Varíola

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.
Varíola
Clasificación e recursos externos

Unha pícara afectada de varíola en Bangladesh
ICD-10 B03
ICD-9 050
DiseasesDB 12219
MedlinePlus 001356
eMedicine emerg/885
MeSH D012899

A varíola ou vexigas foi unha enfermidade infecciosa grave, altamente contaxiosa, que se deu unicamente en seres humanos [1] e que foi declarada como erradicada en 1980 [2].

Estaba causada por dúas variantes de virus que daban lugar a dúas formas clínicas, nomeadas Variola major e Variola minor. A V. major, a forma máis mortífera, alcanzaba unha ratio de mortalidade de 3–35%, mentres que a V. minor producía a morte a ~1% das súas vítimas. Outros efectos menores normalmente incluían vexigas ou bostelas na pel (de aí a denominación popular en galego de "vexigas" para designar a doenza) e ocasionalmente cegueira, debido a ulceracións na córnea. Non houbo nin hai tratamento especial para as vexigas e a única forma de prevención é a vacinación. Actualmente a vacina xa non se administra excepto en casos moi especiais como son os dos traballadores en laboratorios nos que se conserva o virus ou a equipos de intervención preparados para combater un hipotético abrocho. [3]

O nome de vexigas provén da palabra latina que significa "manchado" e refírese aos avultamentos que aparecen na cara e no corpo das persoas infectadas.

Historia[editar | editar a fonte]

Durante miles de anos ocorreron ocasionalmente epidemias de vexigas; con todo, logo dun exitoso programa de vacinación mundial logrouse erradicar a enfermidade. Nos Estados Unidos, o último caso de vexigas rexistrouse en 1949, mentres que o último caso ocorrido en forma natural no mundo foi en Somalia en 1977. Unha vez que a enfermidade se erradicou en todo o mundo, suspendeuse a vacinación habitual de toda a poboación porque xa non había necesidade de previla.

Posiblemente a súa orixe sexa de hai aproximadamente uns 3.000 anos; algúns sitúana na India, outros en Exipto. Durante varios séculos, sucesivas epidemias devastaron a poboación. Era unha enfermidade tan letal que nalgunhas culturas antigas estaba prohibido dar nome aos nenos ata que contraían a enfermidade e sobrevivían a ela. A súa taxa de mortalidade chegou a ser ata dun 30% dos pacientes infectados.

En 1796 Edward Jenner iniciou o que posteriormente daría lugar á vacina: o 14 de maio deste ano inoculou a James Phipps, un neno de 8 anos, un exsudado obtido das pústulas da man dunha granxeira infectada polo virus das vexigas a través dunha vaca. Tras un período de 7 días o raparigo presentou malestar. Poucos días despois, Jenner volveu realizar varias picadas superficiais con material procedente das temidas vexigas, que o raparigo non chegou a desenvolver.

En 1798 Jenner publicou o seu traballo "An Inquiry into the Causes and Effects of the Variolae Vaccinae, a Disease Known by the Name of Cow Pox" , onde acuñou o termo latino variolae vaccine (vexigas da vaca). Deste xeito Jenner abriu as portas á vacinación.

Cinco anos despois 1803, fixose posiblemente unha das campañas máis grandes para erradicar a varíola, a da Real Expedición Filantrópica da Vacina, coñecida como Expedición Balmis en referencia ao médico alacantino Francisco Xavier Balmis. Esta espedición foi de carácter filantrópico e deu a volta ao mundo entre os anos 1803 e 1814. O seu obxectivo era en principio que a vacina das vexigas alcanzase todos os recunchos do por entón Imperio Español, xa que a alta mortaldade do virus estaba ocasionando a morte de miles de nenos.

Sintomatoloxía[editar | editar a fonte]

As formas clínicas das vexigas son dúas. As vexigas maiores foron a forma grave e máis común das vexigas, que ocasionan unha erupción máis estendida e febre máis alta. Había catro tipos de vexigas maiores: a común (a máis frecuente, nun 90% ou máis dos casos); a modificada (leve, en persoas que se vacinaron); a lisa; e, para rematar, a hemorráxica (estes dous últimos tipos eran raros e moi graves). Historicamente, as vexigas maiores tiñan unha taxa xeral de mortalidade de aproximadamente o 30%; con todo, as varíola lisa e a hemorráxica adoitaban ser mortais.

As vexigas menores eran un tipo menos común e moito menos grave, cunhas taxas de mortalidade do 1% ou menores.

Etioloxía[editar | editar a fonte]

A varíola éstaba causada polo virus varíola que xurdiu en poboacións humanas miles de anos atrás. Excepto polas reservas nalgúns laboratorios, o virus varíola está eliminado. Con todo, por mor dos sucesos internacionais de setembro e outubro de 2001 aumentou a preocupación de que o virus variola puidese utilizarse como axente de terrorismo biolóxico. Por esta razón, o goberno estadounidense está tomando precaucións para poder facer fronte a un posible abrocho de vexigas.

