Arrefriado

Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Arrefriado
Clasificación e recursos externos
Superficie molecular do rinovirus o tipo de virus máis implicado como causante dos arrefriados.
ICD-10J00.0
ICD-9460
DiseasesDB31088
MedlinePlus000678
eMedicineaaem/118
MeSHD003139
Aviso médico.
Aviso médico.
Advertencia: A Wikipedia non dá consellos médicos.
Se cre que pode requirir tratamento, por favor, consúltello ao médico.

O arrefriado tamén coñecido como constipado, catarreira ou catarro é unha enfermidade infecciosa viral leve do sistema respiratorio superior de natureza vírica, bacteriana ou alérxica que afecta a persoas de todas as idades, altamente contaxiosa, causada fundamentalmente por rinovirus e coronavirus.

Características[editar | editar a fonte]

Os síntomas principais son esbirros, secreción nasal, dor de cabeza, pingueira e conxestión nasal, ollos que choran, proído, dor ou flegma na gorxa, tose, canseira e unha sensación de malestar xeral. É unha das enfermidades máis comúns que, polo xeral, dura entre 3 e 10 días. Aínda que o arrefriado común non ten cura, os síntomas xeralmente resólvense espontaneamente entre 7 a 10 días, con algúns síntomas que poden permanecer até por tres semanas.

O arrefriado é distinto da gripe, unha infección viral máis grave do tracto respiratorio que mostra síntomas adicionais:[1] febre en aumento, tremores e dores musculares, aínda cando moitas persoas confunden ambos os termos.

Non existe un tratamento específico para o catarro común alén do coidado dos síntomas, polo que leva ao uso frecuente de medicamentos de venda libre, de prescrición e remedios alternativos. O dextrometorfano adoita ser beneficioso en adultos con tose, pero a súa efectividade non foi demostrada en nenos e adolescentes.[2]

Non se demostrou con certeza se a codeína é eficaz para tratar a tose causada polo arrefriado común. Aínda que a hidrocodona indícase amplamente a pacientes arrefriados e demostrouse que é eficaz para a tose noutras enfermidades, non foi estudado ben en pacientes con arrefriados.

Os desconxestionantes nasais orais e intranasais demostraron ser capaces de aliviar os síntomas nasais con rapidez e poden usarse en adolescentes e adultos por até tres días. Os antihistamínicos poden mellorar modestamente os síntomas en adultos, con todo, os beneficios deben sopesarse os posíbeis efectos secundarios. antihistamínicos non sedantes máis novos non son eficaces contra a tose. O ipratropio tópico, alivia os síntomas nasais en nenos maiores e adultos. Os antibióticos non demostraron mellorar os síntomas ou acurtar a duración do trastorno. Non se recomendan certas terapias complementarias e alternativas, incluíndo o uso de echinacea e cinc, para o tratamento dos síntomas do arrefriado común. En contra da crenza popular, a vitamina C non reduce nin prevén os síntomas da enfermidade.[3] Considerase o arrefriado como unha enfermidade endémica.[4]

Epidemioloxía[editar | editar a fonte]

O arrefriado común afecta ás vías respiratorias superiores.

O arrefriado común é unha enfermidade de orixe viral e a epidemioloxía é, polo tanto, a propia dese tipo de enfermidades. As infeccións do tracto respiratorio superior son moi comúns e constitúen un dos cinco diagnósticos máis frecuentes nas visitas de atención médica ambulatoria.[5] Malia tratarse de infeccións leves, autolimitada e de curta duración, son a principal causa de morbilidade aguda no absentismo laboral e escolar.[6]

Algúns factores que inflúen na gravidade dos síntomas son: o estrés psicolóxico e as carencias socieconómicas.[7] Ademais, unha saúde débil en xeral ou outras condicións preexistentes, como as alerxias, poden agravarse debido a unha infección. O persoal de saúde, incluíndo o odontolóxico ten un risco, polo menos potencial, de enfermar dunha enfermidade respiratoria como o arrefriado común, a gripe etc.[8]

A mellor forma de evitar os arrefriados é manter o sistema inmunitario en condicións óptimas: durmindo o suficiente para sentirse descansado, reducindo o estrés, levando unha alimentación adecuada e evitando o exceso de consumo de alcohol.

