Nenê

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Nenê
Posición Ala-pivote / Pivote
Información persoal
Nacemento 13 de setembro de 1982 (41 anos)
São Carlos, SP
Nacionalidade Brasil
Altura 2,11 m (6 ft 11 in)
Peso oficial 113 kg (250 lb)
Información da carreira
Pre-draft club CR Vasco da Gama
NBA Draft 2002 / Rolda: 1 / Elección: 7
Por New York Knicks
Carreira dende 2000
Historial de equipos
CR Vasco da Gama (2000–2002) (Brasil)
Denver Nuggets (2002–2012)
Washington Wizards (2012–2016)
Houston Rockets (2016–2020)

Maybyner Rodney Hilario, coñecido como Nenê, nado en São Carlos (São Paulo) o 13 de setembro de 1982, é un xogador profesional brasileiro de baloncesto. Cunha altura de 2,11 metros pode xogar tanto de ala-pivote como de pivote.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Nado en São Carlos, recibiu o alcume de Nenê debido a que era o máis novo na súa familia e no seu grupo de amigos. Como a maioría de xoves brasileiros, comezou xogando ao fútbol e incluso varios clubs profesionais amosaron interese nel. Ata os 14 anos non comezou a xogar ao baloncesto, aprendendo rapidamente as destrezas.

Debutou coa selección do Brasil nos Goodwill Games de 2001, conseguindo a medalla de bronce. Antes de dar o salto á NBA, xogou no Vasco da Gama, onde na tempada 2000-01 fixo 7,9 puntos e 5,9 rebotes en 20 minutos de xogo. Á tempada seguinte incrementou os seus números, con 13,2 puntos e 10,1 rebotes en 30 minutos.

NBA[editar | editar a fonte]

Os New York Knicks seleccionárono no 7º posto do Draft da NBA de 2002, inda que inmediatamente traspasárono aos Denver Nuggets. Comezou coma suplente no seu primeiro ano na liga, pero finalmente rematou de titular. As súas medias foron de 10,5 puntos e 6,1 rebotes, e foi seleccionado no mellor quinteto de rookies da campaña.

O 1 de novembro de 2005 ante San Antonio Spurs, no primeiro partido da tempada, Nenê mancouse o xeonllo e tivo que perderse o resto da campaña, xogando na mesma soamente 3 minutos. A tempada 2006-07 pódese dicir que foi a da súa consagración na liga, axudando a uns Nuggets liderados por Carmelo Anthony e Allen Iverson a meterse nos playoffs cun fin de tempada excelente. En 64 partidos, fixo 12,2 puntos e 7 rebotes.

O 15 de marzo de 2012, foi traspasado aos Washington Wizards, nun traspaso a tres bandas entre os Wizards, os Los Angeles Clippers e os Denver Nuggets.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]