Andre Iguodala
| Denver Nuggets – No. 9 | |
| Aleiro / Escolta | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 28 de xaneiro de 1984 (29 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 1,98 m (6 ft 6 in) |
| Peso | 94 kg (207 lb) |
| Instituto | Lanphier |
| Información da carreira | |
| Universidade | Arizona (2002–2004) |
| NBA Draft | 2004 / Rolda: 1 / Elección: 9
Escollido por Philadelphia 76ers |
| Carreira | dende 2004 |
| Historial de equipos | |
| Philadelphia 76ers (2004-2012) Denver Nuggets (2012-presente) |
|
| Premios e galardóns | |
| 1× NBA All-Star (2012) 2º Equipo Defensivo da NBA (2011) MVP do Rookie Challenge (2006) 1º Equipo de Rookies NBA (2005) |
|
| Información en nba.com | |
Andre Tyler Iguodala, nado o 28 de xaneiro de 1984 en Springfield (Illinois), é un xogador de baloncesto estadounidense que milita nos Denver Nuggets da National Basketball Association (NBA). Iguodala tamén é coñecido polos alcumes Iggy ou "O outro AI" (aclarando este último ao dicir que AI son tamén as inicias de Allen Iverson).
Índice |
Traxectoria[editar]
Inicios[editar]
Xogou para o seu instituto, Lanphier HS (Illinois), onde firmou medias de 23,5 puntos, 7,9 rebotes e 4,2 asistencias por partido. Estes números outorgáronlle a mención do Chicago Sun-Times Player of the Year.
Iguodala estivo na Universidade de Arizona durante dúas temporadas, anotando 594 puntos totais, 409 rebotes e 95 roubos nos 62 partidos, sendo titular en 34 deles. As súas medias universitarios foron de 9.6 puntos, 6.6 rebotes e 1.53 roubos por encontro.
NBA[editar]
Philadelphia 76ers (2004-2012)[editar]
Iguodala, que pode xogar tanto de escolta tomo de aleiro, mide 1,98 metros de altura e pesa 94 quilos. Chagou á NBA mediante o Draft, resultando a novena elección do Draft da NBA de 2004, dende a Universidade de Arizona. No seu primeiro ano na liga, chegou a ser un gran xogador, terminando o ano dentro do mellor quinteto de Rookies e xogando no Rookie Challenge como titular. Nesas mesmas fechas, o xogador trocou o seu dorsal, que ata agora fora o 4, polo número 9; outorgándolle o anterior a Chris Webber. Posteriormente o mesmo Webber deu a coñecer que anteriormente lle regalara un Rolex a Iguodala para que el lle dese o número.
Na temporada 2004-2005 foi o único rookie en conseguir un triplo-dobre, así como o único que disputou os 82 partidos de liga regular como titular (máis 5 de Playoffs). Ao ano seguinte, o que ata agora fora o seu compañeiro de equipo, Allen Iverson, abandonou aos Sixers, e Iguodala tomou máis importancia. Iverson volveu á franquía no 2009, e Iguodala xa era un dos líderes do conxunto, con unha alta capacidade atlética para facer mates e un impoñente físico.
Ao seguinte ano, 2010, a ausencia de estrelas de cara ao Mundial de Turquía fixo que USA Basketball chamase á súa porta. Iguodala incorporouse ás filas da selección estadounidense para acudir ao Mundial, onde resultaron imbatidos nos partidos previos ás eliminatorias.
Foi elixido por primeira vez para xogar o All-Star Game da NBA no ano 2012.[1]
Denver Nuggets (2012-presente)[editar]
O 10 de agosto de 2012, Iguodala foi traspasado ós Denver Nuggets nun traspaso entre os Sixers, os Los Angeles Lakers, os Nuggets, e os Orlando Magic. Outros dos xogadores traspasados foron os All-Stars Dwight Howard e Andrew Bynum.
Estatísticas NBA[editar]
Tempada regular[editar]
| Ano | Equipo | PX | PT | MPP | %TC | %3P | %TL | RPP | APP | ROU | TPP | PPP |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2004–05 | Philadelphia | 82 | 82 | 32.8 | .493 | .331 | .743 | 5.7 | 3.0 | 1.7 | 0.6 | 9.0 |
| 2005–06 | Philadelphia | 82 | 82 | 37.6 | .500 | .354 | .754 | 5.9 | 3.1 | 1.6 | 0.3 | 12.3 |
| 2006–07 | Philadelphia | 76 | 76 | 40.3 | .447 | .310 | .820 | 5.7 | 5.7 | 2.0 | 0.4 | 18.2 |
| 2007–08 | Philadelphia | 82 | 82 | 39.5 | .456 | .329 | .721 | 5.4 | 4.8 | 2.1 | 0.6 | 19.9 |
| 2008–09 | Philadelphia | 82 | 82 | 39.9 | .473 | .307 | .724 | 5.7 | 5.3 | 1.6 | 0.4 | 18.8 |
| 2009–10 | Philadelphia | 82 | 82 | 38.9 | .443 | .310 | .733 | 6.5 | 5.8 | 1.7 | 0.7 | 17.1 |
| 2010–11 | Philadelphia | 67 | 67 | 36.9 | .445 | .337 | .693 | 5.8 | 6.3 | 1.5 | 0.6 | 14.1 |
| 2011–12 | Philadelphia | 62 | 62 | 35.6 | .454 | .394 | .617 | 6.1 | 5.5 | 1.7 | 0.5 | 15.3 |
| Total | 615 | 615 | 37.7 | .461 | .331 | .737 | 5.8 | 4.9 | 1.8 | 0.5 | 15.3 |
Playoffs[editar]
| Año | Equipo | PJ | PT | MPP | %TC | %3P | %TL | RPP | APP | ROB | TPP | PPP |
|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 2005 | Philadelphia | 5 | 5 | 38.4 | .465 | .333 | .500 | 4.6 | 3.0 | 2.8 | 1.0 | 9.8 |
| 2008 | Philadelphia | 6 | 6 | 39.0 | .333 | .143 | .721 | 4.8 | 5.0 | 2.2 | 0.2 | 13.2 |
| 2009 | Philadelphia | 6 | 6 | 44.8 | .449 | .393 | .652 | 6.3 | 6.7 | 1.8 | 0.0 | 21.5 |
| 2011 | Philadelphia | 5 | 5 | 36.4 | .423 | .214 | .714 | 7.0 | 6.8 | 1.0 | 0.4 | 11.4 |
| 2012 | Philadelphia | 13 | 13 | 38.8 | .384 | .388 | .589 | 5.7 | 3.7 | 1.5 | 0.4 | 12.9 |
| Total | 35 | 35 | 39.5 | .404 | .333 | .643 | 5.7 | 4.8 | 1.8 | 0.4 | 13.8 |
Palmarés[editar]
Consideracións personais[editar]
- Eleccións All-Star: 2012
- Integrante do NBA All-Rookie (primer equipo) na temporada 2003-2004.
- Elixido no equipo dos Rookies para o partido contra os Sophomores do Rookie Challenge de 2005 en Denver.
- Elixido no equipo dos Sophomores para o partido contra os Rookies do Rookie Challenge de 2006 en Houston, elixido MVP pola súa excelente actuación (30 punt. 4 rob. 3 asist. en 12 min.)
Notas[editar]
Véxase tamén[editar]
Ligazóns externas[editar]
- Perfil en NBA.com (en inglés)
|
||||||||