Factores de risco[editar | editar a fonte]

O pasar tempo nun lugar pechado con persoas infectadas ou en contacto próximo cunha persoa infectada aumenta o risco de contraer un arrefriado. O catarro común é unha infección transmitida por pingas, o que significa que se transmite principalmente a través da inhalación de pequenas partículas que emite a persoa infectada cando tose, esbirra, ou exhala.

A pouca humidade ambiental aumenta as taxas de transmisión viral. Unha teoría é que o aire seco provoca a evaporación de auga, o que permite que pequenas pingas con virus poidan dispersarse a maior distancia e permanecer no aire por un período de tempo máis prolongado.[9]

Hábitos psicobiolóxicos[editar | editar a fonte]

O hábito de fumar estende a duración da enfermidade aproximadamente tres días de termo medio.[10] O durmir menos de sete horas diarias asociouse cun risco tres veces maior de desenvolver unha infección cando tal suxeito está exposto a un rinovirus, en comparación cos que dormen máis de oito horas por noite.[11] Os niveis diminuídos de vitamina D no plasma sanguíneo asócianse cun maior risco de contraer un arrefriado común.[12] Aínda non se determinou se esta asociación é causal.[13]

Hixiene[editar | editar a fonte]

Con frecuencia o tocarse os ollos, o nariz ou a boca cos dedos contaminados transmítese o virus. Este comportamento aumenta un tanto a probabilidade de transferencia dos virus da superficie das mans, lugar onde os virus resultan inofensivos, cara ao tracto respiratorio superior, onde poden infectar os tecidos nasais.[14] Algúns estudos mostran que o lavarse as mans con frecuencia e diminuír o tocar as membranas mucosas pode reducir a probabilidade de contraer un arrefriado en adultos.[15]

Ambiente frío[editar | editar a fonte]

Neve en Milán: Obsérvase un aumento da incidencia de arrefriados durante os meses de inverno en todo o mundo.[16]

Aínda que os arrefriados comúns son estacionais, con máis casos en inverno, non hai probas científicas de que unha exposición curta ao frío incremente a susceptibilidade á infección,[17] o cal implica que a variación por estacións vén dada por un cambio no comportamento, como por exemplo o feito de pasar maior tempo en espazos pechados, en contacto próximo coas demais persoas.[18][19]

Un estudo demostrou que a exposición ao frío fai que aparezan síntomas do arrefriado nun 10% das persoas así expostas, e que os suxeitos que experimentan este efecto reportan con máis frecuencia a aparición de arrefriados en xeral que aqueles non afectados por exposición ao frío.[20]

Con respecto á causa dos síntomas, as investigacións no Centro do Arrefriado Común da Universidade de Cardiff conduciron a un estudo para "probar as hipóteses de que un arrefriamento agudo dos pés causa o comezo dos síntomas do arrefriado común".[18] O estudo evidenciou que os suxeitos tiñan máis síntomas de arrefriado ao cabo de 5 días, probablemente porque a constrición dos vasos sanguíneos dos orificios nasais poden levar a reducir a capacidade inmunolóxica no tracto respiratorio superior.

Doutra banda, sábese que en épocas invernais o movemento rítmico acelerado dos cilios nasais diminúe en presenza do frío do outono-inverno, o que daría máis tempo para que os virus e as bacterias pasen a través do moco e logren infectar células corporais Súmase a isto que as aves migratorias, importantes vectores dos virus desde o outro hemisferio, deixan un ronsel de virus no aire, favorecendo a aparición de epidemias.[Cómpre referencia]

Etioloxía[editar | editar a fonte]

Virus[editar | editar a fonte]

