Dion Waiters
| Cleveland Cavaliers – No. 3 | |
| Base / Escolta | |
| Información persoal | |
|---|---|
| Nacemento | 1 de decembro de 1991 (21 anos) |
| Nacionalidade | |
| Altura | 1,93 m (6 ft 4 in) |
| Peso | 100 kg (220 lb) |
| Instituto | Life Center Academy Burlington, Nova Jersey |
| Información da carreira | |
| Universidade | Syracuse (2010–2012) |
| NBA Draft | 2012 / Rolda: 1 / Elección: 4
Escollido por Cleveland Cavaliers |
| Carreira | dende 2012 |
| Historial de equipos | |
| Cleveland Cavaliers (2012-presente) | |
| Información en nba.com | |
Dion Waiters, nado o 1 de decembro de 1991 en Filadelfia, Pensilvania, é un xogador americano de baloncesto profesional que xoga nos Cleveland Cavaliers da National Basketball Association (NBA).
Índice |
Instituto [editar]
Waiters matriculouse no Bartram High School, pero trasladouse ó sur no seu primeiro ano. Non xogou ó baloncesto en ningún dos dous institutos. No seu segundo ano de instituto, Waiters foi ao South Kent School, onde si que xogou ó baloncesto na Life Center Academy. Tras o seu derradeiro ano de instituto, Waiters foi clasificado coma o 15º mellor xogador segundo ESPNU, e coma o 29º en Rivals.com.
Traxectoria universitaria [editar]
Na súa primeira tempada en Syracuse, Waiters fixo 6.6 puntos, 1.5 asistencias e 1.6 rebotes por partido.[1] Na derrota en segunda rolda contra Marquette no Torneo da NCAA, Waiters anotou 18 puntos, con 8 de 10 tiros de campo anotados.[2]
Na tempada coma sophomore, Waiters aumentou os seus números ata 12.6 puntos, 2.5 asistencias e 2.3 rebotes por partido.[1] Ademais foi incluído coma mención especial no equipo All-American Associated Press da tempada 2011-12.[3]
Traxectoria profesional [editar]
O 28 de xuño de 2012, Waiters foi elixido na 4ª posición do Draft da NBA de 2012 polos Cleveland Cavaliers.
Notas [editar]
- ↑ 1,0 1,1 "Dion Waiters Stats". espn.go.com. http://espn.go.com/mens-college-basketball/player/_/id/51344/dion-waiters. Consultado o 19 de xuño de 2012.
- ↑ "Dion Waiters profile". syracuseathletics.com. http://www.suathletics.com/roster.aspx?rp_id=7773&path=mbasket. Consultado o 19 de xuño de 2012.
- ↑ "Lamb named AP Honorable Mention All-America". uconnhuskies.com. http://www.uconnhuskies.com/sports/m-baskbl/spec-rel/032712aab.html. Consultado o 19 de xuño de 2012.