En agosto de 2011, durante o lockout da NBA dese mesmo ano, asinou un contrato dun ano polo SLUC Nancy da liga francesa, válido ata o remate do lockout.[4][5]