O arrefriado común é unha infección viral do tracto respiratorio superior. En total máis de 200 tipos virais seroloxicamente diferentes causan arrefriados. O virus máis frecuentemente implicado é un rinovirus (30-50%), un tipo de picornavirus con 99 serotipos coñecidos.[21][22]

Outros virus implicados inclúen: os coronavirus (10-15%), virus influenza (5-15%),[23] os virus parainfluenza humano, e os virus sincitial respiratorio, adenovirus, enterovirus, e metapneumovirus.[24]

Rinovirus[editar | editar a fonte]

Os rinovirus constitúen a principal causa do arrefriado común.[25] A temperatura óptima para a replicación do rinovirus é 33-35 °C. Os rinovirus non replican de xeito eficiente á temperatura corporal. Iso pode explicar por que os rinovirus replican tan ben nas fosas nasais e a árbore traqueobronquial superior, pero non tan ben no tracto respiratorio inferior. O período de incubación é de aproximadamente 2-4 días. A viremia con rinovirus é moi infrecuente.

Coronavirus[editar | editar a fonte]

Artigo principal: Orthocoronavirinae.
Os coronavirus son un grupo de virus coñecidos por causar o arrefriado común. Teñen un halo, ou a aparencia de tipo coroa cando se observa baixo un microscopio electrónico.

Os coronavirus son os virus máis particularmente implicados nos arrefriados de adultos. Do total de máis de 30 coronavirus identificados, 3 ou 4 son os que causan infeccións en seres humanos, pero son difíciles de cultivar no laboratorio, de maneira que o seu significado segue sendo pouco comprendido. Os coronavirus que causan o arrefriado común son dos tipos 229E e OC43; ocasionalmente poden producir pneumonía en persoas de idade avanzada, neonatos e pacientes inmunocomprometidos.[26]

Virus da gripe[editar | editar a fonte]

Os virus da gripe tamén poden causar arrefriados leves.[27] A infección por virus de influenza prodúcese logo da transferencia das secrecións respiratorias dunha persoa infectada a unha persoa inmunoloxicamente susceptible. Se o virus non é neutralizado polos anticorpos secretores, invade as células do tracto respiratorio. Unha vez dentro das células do hóspede, prodúcese unha disfunción e dexeneración celular, xunto coa replicación viral e a liberación da proxene viral. A diferenza da gripe, o virus influenza causa arrefriado común cando non aparecen síntomas sistémicos resultado de mediadores de inflamación no organismo. O período de incubación varía desde 18 ata 72 horas.

Adenovirus[editar | editar a fonte]

Os adenovirus son virus de ADN, illados por primeira vez nos anos de 1950 en cultivos de células adenoides (de aí o nome), causan un 5% dos casos de arrefriado común.[28] Os adenovirus son unha causa frecuente de infección asintomática do tracto respiratorio.

Fisiopatoloxía[editar | editar a fonte]

Causado por numerosos virus (principalmente rinovirus, coronavirus e tamén certos ecovirus e coxsackievirus) que infectan o aparello respiratorio superior. Describíronse varios centos de virus causantes do arrefriado común. A variedade de axentes causantes fai moi ineficaz calquera tipo de vacinación. Transmítense de persoa a persoa a través de pequenas pingas de saliva que se expelen ao toser, falar ou durante os espirros. As pingas son inhaladas directamente ou, máis frecuentemente, transmítense polo contacto de man en man mediante apretóns de man ou de obxectos que adoitan estar en contacto coas mans tales como os picaportes, e logo estas introdúcense nos condutos nasais cando a man toca o nariz, a boca ou os ollos.

O virus entra nas células das paredes do nariz e a garganta, e multiplícase rapidamente dentro delas. Os síntomas comezan 1 ou 2 días logo da infección. Son o resultado dos mecanismos de defensa do corpo: espirros, goteo do nariz e tose para expeler ao invasor, e a inflamación para atraer e activar ás células inmunitarias. O virus aprovéitase dos espirros e a tose para infectar á seguinte persoa antes de ser eliminado polo sistema inmunitario do corpo. Un enfermo é máis infeccioso dentro dos tres primeiros días da enfermidade.

