Marqués de La Fayette
Marie-Joseph Paul Yves Roch Gilbert du Motier, Marqués de La Fayette, tamén coñecido como Marqués de La Fayette, nado no Castelo de Chavaniac o 6 de setembro de 1757 e finado en París o 20 de maio de 1834, foi un oficial francés que participou nas revolucións francesa e americana.
[editar] Traxectoria
Marie-Joseph Paul du Motier procedía dunha familia nobre. O seu pai morreu en Minden (Alemaña) en 1759, e a súa nai, como tamén o seu avó, en 1770. Á idade de 13 anos, atopouse orfo e cunha gran fortuna. Con 16 anos, casou con Marie Adrienne Francoise de Noailles (? 1807), filla do duque de Ayen e neta do duque de Noailles, unha das familias máis influentes do reino. La Fayette elixiu entón seguir unha carreira militar como o seu pai.
[editar] Independencia dos Estados Unidos
La Fayette ingresou ás filas do exército real en 1772; tiña 19 anos o novo capitán de dragóns cando as colonias inglesas de Norteamérica declararon a súa independencia. En abril de 1777, facendo fronte á prohibición do rei, embarcouse cara a América. Logo dunha viaxe de dez meses, recalou en Filadelfia, sede do goberno colonial.
Incorporouse, non sen dificultade, ao exército dos Estados Unidos co grao de xeneral maior. O seu rol militar interrompeuse por un lapso de 6 meses porque George Washington encomendoulle a misión de convencer ao rei de Francia de enviar un continxente militar numeroso.
Acollido calorosamente, recoñecéuselle o título de coronel de cabalería. De volta aos Estados Unidos en 1780 a bordo de "L'Hermione", Washington deixouno como comandante das tropas de Virginia. Participou en 1780 na decisiva batalla de Yorktown, que conduciu á capitulación de Cornwallis.
Retorna a Francia en 1782, co grao de Mariscal de Campo.