Brook Lopez
| Brooklyn Nets – No. 11 | |
| Pivote | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 1 de abril de 1988 (25 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 2,13 m (7 ft 0 in) |
| Peso | 120 kg (260 lb) |
| Instituto | San Joaquin, Fresno |
| Información da carreira | |
| Universidade | Stanford |
| NBA Draft | 2008 / Rolda: 1 / Elección: 10
Escollido por New Jersey Nets |
| Carreira | dende 2008 |
| Historial de equipos | |
| New Jersey / Brooklyn Nets (2008-presente) | |
| Premios e galardóns | |
| NBA All-Star (2013) 1º Equipo de Rookies NBA (2009) |
|
| Información en nba.com | |
Brook Lopez, nado o 1 de abril de 1988 en Val de San Fernando, California, é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que dende a tempada 2008-09 pertence ao cadro de xogadores dos Brooklyn Nets da National Basketball Association (NBA). Mide 2,13 metros e xoga na posición de pivote.
É irmán xemelgo de Robin Lopez, elixido polos Phoenix Suns no mesmo draft. Ambos os dous son fillos dun emigrante cubano, Heriberto Lopez, e da estadounidense Deborah Ledford, que foi olímpica en natación.[1]
Índice |
Traxectoria [editar]
Universidade [editar]
Xogou durante dúas tempadas xunto co seu irmán cos Cardinals da Universidade de Stanford. Na súa primeira tempada fixo 12,6 puntos, 6,0 rebotes e 1,7 tapóns, o que lle valeu para ser incluído no mellor quinteto de novatos da Pacific Ten Conference. Na súa segunda tempada liderou ao seu equipo en puntos (19,3 por partido), e rebotes (8,2), sendo o terceiro da liga en tapóns (2,1). En marzo de 2008, tanto el coma o seu irmán anunciaron a súa intención de presentarse ao Draft da NBA.[2] No total da súa traxectoria universitaria fixo 16,0 puntos e 7,1 rebotes por partido.[3]
Profesional [editar]
Foi elixido na décima posición da primeira rolda do Draft da NBA de 2008 polos New Jersey Nets, equipo polo que asinou contrato por dúas tempadas, con opción a outras dúas, por 1,7 e 1,8 millóns de dólares respetivamente as dúas primeiras campañas.[4] Na súa primeira campaña na liga disputou o Rookie Challenge e foi incluído no mellor quinteto de rookies da liga tras facer 13 puntos, 8.1 rebotes e 1.9 tapóns, xogando os 82 partidos de liga regular. Rematou terceiro na votación do Rookie do ano da NBA.
Notas [editar]
Véxase tamén [editar]
Outros artigos [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Ficha de Lopez en NBA.com
- Estatísticas de Brook Lopez
- Perfil de Lopez en Draftexpress.com
- Análise de Brook Lopez de NBA TV en YouTube.com
|
||||||||