Saltar ao contido

Billetes da Reserva Federal dos Estados Unidos

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Diversos valores faciais de billetes da Reserva Federal dos Estados Unidos.

Os billetes da Reserva Federal dos Estados Unidos son os billetes emitidos nese país, co seu valor facial en dólares, desde 1914 ata a actualidade, baixo a autoridade outorgada pola Lei da Reserva Federal de 1913.[1]

Este papel moeda emítese a discreción da Xunta de Gobernadores do Sistema da Reserva Federal e o organismo encargado da súa produción é a Oficina de Gravado e Impresión dos Estados Unidos. Os Bancos da Reserva Federal son os que poñen en circulación os billetes;[2] nese momento, convértense en pasivos dos Bancos da Reserva[3] e obrigas dos Estados Unidos.[4]

Os billetes da Reserva Federal son de curso legal e nos máis recentes aparece impresa a lenda THIS NOTE IS LEGAL TENDER FOR ALL DEBTS, PUBLIC AND PRIVATE ("Este billete é de curso legal para todas as débedas públicas e privadas").[5] Este papel moeda xurdiu en substitución dos billetes do Banco Nacional, que se emitiron desde 1863 a 1935 baixo a autoridade do Tesouro dos Estados Unidos. Os billetes da Reserva Federal dos Estados Unidos están sustentados por activos financeiros que os Bancos da Reserva Federal peñoran como garantía, que son principalmente valores do Tesouro e valores de axencias hipotecarias que adquiren no mercado aberto mediante diñeiro fiduciario.[6][7]

Billete de 5 dólares emitido en 1853 por un banco privado

Con anterioridade ao sistema de banca centralizada, cada banco comercial emitía o seu propio papel moeda. A primeira institución que asumiu as responsabilidades dun banco central nos Estados Unidos foi o First Bank of the United States, constituído en 1791 por Alexander Hamilton e vixente ata 1811.[8] En 1816 constituíuse o Second Bank of the United States, ao que non se lle renovou a súa concesión en 1836, logo dunha forte campaña do presidente Andrew Jackson, que acabou coa súa liquidación en 1841.[9] Entre 1837 e 1862, en pleno "período da banca libre", non houbo ningunha institución que actuase formalmente como banco central, e cada banco volveu emitir os seus propios billetes.[10] De 1863 a 1913 instituíuse un sistema de bancos nacionais a partir da Lei bancaria nacional de 1863.[11]

Finalmente, a partir de 1914 comezaron a emitirse os billetes da Reserva Federal, en formato grande, e a partir da serie de 1928 no actual formato reducido. Estas últimas dimensións teñen a súa orixe no tamaño dos "certificados de prata" emitidos en pesos filipinos en 1903, cando William Howard Taft era o gobernador xeral de Filipinas baixo a Administración colonial dos Estados Unidos. En vista do seu grande éxito, o presidente Taft nomeou posteriormente un comité que informou favorablemente acerca do aforro e outras vantaxes que suporía adoptar as dimensións dos billetes filipinos para o uso nos Estados Unidos.[12]

Recorte de prensa (24 de decembro de 1913) que recolle a sinatura de Woodrow Wilson para crear a Reserva Federal.

A autoridade dos bancos da Reserva Federal para a emisión de papel moeda provén da Lei da Reserva Federal de 1913.[13] Legalmente, os billetes son pasivos destes bancos e obrigas do Goberno dos EEUU. Malia non ser emitidos polo Departamento do Tesouro, os billetes da Reserva Federal levan gravada a sinatura do tesoureiro dos Estados Unidos e do secretario do Tesouro.[14]

No momento da creación da Reserva Federal, a lei prevía que os billetes se reembolsasen ao Tesouro en ouro ou en "diñeiro legal". Esta última categoría non estaba definida explicitamente, mais abranguía os billetes dos Estados Unidos, o papel moeda dos bancos nacionais e algúns outros billetes en poder dos bancos para cumprir cos requisitos de reserva, como é o caso dos certificados de compensación.[15]

A Lei Bancaria de Emerxencia de 1933 eliminou a obriga do ouro e autorizou o Tesouro a satisfacer estas demandas de reembolso con billetes correntes de igual valor nominal —facendo efectivamente o cambio—. Baixo o sistema de Bretton Woods, aínda que os cidadáns non podían posuír ouro legalmente —coa excepción de moedas raras ou xoias, ou para fins industriais ou similares—, o Goberno federal seguiu mantendo un prezo internacional estable do ouro. Este sistema acabou co paquete de medidas económicas adoptado en 1971 polo presidente Richard Nixon, coñecido como Nixon Shock. Os actuais billetes da Reserva Federal dos Estados Unidos non están apoiados pola convertibilidade a ningunha materia prima específica, senón unicamente polos activos de garantía que os bancos da Reserva Federal depositan para os obter.[16]

Os billetes emitidos pola Reserva Fedaral dos Estados Unidos ata 1928 —incluído— tiñan unha dimensións de 7+7/16 × 3+9/64 polgadas (18,74 x 7,95 cm). Consonte o proxecto de lei de Asignación do Departamento do Tesouro para 1929, as dimensións das emisións posteriores a esa data serían de 6+5/16 × 2+11/16 polgadas (15,59 x 6,62 cm), o cal lle permitiu ao Departamento do Tesouro producir 12 billetes por cada folla de papel de 16+1/4 × 13+1/4 polgadas, no canto dos oito billetes que se producían co tamaño anterior. Estas medidas son as mesmas para todos os billetes, independentemente do seu valor facial.[17][18]

Serie de 1914

[editar | editar a fonte]
Valor facial Imaxe de anverso e reverso Motivo do anverso Motivo do reverso
Selo vermello Selo azul
5 dólares

[19]

Abraham Lincoln Desembarco de Cristovo Colón e os peregrinos
10 dólares

[20]

Andrew Jackson Escena agrícola e factoría
20 dólares

[21]

Grover Cleveland Tren e barco de pasaxeiros.