Tras un arrefriado común, o enfermo desenvolve inmunidade ao virus particular que o afectou. No entanto, debido ao gran número de virus do arrefriado distintos que hai, esta inmunidade é limitada e unha persoa pode infectarse facilmente por outro virus do arrefriado e comezar o proceso de novo.

Complicacións[editar | editar a fonte]

As bacterias que normalmente están presentes nas vías respiratorias pódense aproveitar da debilidade do sistema inmunitario durante un arrefriado común e producir unha coinfección. A infección do oído medio (nos nenos) e a sinusite bacteriana son coinfeccións comúns.

Prevención[editar | editar a fonte]

A mellor prevención é permanecer afastado das persoas que estean infectadas, porque a inmensa maioría das infeccións adquírense pola inhalación de aire cargado de virus que emitiu unha persoa infectada ao toser, esbirrar ou exhalar o aire durante a respiración. As probas clínicas dispoñibles tamén suxiren que a exposición a baixas temperaturas pode poñer en perigo o sistema inmunolóxico (aínda que este efecto é discutido). A exposición ao frío debería evitarse durante os períodos de baixas temperaturas e especialmente para as poboacións máis vulnerables.

Adicionalmente, os expertos recomendan lavarse meticulosamente e regularmente as mans, especialmente en contornas sanitarias, xa que isto reduce a probabilidade de transmisión a través da vía menos habitual, a do contacto directo.[29][30] Os xabóns antibacterianos non teñen efecto sobre os virus do arrefriado, é a propia acción mecánica de lavarse as mans a que elimina as partículas víricas. Uns altos niveis de lavado de mans pode dar como resultado nunha diminución do 20% na transmisión do arrefriado común.[15] nos fogares, as escolas e nos postos de traballo, lavarse as mans e desinfectalas a base de alcohol son accións que reducen o número de virus na pel de xeito significativo[31] pero dado que as infeccións das vías respiratorias superiores son adquiridas principalmente a través da respiración, e non polo contacto físico, non son uns métodos de prevención especialmente eficaces.[32] os desinfectantes para as mans a base de alcohol ofrecen moi pouca protección contra as infeccións respiratorias e en especial entre os nenos.[33][34] Como o arrefriado común é causado por un virus en lugar dunha bacteria, os xabóns antibacterianos non son mellores que o xabón normal para eliminar os virus da pel ou doutras superficies.[29][35] Non tocarse o nariz, os ollos ou a boca cos dedos potencialmente contaminados tamén pode reducir a transmisión do virus por vía do contacto directo.[14][24]

Persoa en Toquio portando unha máscara para evitar contaxio

Nalgúns lugares, como o Xapón, as persoas arrefriadas colócanse máscaras de cirurxián como cortesía cara ao resto. Na nosa sociedade hai persoas que, en eixavuirar, cóbrense a boca e o nariz co seu xersei, camiseta, bufanda ou pano, para reter as micropartículas emitidas.

Os esforzos para desenvolver unha vacina contra o arrefriado non han ter éxito. Esta enfermidade é producida por unha gran variedade de virus que mutan rapidamente, polo que a posibilidade de crear con éxito dunha vacina eficaz é altamente improbable.[36]

Tratamento[editar | editar a fonte]

Non existe cura para o arrefriado común, é dicir, non hai tratamento que combata directamente ao virus. Só o sistema inmunolóxico do organismo pode destruír con efectividade ao invasor. Un arrefriado pode estar composto por varios millóns de partículas virais, e normalmente en poucos días o organismo comeza a producir en masa o anticorpo máis adecuado que poida impedir que o virus infecte máis células, ademais de glóbulos brancos que destrúen o virus mediante a fagocitose e ás células infectadas para impedir máis replicacións do virus.

Xa que logo, os tratamentos dispoñibles céntranse en aliviar os síntomas, e tamén en axudar ao corpo a desenvolver as súas defensas.

