George Washington

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
George Washington
George Washington
George Washington

30 de abril de 1789 – 4 de marzo de 1797
Vicepresidente John Adams
Sucedido por John Adams

15 de xuño de 1775 – 23 de decembro de 1783
Precedido por ningún
Sucedido por John Adams

Datos persoais
Nacemento 22 de febreiro de 1732 Condado de Westmoreland, Colonia de Virginia, América Británica
Falecemento 14 de decembro de 1799 (67 anos)
Mount Vernon, Flag of the United States.svg Estados Unidos
Partido Republicano
Cónxuxe Martha Dandridge Custis
Profesión Granxeiro e militar
Relixión Anglicana/Episcopal
Este artigo trata sobre o primeiro Presidente dos Estados Unidos, para o artigo sobre o inventor véxase George Washington (inventor).
Washington cruza o Delaware.

George Washington, nado en Wakefield (condado de Westmoreland, Virxinia) en 1732 e finado en Mount Vernon en 1799, foi o primeiro presidente dos Estados Unidos e heroe da independencia.

Traxectoria [editar]

Washington era un rico cultivador de tabaco e enxeñeiro agrónomo. Serviu como oficial de milicias na guerra franco-india -contra os franceses- e dirixiu o ataque contra Fort Duquesne en 1758. Xurdidas as diferenzas coa metrópole (Inglaterra, o rei Xurxo III subira aínda máis os impostos), propugnou a desobediencia civil primeiro e a emancipación despois.

O Congreso de Filadelfia nomeouno xeneral en xefe do Exército Continental. Venceu aos xenerais ingleses: Clinton, Cornwallis, Bourgoyne e Howe. Finalmente, en 1783, Inglaterra recoñeceu á Unión de Estados como novo país. En 1789, tras as primeiras eleccións, Washington gañou e foi nomeado presidente. En 1793 foi reelixido. Tras o seu segundo mandato retirouse á vida privada en Mount Vernon.

O seu goberno sentou as bases políticas e xurídicas do seu país e mostrouse contrario a toda intervención en Europa.

Un estado e a cidade capital daquel país levan o seu nome coma homenaxe.


Predecesor:
ninguén
(Guerra de Independencia Americana)
USPresidentialSeal.jpg
Presidente dos Estados Unidos de América

1789 - 1797
Sucesor:
John Adams

Véxase tamén [editar]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia sobre:

Outros artigos [editar]