Trafalgar Square

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Trafalgar Square

Trafalgar Square é unha praza localizada no centro de Londres, construída para conmemorar a Batalla de Trafalgar na que a armada británica venceu ás armadas francesa e española fronte ás costas de Cádiz, en Andalucía. O nome orixinal era Praza de Guillermo IV, mais George Ledwell Taylor suxeriu mudar o nome e así foi que pasou a chamarse coa denominación actual.