Para algunhas persoas, os arrefriados son inconveniencias relativamente leves, e poden continuar coas súas actividades cotiás cunha incomodidade tolerable. Débense ponderar esta incomodidade e o prezo e os posibles efectos secundarios dos remedios.

Os tratamentos comúns inclúen: analxésicos como o ácido acetilsalicílico, o acetaminofén ou paracetamol, ademais de versións localizadas para a garganta (receitadas a miúdo en forma de pastillas), desconxestionantes nasais que reducen a inflamación das vías nasais, constrinxindo os vasos sanguíneos locais, supresores da tose (que funcionan como un narcótico, suprimindo o reflexo cerebral da tose ou diluíndo a mucosidade dos pulmóns), e antihistamínicos de primeira xeración, como a bromfeniramina, a clorfeniramina e a clemastina (que reducen a segregación de mucosa na glándula correspondente e combaten así o goteo e a conxestión nasal, aínda que tamén provocan somnolencia como efecto secundario). Os antihistamínicos de segunda xeración non teñen efectos útiles sobre o arrefriado.Fixéronse investigacións sobre a acción coadxuvante en enfermidades respiratorias das solucións electrolizadas de superoxidación con pH neutro, polo seu amplo espectro contra bacterias, virus e fungos presentes nas fosas nasais, tendo éxito ao diminuír o proceso inflamatorio e mellorar os síntomas de conxestión.[37]

Procurarse un ambiente cálido e seco e beber gran cantidade de fluídos, especialmente líquidos quentes, aliviará os síntomas en certo xeito.[Cómpre referencia]

Os antibióticos son ineficaces contra o arrefriado común e tamén contra calquera outra infección viral. Son útiles para tratar calquera infección bacteriana secundaria, pero o tratamento con antibióticos antes de que se desenvolvan estas coinfeccións é contraproducente, xa que pode xerar unha resistencia ao medicamento.

