Tratado de París (1783)

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Firma do Tratado de París, 1783. A delegación británica rexeita posar, e a pintura nunca se rematou

O Tratado de París ou Tratado de Versalles asinouse o 3 de setembro de 1783 entre Gran Bretaña e Estados Unidos e puxo termo á Guerra de Independencia dos Estados Unidos. O cansazo dos participantes e a evidencia de que a distribución de forzas, co predominio inglés no mar, facía imposible un desenlace militar, que conduciu ao cesamento das hostilidades.

O tratado foi asinado por David Hartley (un membro do Parlamento do Reino Unido que representaba ao rei Xorxe III), John Adams, Benjamin Franklin e John Jay (representando aos Estados Unidos). O tratado foi ratificado polo Congreso da Confederación o 14 de xaneiro de 1784, e polos Británicos o 9 de abril de 1784.

Acordos[editar | editar a fonte]

De forma resumida, mediante este tratado:

  • Recoñecíase a independencia das Trece Colonias como os Estados Unidos de América[1](Artigo 1) e outorgou á nova nación todo o territorio ao norte de Florida, ao sur do Canadá e ao leste do río Mississippi. O paralelo 32º fixábase como fronteira norte. Gran Bretaña renunciou, así mesmo ao val do río Ohio e deu a Estados Unidos plenos poderes sobre a explotación pesqueira de Terra Nova (Artigos 2 e 3).
  • O recoñecemento das débedas contratadas lexítimas debían pagarse aos acredores de ambas as partes (Artigo 4).
  • Os Estados Unidos previrían futuras confiscacións das propiedades dos "Leais" —colonos británicos que permaneceron leais á coroa británica durante a revolución americana— (Artigo 6).
  • Os prisioneiros de guerra de ambos os bandos debían ser liberados (Artigo 7).
  • Gran Bretaña e os Estados Unidos terían libre acceso ao río Mississippi (Artigo 8).

Os británicos asinaron tamén o mesmo día acordos por separado con España, Francia e os Países Baixos, que xa foran negociados con anterioridade:

  • España mantiña os territorios recuperados de Menorca e Florida oriental e occidental. Doutra banda recuperaba as costas de Nicaragua, Honduras (Costa dos Mosquitos) e Campeche. Recoñecíase a soberanía española sobre a colonia de Providencia e a inglesa sobre Bahamas. Con todo, Gran Bretaña conservaba a estratéxica posición de Xibraltar —Londres mostrouse inflexible, xa que o control do Mediterráneo era impracticable sen a fortaleza da Roca.
  • Os Países Baixos recibían Sumatra, estando obrigados a entregar Negapatam (na India) a Gran Bretaña e a recoñecer aos ingleses o dereito de navegar libremente polo Océano Índico.
  • Gran Bretaña mantiña a Canadá baixo o seu Imperio, a pesar de que os estadounidenses trataron de exportar a terras canadenses a súa revolución.

Consecuencias[editar | editar a fonte]

En xeral os logros alcanzados poden xulgarse como favorables para España e en menor medida para Francia a pesar do elevado custo bélico e as perdas ocasionadas pola case paralización do comercio con América un pesado lastre que pesaría sobre a posterior situación económica española. Por outra banda, o triunfo dos rebeldes norteamericanos sobre Inglaterra non ía deixar de influír nun futuro próximo sobre as colonias españolas. Esta influencia veu por distintos camiños: a emulación do realizado por comunidades en similares circunstancias, a solidariedade dos antigos colonos cos que aínda o eran, a axuda doutras potencias interesadas na desaparición do imperio colonial hispano, etc. Pero estes aspectos manifestáronse dun modo claro durante as Guerras napoleónicas.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Algunhas versións online do tratado omiten a Delaware da lista de colonias constituíntes, pero o texto actual relaciónao entre Pensilvania e Maryland. Por exemplo, ver o facsímile dun xornal de Londres que anuncia o tratado [1] [2]. Delaware tamén se inclúe na versión preliminar do tratado lido no Congreso Continental o 15 de abril de 1783 [3] e no ratificado polo Congreso da Confederación o 14 de xaneiro de 1784 [4].

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]

(en inglés)