Igrexa de Inglaterra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Igrexa de Inglaterra
Church of England
Canterbury Cathedral - Portal Nave Cross-spire.jpeg

Historia
Fundación 1534
Motivo O Rei Henrique VIII separou a Igrexa da Santa Sé logo dunha disputa pola negativa da anulación do seu casamento con Catarina de Aragón
Separada de Igrexa Católica Romana
Escisións Igrexa en Gales
Parte de Comunón Anglicana
Goberno
Tipo de goberno Episcopal
Gobernadora Suprema Isabel II
Primado Justin Welby
Estrutura Dividida en 44 dioceses
Agrupacións Comuñón de Porvoo
Clasificación
Grupo Anglicanismo
Orientación Cristianismo occidental
Demografía e cultura
Fieis 27.000.000
Países Inglaterra, Illa de Man, Illas da Canle, Xibraltar, Europa Continental
Linguas litúrxicas Inglés
Outros datos
Sede central Londres
Páxina web churchofengland.org

A Igrexa de Inglaterra é unha igrexa cristiá anglicana, que ten a condición de relixión de estado de Inglaterra e é igrexa nai da Comuñón Anglicana. A cabeza espiritual da Igrexa é o arcebispo de Canterbury que o é tamén da Comuñón Anglicana. O monarca británico ten o título constitucional de Gobernador Supremo da Igrexa de Inglaterra. O Sínodo Xeral é o corpo que goberna a Igrexa de Inglaterra, as súas medidas teñen que ser aprobadas polo Parlamento do Reino Unido antes de recibir o plácet real e converterse en parte da lei inglesa. Ademais de Inglaterra ten xurisdición sobre a Illa de Man, Illas da Canle, algunhas parroquias de Flintshire (Gales) e Xibraltar que como diocese cobre toda Europa e conta con 200 lugares de culto. A Igrexa de Inglaterra considérase dentro da tradición reformada, xa que acepta moitos dos principios que levou á separación dos protestantes e en non recoñecer a autoridade do Papa, e tamén dentro da tradición católica (mais non católica romana) xa que se considera continuadora da tradición apostólica. Establece a Biblia como única fonte de fe, admite a súa libre interpretación e afirma o carácter subxectivo dos sacramentos.

A reforma relixiosa produciuse en Inglaterra polo interese da monarquía de subordinar os intereses eclesiásticos aos políticos sen a interferencia do papado. A ruptura produciuse en 1534 ao negarse o Papa a anular o matrimonio de Henrique VIII. María I de Inglaterra retornou á obediencia a Roma en 1555 e desencadeou unha violenta persecución contra os non católicos, a situación deu a volta no reinado de Isabel I de Inglaterra a partir de 1558.