Kevin Durant

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Kevin Durant
Kevin Durant.jpg
Oklahoma City Thunder – No. 35
Aleiro
Información persoal
Nacemento 29 de setembro de 1988 (25 anos)
Flag of Washington, D.C..svg Washington, D.C.
Nacionalidade Flag of the United States.svg Estados Unidos
Altura 2,06 m (6 ft 9 in)
Peso 107 kg (235 lb)
Salario $17.548.838 (2012-13)
Información da carreira
Universidade Texas
NBA Draft 2007 / Rolda: 1 / Elección: 2

Escollido por Seattle SuperSonics

Carreira dende 2007
Historial de equipos
Seattle SuperSonics/Oklahoma City Thunder (2007-presente)
Premios e galardóns
MVP da NBA (2014)
Rookie do ano (2008)
Primeiro Equipo All-NBA (20102013)
NBA All-Star (20102013)
MVP do All-Star (2012)
Máximo anotador (2010, 2011, 2012)
1× Mundial da FIBA (2010)
1× MVP Mundial da FIBA (2010)
Información en nba.com

Kevin Wayne Durant, nado o 29 de setembro de 1988 en Washington, D.C., é un xogador profesional de baloncesto estadounidense que actualmente xoga para os Oklahoma City Thunder da National Basketball Association (NBA). Aleiro cunha alzada de 2,06 metros, antes da súa chegada á máxima competición do baloncesto norteamericano, Durant gañou multitude premios que o acreditaban como un dos mellores xogadores de instituto e universitarios do país.

Posteriormente Durant optou por presentarse ao Draft da NBA, sendo seleccionado na segunda posición polos Seattle SuperSonics. Na súa primeira tempada gañou o premio ao Mellor Novato da competición, este bo rendemento levouno en 2007 a asinar un contrato coa compañía deportiva Nike. Na tempada 2009-10, cunha media de 30,1 puntos por encontro, sendo o xogador máis novo en conseguilo, entrando tamén no quinteto ideal da liga, ao ano seguinte repetiría os logros. Outro éxitos destacados polo momento na súa carreira son o Mundial de Baloncesto de 2010, onde foi nomeado mellor xogador do torneo, e o MVP do All-Star Game 2012 en Orlando, Florida.

Carreira[editar | editar a fonte]

Instituto[editar | editar a fonte]

Durant comezou xogando ao baloncesto no equipo PG Jaguars, gañando múltiples campionatos nacionais e compartindo vestiario con Michael Beasley (Kansas State) e Chris Braswell (Georgetown), futuros rivais na NCAA. Durante este tempo Durant tamén xogou no equipo de baloncesto da Oak Hill Academy, gañando o campionato nacional USA Today de 2005. Na tempada 2005-06 foi transferido baixo o director técnico Stu Vetter en Montrose Christian School en Rockville, Maryland. Alí, Durant liderou ao equipo en anotación e foi nomeado baloncestista masculino do ano 2006 por The Washington Post. Tamén disputou o McDonald's All American e foi elixido co-MVP con Chase Budinger. Tras deixar a secundaria, Durant estaba considerado o mellor xogador de instituto da clase de 2006 xunto con Greg Oden.

Universidade[editar | editar a fonte]

Durant, na súa etapa universitaria.

Na súa única tempada na Universidade de Texas, Durant fixo unha media de 25,8 puntos e 11,1 rebotes por partido, mentres que na Big 12 Conference achegou 28,9 puntos e 12,5 rebotes. A súa marca persoal de puntos nun encontro é de 37, conseguidos en catro ocasións. Durant realizou 20 partidos con 30 ou máis puntos na súa estatística, incluíndo unha derrota ante Kansas Jayhawks en tempada regular polo título de conferencia.

En marzo de 2007 foi nomeado xogador do ano da División I pola NABC, recibiu o Oscar Robertson Trophy e o Adolph F. Rupp Trophy, converténdose así no primeiro "freshman" en gañar todos eses trofeos. O 30 de marzo de 2007, foi nomeado xogador universitario do ano, sendo con iso o primeiro freshman e atleta de Texas en logralo dende a súa inclusión en 1961. O 1 de abril de 2007 recibiu o Naismith Award e seis días máis tarde o John R. Wooden Award. A finais de febreiro de 2007, Durant recibiu unha invitación de USA Basketball para adestrar coa selección, converténdose no segundo freshman en conseguilo detrás de Greg Oden.

NBA[editar | editar a fonte]

O 28 de xuño de 2007 foi seleccionado na segunda posición do Draft de 2007 por Seattle SuperSonics. Na súa primeira tempada, Durant fixo unha media de 20,3 puntos por partido, liderando aos Sonics neste apartado, 4,4 rebotes e 2,4 asistencias, conseguindo ser así o Rookie do Ano por diante de Al Horford, de Atlanta Hawks. Participou no Rookie Challenge do All-Star Weekend de 2008, celebrado en Nova Orleans, anotando 23 puntos e capturando 8 rebotes, con todo os rookies perderon ante os sophomores por 136-109. Antes de comezar a |tempada 2008-09 o equipo trasladouse a Oklahoma City, converténdose nos Oklahoma City Thunder. Durant mostrou unha gran melloría no seu xogo, sendo xa declarado líder indiscutible do seu equipo. Volveu liderar ao equipo en anotación, conseguindo 25,3 puntos por noite. Tamén fixo 6,5 rebotes por partido. Volveu disputar o Rookie Challenge, esta vez cos Sophomores. Foi proclamado MVP do partido tras anotar 46 puntos (marca de anotación no partido de novatos) e capturar 7 rebotes.

A tempada 2009-10 foi a da súa confirmación como un dos mellores xogadores da liga. Fixo unha media de 30,1 puntos por partido, conseguindo o seu primeiro título de máximo anotador da tempada, e 7,6 rebotes, liderando aos Thunder neste apartado. Participou no seu primeiro All-Star Game, celebrado en Dallas, conseguindo 15 puntos e 5 rebotes. A súa gran tempada permitiulle finalizar segundo na votación polo MVP, só superado por LeBron James. Tamén foi elixido no primeiro equipo da NBA.

Na tempada 2011-2012, foi convocado para participar no seu terceiro All-Star Game, sendo elixido o MVP do partido e cumprindo unha boa actuación, a prensa catalogouno así; "Kevin Durant arrebatoulle o galardón a LeBron James ao mellor actor cun partidazo no que finalizou con 36 puntos", a só seis da marca de Wilt Chamberlain nun All Star. O seu dorsal co número 35 débese ao seu adestrador do Instituto, quen morreu a esa idade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]