Artigos da Confederación

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Os Artigos da Confederación

Os Artigos da Confederación e a Unión Perpetua, coñecidos como os Artigos da Confederación, constituíron o primeiro documento de goberno dos Estados Unidos de América. Foron aprobadas polo segundo Congreso Continental o 15 de novembro de 1777, logo de varios meses de debate. Foi unha directriz non obrigatoria ata a súa ratificación catro anos despois, o 1 de marzo de 1781. Os Artigos da Confederación son considerados un dos catro documentos fundadores da nación norteamericana.

Os Artigos formaron unha confederación débil que unía ás Trece Colonias británicas norteamericanas, coa capacidade de gobernarse case soamente en tempos de guerra e urxencias. Tras o fin da Guerra de Independencia e o comezo de novas prioridades, as súas limitacións fixéronse evidentes. Este documento foi substituído pola Constitución dos Estados Unidos de América logo da súa ratificación o 21 de xuño de 1788.

Ratificación dos Artigos da Confederación[editar | editar a fonte]

O Congreso buscou a ratificación dos Artigos que aprobara desde 1777, para que cada estado "... revisáseo candidamente baixo a perspectiva da dificultade de combinar nun sistema xeral os diversos sentimentos e intereses dun continente dividido en tantas comunidades soberanas e independentes, e baixo a convicción da necesidade absoluta de unir tódolos nosos consellos e toda a nosa forza para manter e defender as nosas liberdades comúns..."[1]

Este documento, con todo, non sería efectivo sen a ratificación dos trece estados. O primeiro estado en ratificalo foi Carolina do Sur, o 5 de febreiro de 1778. O proceso alargouse 3 anos máis xa que algúns estados negábanse a renunciar ás súas reclamacións territoriais cara ao oeste. Maryland foi o último estado en facelo, xa que se negaba a unirse se Virxinia e Nova York non renunciaban ás súas reclamacións territoriais do val do río Ohio. Finalmente, Maryland ratificou o documento o 1 de marzo de 1781.

Os Artigos[editar | editar a fonte]

O documento consistía en 12 artigos, unha conclusión e unha sección para as firmas.

  1. Establece o nome da confederación en "Os Estados Unidos de América".
  2. Explica os dereitos de cada un dos estados e o poder do que gozan.
  3. Establece os Estados Unidos como unha liga de estados unidos para "... a súa defensa mutua, a seguridade das súas liberdades e o seu benestar mutuo e xeral, enlazándoos para darse apoio o un ao outro e contra toda forza ... e ataques deles..."
  4. Establece a liberdade de movemento: todo o mundo é libre de transitar polos estados, salvo os "indixentes, vagabundos e fuxitivos da xustiza". Tódalas persoas gozan dos dereitos que lles outorgue cada estado en que se atopen. Se se comete un delito nun estado e o autor foxe cara a outro estado, será extraditado e será xulgado no estado onde se cometeu o delito.
  5. Asigna un voto no Congreso da Confederación (chamado "Estados Unidos Reunidos en Congreso") a cada estado e unha delegación entre dous e sete membros. Os membros do Congreso eran designados polos órganos lexislativos locais; os membros non podían ocupar o cargo por máis de tres de cada seis anos.
  6. Limita os poderes do goberno central a dirixir as relacións exteriores e declarar a guerra.
  7. Se un exército créase para defender a Confederación, os coroneis e os rangos militares baixo o coronel serán nomeados polos congresos locais.
  8. Os gastos dos Estados Unidos serán financiados con fondos recadados polos congresos locais de acordo co valor das súas propiedades.
  9. Define os dereitos do goberno central: declarar a guerra, establecer os pesos e medidas (incluíndo as moedas) e autoriza ao Congreso a ser o árbitro final para calquera disputa entre os estados membros.
  10. Define un Comité de Estados para gobernar cando o Congreso non se atope en sesión.
  11. Reafirma que a Confederación acepta a débeda de guerra do Congreso antes da promulgación dos artigos.
  12. Declara que os artigos son perpetuos e que só poden alterarse coa aprobación do Congreso e a ratificación de tódolos órganos lexislativos locais.