Non hai que esquecer que todos os medicamentos son para o alivio sintomático e non impiden a propagación da infección a aqueles que nos rodean e hai que pensar na cantidade de persoas que infectaremos se seguimos co noso ritmo diario e polo tanto, sería recomendable que as persoas arrefriadas usasen máscaras cirúrxicas.[Cómpre referencia] Só logo de reaccionar o noso corpo, xerar defensas contra a infección e eliminar os síntomas de forma natural deixamos de ser portadores da infección.[Cómpre referencia]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Bermúdez Arias Fernando (xaneiro 2004). RFM. [online], ed. "La Influenza (Gripe) y la Vacuna Antigripal". Revista de la Facultad de Medicina (en castelán) (Caracas) 27 (1): 6–9. ISSN 0798-0469. Consultado o 1/06/2014. 
  2. Schroeder K; Fahey T, Smith SM (23 de xaneiro 2008). "Over-the-counter medications for acute cough in children and adults in ambulatory settings". Cochrane Database Syst Rev (en inglés) 4: CD001831. ISSN 1464-780X. doi:10.1002/14651858.CD001831. Consultado o 3-9-2010. 
  3. Hemilä H; Chalker E, Douglas B. (1998). Cochrane Database Syst Review 2007, ed. "Vitamin C for preventing and treating the common cold" (en inglés) 3: CD000980. ISSN 1464-780X. Arquivado dende o orixinal o 15/09/2014. Consultado o 6/12/2014. 
  4. Tortora, Gerard J.; Funke, Berdell R.; Case, Christine L. (2007). Introducción a la microbiología (en castelán) (9ª ed.). Buenos Aires: Editorial Médica Panamericana. p. 427. ISBN 978-950-06-0740-7. Consultado o 25 de xullo do 2016. 
  5. Schappert SM (1994). "National Ambulatory Medical Care Survey, 1991 summary Hyattsville, Md: National Center for Health Statistics". Vital and Health Statistics series (en inglés) 13 (116). 
  6. Absentismo laboral, escolar:
    • Gwaltney JM Jr (1990). "The common cold. In: Mandell G, Douglas R, Bennett J, eds. Principles and practice of infectious disease.". New York, NY: Churchill Livingstone: 489–493. 
    • Koster F (1987). "Respiratory infections. In: Barker LR, Burton JR, Zieve PD, eds. Principles of ambulatory medicine". Baltimore, Md: Williams & Wilkins: 347–355. 
    • Benson V; Marano MA (1994). "Current estimates from the National Health Interview Survey. Hyattsville, Md: National Center for Health Statistics". Vital and Health Statistics series 10 (189). 
  7. MARÍA ESQUINAS, N.; HIDALGO ARENAS, A. y NIETO MORO, B. Creencias de los pacientes acerca de las características, causas y cuidados del catarro común. Medifam [online]. 2001, vol.11, n.1, pp. 67-68. ISSN 1131-5768. Consultado 4 de setembro de 2010.
  8. PAREJA-PANE, Germán. Riesgo de transmisión de enfermedades infecciosas en la clínica dental. RCOE [online]. 2004, 9:(3), pp. 313-321. ISSN 1138-123X. doi: 10.4321/S1138-123X2004000300005. Consultado 4 de setembro de 2010.
  9. "Absolute humidity modulates influenza survival, transmission, and seasonality". Science News (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 08/08/2014. Consultado o 3/07/2014. 
  10. Aronson MD, Weiss ST, Ben RL, Komaroff AL (1982). "Association between cigarette smoking and acute respiratory tract illness in young adults". JAMA (en inglés) 248 (2): 181–3. PMID 7087108. doi:10.1001/jama.248.2.181. 
  11. Cohen S, Doyle WJ, Alper CM, Janicki-Deverts D, Turner RB (2009). "Sleep habits and susceptibility to the common cold". Arch. Intern. Med. (en inglés) 169 (1): 62–7. PMC 2629403. PMID 19139325. doi:10.1001/archinternmed.2008.505. 
  12. Ginde AA, Mansbach JM, Camargo CA (2009). "Association between serum 25-hydroxyvitamin D level and upper respiratory tract infection in the Third National Health and Nutrition Examination Survey". Arch. Intern. Med. (en inglés) 169 (4): 384–90. PMID 19237723. doi:10.1001/archinternmed.2008.560. 
  13. "Sunshine Vitamin Diminishes Risk Of Colds, Flu - Science News". Science News (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 16 de abril de 2009. Consultado o 16 de decembro de 2009. 
  14. 14,0 14,1 Gwaltney, JM, Hayden, FG (2007). "Understanding the Common Cold: How Cold Virus Infection Occurs" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 11/03/2014. Consultado o 20/07/2014. 
  15. 15,0 15,1 Jefferson T, Del Mar C, Dooley L; et al. (2009). "Physical interventions to interrupt or reduce the spread of respiratory viruses: systematic review". BMJ 339: b3675. PMC 2749164. PMID 19773323. doi:10.1136/bmj.b3675. 
