Trenton, Nova Jersey
|
|||||
| City of Trenton, New Jersey | |||||
|---|---|---|---|---|---|
Trenton |
|||||
| Alcume | Capitol City | ||||
| Información | |||||
| País | |||||
| Estado | |||||
| Fundación | 1719 | ||||
| Superficie • Total |
21,1 km² |
||||
| Poboación • Total |
82.804 (2007) |
||||
| Densidade | 4.304,7 hab./km² | ||||
| Altitude | 194 m | ||||
| Alcalde | Tony F. Mack (D) | ||||
| Páxina oficial | |||||
Trenton é a capital do estado de Nova Jersey nos Estados Unidos de América e ten unha poboación de 85.000 habitantes. A cidade é tamén a sede do goberno local do Condado de Mercer.
En 1679, un grupo de colonos ingleses baixo a dirección de Mahlon Stacy formou unha colonia ao longo do río Delaware na colonia británica moza de Nova Jersey. O pobo adquiriu o nome de "Trent-towne" ou "Trenton" en 1719 para honrar a un dos seus líderes locais prominentes, William Trent.
O 26 de decembro de 1776, durante a Guerra da Independencia dos Estados Unidos, Trenton foi o lugar no que se desenvolveu a Batalla de Trenton, unha das batallas máis importantes da guerra onde George Wáshington gañou unha vitoria decisiva. Logo da guerra, Trenton foi brevemente a capital nacional dos Estados Unidos durante dous meses en 1784. A cidade foi nomeada a capital estatal de Nova Jersey en 1790.
Durante o século XIX, a cidade creceu como centro de industria, comercio, e cultura. O primeiro partido profesional de baloncesto xogouse alí en 1896. Por desdicha, desde 1950 a cidade rexistrou un declive gradual de produtividade e importancia e un aumento da criminalidade e doutros problemas. Con todo, as zonas residenciais que rodean a cidade son actualmente algunhas das comunidades máis ricas da nación.