Patente de corso

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Patente de corso francesa.

A patente de corso (do latín cursus, «carreira») era un documento entregado polos monarcas das nacións ou os alcaldes das cidades (no seu caso as corporacións municipais) polo cal o seu propietario tiña permiso da autoridade para atacar barcos e poboacións de nacións inimigas. Desta forma o propietario convertíase en parte da mariña do país ou a cidade expendedora.

As patentes de corso foron moi utilizadas na Idade Media e na Idade Moderna cando as nacións non podían custearse mariñas propias ou non o suficientemente grandes. Desta forma Francia e Inglaterra utilizáronas amplamente e España fixo uso delas moi tardíamente e en poucas ocasións. Tamén foron utilizadas polas nacións americanas durante as guerras de Independencia. Abolíronse en 1856 no Tratado de París, que deu fin á guerra de Crimea.

Dereitos dunha patente de corso[editar | editar a fonte]

Para o propietario[editar | editar a fonte]

  • Poder utilizar os fondeadeiros e portos da nación que a outorgaba.
  • Ter acceso ás vituallas e suministros dunha forma igual ou similar ao que dispuñan as naves regulares da mariña do país en cuestión.
  • Poder mostrala ao exército inimigo, en caso de ser capturado, e solicitar ser tratado como prisioneiro de guerra, en lugar de como pirata, evitando así ser colgado «de alguna entena quizá en su propio navío», en palabras do poeta José de Espronceda.
  • Ascender ao grao de corsario e sentirse membro da mariña real.
  • Mostrala como reclamo para o recrutamento da tripulación.

Para a nación ou cidade[editar | editar a fonte]

  • Poder controlar de certo xeito ao propietario. Tanto é así que Luís XIV de Francia e outros monarcas franceses esixían fortes fianzas para evitar que os armadores obrigasen aos seus oficiais a realizar accións impropias para un membro da mariña nacional.
  • Dispor dunha armada sen necesidade de investir na construción de barcos, recrutamento de tripulación, armamento, etc.
  • Ter dereito a parte dos beneficios obtidos.
  • Poder alegar que as accións realizadas contra países contra os que non se estaba en guerra, pero aos que se lles quería hostigar, eran obra de piratas alleos á súa vontade.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]