Xa que aínda continuaba a guerra contra Gran Bretaña, os colonos non querían establecer outro goberno nacional poderoso. Co celo de protexer a súa nova independencia, o Congreso Continental creou unha estrutura unicameral débil que protexía a liberdade dos estados membros. Aínda que o Congreso regulaba os asuntos monetarios e militares, os Artigos non deseñaran ningún mecanismo para asegurarse de que cada estado cumprise coas tropas e o diñeiro que se necesitase. Iso debilitaba ao exército, como foi o caso en 1781 e que George Washington faría patente nunha carta ao gobernador de Massachusetts, John Hancock.

Función[editar | editar a fonte]

Os Artigos daban apoio ao Exército Continental e permitían que os trece estados formasen unha fronte de unión ante os poderes europeos. Con todo, como ferramenta para construír un goberno efectivo en tempos de guerra, foi un fracaso. O Congreso podía tomar decisións, pero non tiña o poder para aplicalas. Quizais, o maior contratempo foi o requisito de aprobación unánime dos 13 estados para modificar os artigos. Ao mesmo tempo, o poder máis importante que lle faltaba ao Congreso era o poder de cobrar impostos: só podía solicitar diñeiro dos estados. Estes, pola súa banda non sempre cumprían coas demandas e o Congreso non contaba cos fondos necesarios para a súa operación. Os estados e o Congreso endebedáronse durante a guerra, e o pago destas era un asunto de importancia nacional.

No entanto, o Congreso Continental tomou dúas accións moi importantes. A Ordenanza de Terra de 1785 estableceu as provisións da terra que se utilizarían durante a expansión posterior do país. A Ordenanza de 1787 fixo oficial a renuncia dos trece estados orixinais das terras do oeste e, ao mesmo tempo, permitiu a entrada de novos estados á confederación.

Axiña que como a unidade que demandaba a Guerra de Independencia fíxose innecesaria, o Exército Continental disolveuse, aínda que se conservou unha forza moi pequena para protexer os fortes e defender aos estados dos ataques dos amerindios. No entanto, cada estado tiña o seu propio exército e 11 dos 13 estados tiñan unha mariña. As promesas de riqueza e de outorgamento de terras que se farían durante a guerra cumpríronse. En 1783, Washington tranquilizou a conspiración de Newburgh, pero os disturbios dos veteranos de Pensilvania que non recibiran os seus pagos forzaron ao Congreso a marcharse de Filadelfia o 21 de xuño.

Revisión[editar | editar a fonte]

En maio de 1786, Charles Pinckne], de Carolina do Sur, propuxo que o Congreso revisase os Artigos da Confederación. Algúns dos cambios que recomendaba eran outorgar ao Congreso o poder para regular o comercio interior e exterior e prover unha estrutura de financiamento para recadar diñeiro das tesourerías estatais. No entanto, requiríase a aprobación unánime, e naquela ocasión non chegaron a ningún consenso.

En setembro, cinco estados reuníronse na Convención de Annapolis (1786) para discutir sobre os axustes para mellorar o comercio. O director, Alexander Hamilton, invitou aos representantes dos estados a unha convención en Filadelfia para discutir sobre as melloras no goberno federal. Logo de debater, o Congreso presentou o seu plan de revisar os Artigos da Confederación o 21 de febreiro de 1787.

Segundo os termos da modificación, os Artigos serían vixentes ata 1790, ata que cada un dos 13 estados ratificase a nova Constitución. O 28 de setembro de 1787, o Congreso enviou a Constitución aos estados para a súa ratificación. O 2 de xullo de 1788, o Congreso anunciou formalmente a ratificación da Constitución, logo da ratificación do noveno estado, New Hampshire, o 21 de xuño de 1788. Finalmente, o 1 de abril de 1789 reuniuse por primeira vez a Cámara de Representantes.

Presidentes do Congreso[editar | editar a fonte]

A lista seguinte é dos presidentes do Congreso da Confederación logo da promulgación dos Artigos da Constitución e que ostentaron o cargo de "Presidente dos Estados Unidos no Congreso Reunido". O presidente non era, con todo, o xefe do executivo, como o sería despois o Presidente dos Estados Unidos baixo a Constitución.

  1. Samuel Huntington
  2. Thomas McKean
  3. John Hanson
  4. Elias Boudinot
  5. Thomas Mifflin
  6. Richard Henry Lee
  7. John Hancock
  8. Nathaniel Gorham
  9. Arthur St. Clair
  10. Cyrus Griffin

Notas[editar | editar a fonte]

  1. [1] Lunes, 17 de novembro de 1777, Journals of the Continental Congress, 1774-1789. A Century of Lawmaking 1774-1873

Véxase tamén[editar | editar a fonte]