Como se contaxian as vexigas[editar | editar a fonte]

Para que as vexigas se contaxiaran dunha persoa a outra, era necesario un contacto directo e prolongado, cara a cara. As vexigas tamén podían transmitirse por medio do contacto directo con fluídos corporais infectados ou con obxectos contaminados, coma sabas, fundas ou roupa. De cando en cando as vexigas propagáronse polo virus transportado polo aire en sitios pechados como edificios, autobuses e trens. Os seres humanos foron os únicos portadores naturais do virus da varíola e non se coñeceron casos de varíola transmitidos por insectos ou animais. Un enfermo de vexigas podía ser contaxioso cando empezaba coa febre (fase pródromo), pero acadaba a súa máxima capacidade para contaxiar cando comezaba a saír as erupcións. Polo xeral, nesta etapa a persoa infectada estaba moi enferma e non podía desprazarse na súa comunidade. A contaxiosidade duraba ata que lle caía a última bostela das vexigas.

Historia Natural da Enfermidade

Período de incubación
(Duración 7 a 17 días)
Non contaxioso

Logo da exposición ao virus hai un período de incubación durante o cal as persoas non presentan ningún síntoma e quizais se sintan ben. Este período de incubación dura en media de 12 a 14 días, pero pode oscilar entre 7 e 17 días. Durante este lapso, as persoas non son contaxiosas.

Síntomas iniciales
(Duración: 2 a 4 días)

(Pródromo)

Algunhas veces contaxioso¹

Entre os primeiros síntomas das vexigas atópanse febre, malestar, dor de cabeza e no corpo e, algunhas veces, vómitos. A febre, polo xeral, é alta e pode subir ata os 38-40 °C (101-104 °F). Nese momento, as persoas adoitan sentirse demasiado enfermas para seguir coas súas actividades habituais. Isto coñécese como a fase pródromo e pode durar de 2 a 4 días.

Primeira erupción
(Duración: unos 4 días)
Período máis contaxioso

Distribución da erupción:

Viruela.png

A erupción maniféstase primeiro na lingua e na boca en forma de manchiñas vermellas.

Estas manchas convértense en chagas que se abren e esparexen grandes cantidades do virus na boca e a gorxa.

Máis ou menos ao mesmo tempo en que as chagas na boca se abren, aparece unha erupción na pel que comeza na cara e se estende polos brazos e as pernas, e logo polos pés e as mans. Xeralmente a erupción esténdese a todo o corpo nun lapso de 24 horas. Cando aparece a erupción, a febre usualmente baixa e é posible que o enfermo comece a sentirse mellor.

O terceiro día, as erupcións convértense en avultamentos.

O cuarto día, os avultamentos énchense dun líquido espeso e opaco, e a cotío presentan un afundimento no centro que parece un embigo (esta é unha carácterística importante para distinguir as vexigas doutras enfermidades).

Nese momento, a febre adoita subir outra vez e manterse alta ata que se forman as bostelas sobre os avultamentos.

Erupción con pústulas
(Duración: uns 5 días)

Contaxioso


Os avultamentos convértense en pústulas, moi altas, xeralmente redondas e firmes ao tacto, coma se houbese un obxecto pequeno e redondo debaixo da pel. As persoas din a cotío que senten coma se tivesen balines incrustados na pel.

Pústulas e costras
(Duración: uns 5 días)
Contaxioso

As pústulas comezan a formar unha casca e logo unha bostela. Ao final da segunda semana logo de aparecer a erupción, a maior parte das chagas formaron bostelas.

As bostelas comezan a caer
(Duración: uns 6 días)
Contaxioso

As bostelas comezan a caer e deixan marcas na pel que para rematar se converten en cicatrices en forma de buracos. A maioría das bostelas caerán ás 3 semanas de aparecer a erupción. A persoa segue sendo contaxiosa ata que todas as bostelas caian.

As costras caeron
Non contaxioso


As bostelas caeron. A persoa xa non é contaxiosa, aínda que non é moi seguro.

¹ As vexigas pode ser contaxiosas durante a fase de pródromo, pero alcanza a súa máxima capacidade infecciosa durante os primeiros 7 a 10 días despois do comezo da erupción.

As vexigas na cultura popular galega[editar | editar a fonte]

Se non foran as vexigas
Señor San Bartolomeu.
Se non foran as vexigas
¡Qué bonitiña era eu!

En Galicia adoitábase empregar a fórmula comparativa cacarañado/a coma unha filloa para referirse ao aspecto dunha persoa con cicatrices que padeceu a enfermidade.

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Ryan KJ; Ray CG (editors) (2004): Sherris Medical Microbiology, McGraw Hill 4ª ed., 525. ISBN 0-8385-8529-9.
  2. Información da OMS (en inglés). (...) grazas ao éxito da campaña de erradicación, a varíola foi finalmente eliminada do corno de África, ao quedar reducida a un único caso, o cal ocorreu en Somalia no ano 1977. Unha desgraciada infección ocorreu nun laboratorio do Reino Unido en 1978. A erradicación global da varíola foi certificada, en base a diversas pescudas internacionais, por unha comisión de reputados científicos en decembro de 1979 e consecuentemente esta certificación sería refrendada pola World Health Assembly en 1980..
  3. Información do CDC sobre a vacina da varíola

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]