  16. Tolan, Robert J (2010). eMedicine.com, ed. "Rhinovirus Infection". Infectious Diseases (en inglés). Consultado o 18/10/2014. 
  17. Frío e humidade como factores de risco:
  18. 18,0 18,1 Common Cold Centre in Cardiff UK (2005). "General Common Cold Information" (en inglés). Consultado o 5/12/2014. 
  19. Eccles R (2002). "Acute cooling of the body surface and the common cold". Rhinology 40 (3): 109–14. PMID 12357708. 
  20. Johnson, C, Eccles R. "Acute cooling of the feet and the onset of common cold symptoms." Fam Pract. 2005 Dec;22(6):608-13. Epub 2005 Nov 14.
  21. Mary Engel (13 de febreiro de 2009). "Rhinovirus strains' genomes decoded; cold cure-all is unlikely: The strains are probably too different for a single treatment or vaccine to apply to all varieties, scientists say". Los Angeles Times (en inglés). Consultado o 31/01/2015. 
  22. Palmenberg, A. C.; Spiro, D; Kuzmickas, R; Wang, S; Djikeng, A; Rathe, JA; Fraser-Liggett, CM; Liggett, SB (2009). "Sequencing and Analyses of All Known Human Rhinovirus Genomes Reveals Structure and Evolution". Science 324 (5923): 55. PMID 19213880. doi:10.1126/science.1165557. 
  23. Eccles R (2005). "Understanding the symptoms of the common cold and influenza". Lancet Infect Dis 5 (11): 718–25. PMID 16253889. doi:10.1016/S1473-3099(05)70270-X. 
  24. 24,0 24,1 National Institute of Allergy and Infectious Diseases, ed. (27 de novembro de 2006). "Common Cold" (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 23 de xuño de 2007. Consultado o 31/01/2015. 
  25. Anzueto A, Niederman M. Diagnosis and Treatment of Rhinovirus Respiratory Infections (artigo completo dispoñible en inglés). Chest 2003; 123: pp 1664-1672. Consultado o 31/01/2015.
  26. Holmes KV. Coronaviridae and their replication. Virology. Fields BN, Knipe D. Raven Press, New York; 1996, p 841-856.
  27. Hay A, Gregory V, Douglas A, Lin Y (2001). "The evolution of human influenza viruses" (PDF). Philos Trans R Soc Lond B Biol Sci 356 (1416): 1861–70. PMC 1088562. PMID 11779385. doi:10.1098/rstb.2001.0999. 
  28. Harrison, S. C. (2010). "Virology. Looking inside adenovirus". Science (New York, N.Y.) 329 (5995): 1026–1027. PMID 20798308. doi:10.1126/science.1194922. 
  29. 29,0 29,1 "Staying healthy is in your hands - Public Health Agency Canada" (en inglés). 17 abril 2008. Arquivado dende o orixinal o 07/03/2010. Consultado o 9/02/2015. 
  30. Boyce JM, Pittet D (2002). MMWR Recomm Rep, ed. "Guideline for Hand Hygiene in Health-Care Settings. Recommendations of the Healthcare Infection Control Practices Advisory Committee and the HICPAC/SHEA/APIC/IDSA Hand Hygiene Task Force. Society for Healthcare Epidemiology of America/Association for Professionals in Infection Control/Infectious Diseases Society of America" 51 (RR-16): 1–45, quiz CE1–4. PMID 12418624. 
  31. S. Bloomfield; Aiello, A; Cookson, B; Oboyle, C; Larson, E (2007). American Journal of Infection Control, ed. "The effectiveness of hand hygiene procedures in reducing the risks of infections in home and community settings including handwashing and alcohol-based hand sanitizers" 35 (10): S27–S64. doi:10.1016/j.ajic.2007.07.001. 
  32. Hand sanitizers may increase norovirus risk (en inglés)
  33. Sandora TJ, Taveras EM, Shih MC; et al. (2005). Pediatrics, ed. "A randomized, controlled trial of a multifaceted intervention including alcohol-based hand sanitizer and hand-hygiene education to reduce illness transmission in the home" 116 (3): 587–94. PMID 16140697. doi:10.1542/peds.2005-0199. 
  34. Sandora TJ, Shih MC, Goldmann DA (2008). Pediatrics, ed. "Reducing absenteeism from gastrointestinal and respiratory illness in elementary school students: a randomized, controlled trial of an infection-control intervention" 121 (6): e1555–62. PMID 18519460. doi:10.1542/peds.2007-2597. 
  35. Larson EL, Lin SX, Gomez-Pichardo C, Della-Latta P (2004). Ann. Intern. Med., ed. "Effect of antibacterial home cleaning and handwashing products on infectious disease symptoms: a randomized, double-blind trial" 140 (5): 321–9. PMC 2082058. PMID 14996673. Resumo divulgativo. 
  36. "Gene studies shed light on rhinovirus diversity." (en inglés). Consultado o 9/02/2015. 
  37. Moreno Espinosa Serbelio. Efectividad clínica en las infecciones respiratorias agudas (IRAs). Instituto nacional de salud pública y la secretaria de salud. 2006: 1-6.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Bibliografía[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]