Estatua da Liberdade

50 dólares

[22]

Ulysses S. Grant Panamá entre dous buques
100 dólares

[23]

Benjamin Franklin Alegoría: agricultura e comercio

Selos dos distritos do Banco da Reserva Federal (serie de 1914)

Serie de 1918

[editar | editar a fonte]
Valor facial Anverso e reverso Motivo do anverso Motivo do reverso
500 dólares

[24]

John Marshall Hernando de Soto descobre o Mississippi
1.000 dólares

[25]

Alexander Hamilton Aguia
5.000 dólares

[26]

James Madison George Washington asina a renuncia ao seu cargo
10.000 dólares

[27]

Salmon P. Chase

Series de 1928 a 1995

[editar | editar a fonte]
Valor facial Imaxe Descrición Datas
Anverso Reverso Anverso Reverso Primeira serie Derradeira serie
1 dólar

[28]

George Washington Gran Selo dos EEUU 1963 En curso
2 dólares

[29]

Thomas Jefferson Dec. independencia 1976 En curso
5 dólares

[30]

Abraham Lincoln Lincoln Memorial 1928 1995
10 dólares

[31]

Alexander Hamilton Edificio do Tesouro
20 dólares

[32]

Andrew Jackson Casa Branca
50 dólares

[33]

Ulysses S. Grant Capitolio 1993
100 dólares

[34]

Benjamin Franklin Independence Hall
500 dólares

[35]

William McKinley Valor facial 1934
1.000 dólares

[36]

Grover Cleveland Valor facial
5.000 dólares

[37]

James Madison Valor facial
10.000 dólares

[38]

Salmon P. Chase Valor facial
100.000 dólares

[39]

Woodrow Wilson Valor facial 1934

Series de 1996 a 2003

[editar | editar a fonte]

Os billetes de un e de dous dólares seguen a ser os mesmos da serie anterior.

Valor facial Imaxe Descrición Datas
Anverso Reverso Anverso Reverso Primeira serie Derradeira serie
5 dólares

[40]

Abraham Lincoln Lincoln Memorial 1999 2006
10 dólares

[41]

Alexander Hamilton Edificio do Tesouro 2003
20 dólares

[42]

Andrew Jackson Casa Branca 1996 2001
50 dólares

[43]

Ulysses S. Grant Capitolio
100 dólares

[44]

Benjamin Franklin Independence Hall. 2006

Series posteriores a 2004

[editar | editar a fonte]

A partir de 2003, a Reserva Federal introduciu unha nova serie de billetes, que representan imaxes dos símbolos nacionais da liberdade. Cada un dos valores ten unha cor predominante: verde azulada (100 dólares), rosada (50 dólares), verde (20 dólares), alaranxada (10 dólares) e violeta (5 dólares). Os billetes de un e de dous dólares seguen sendo os das series anteriores, sen cambio ningún.

Valor facial Imaxe Descrición Datas
Anverso Reverso Anverso Reverso Primeira serie Circulación
5 dólares

[45]

Abraham Lincoln.

Gran Selo EEUU

Lincoln Memorial 2006 13-III-2008
10 dólares

[46]

Alexander Hamilton.

We the People.

Facho.

Edificio do Tesouro 2004 2-III-2006
20 dólares

[47]

Andrew Jackson.

Aguia.

Casa Branca 2004 9-X-2003
50 dólares

[48]

Ulysses S. Grant.

Bandeira dos EEUU

Capitolio 2004 28-IX-2004
100 dólares

[49]

Benjamin Franklin.

Dec. Independencia

Independence Hall 2009 8-X-2013

Produción e distribución

[editar | editar a fonte]

Un banco comercial que manteña unha conta de reserva na Reserva Federal poderá obter billetes do Banco da reserva Federal do seu distrito cando o desexar. O banco deberá, daquela, pagar o valor nominal dos billetes retirando a súa conta de reserva. Os bancos máis pequenos, que carecen de conta de reserva na Reserva Federal, poden manter as súas correspondentes contas de reserva en "bancos correspondentes" máis grandes, que si que dispoñen delas.[50]

Os billetes da Reserva Federal imprímense na Oficina de Gravado e Impresión (Bureau of Engraving and Printing –BEP–), un organismo dependente do Departamento do Tesouro.[51] Cando os bancos da Reserva Federal precisan máis billetes para a súa posta en circulación, deben achegar unha garantía en forma de obrigas federais directas, obrigas de bancos privados ou activos adquiridos mediante operacións do mercado aberto.[16] Se os billetes se imprimen de novo, tamén deberan aboarlle á Oficina de Gravado e Impresión os custos de impresión, que ascenden a aproximadamente catro centavos de dólar por billete. Este proceso difire da emisión de moeda metálica, que se compra polo seu valor nominal.[50]

Un banco da Reserva Federal pode retirar os billetes que volven estar en circulación, o que lle dá dereito de recuperar as garantías que depositou para unha emisión anterior. Os billetes retirados que estean en bo estado gárdanse na cámara acoirazada do banco para futuras emisións;[52] pola súa banda, os que estean máis deteriorados destrúense e, en substitución deles, encárganselles outros á Oficina de Gravado e Impresión.[53] A Reserva Federal destrúe anualmente 7.000 toneladas de billetes desgastados polo uso.[54]

A partir de 2018, os billetes da Reserva Federal permanecen en circulación, como termo medio, os seguintes períodos de tempo:[55]

Valor facial 1 dólar 2 dólares 5 dólares 10 dólares 20 dólares 50 dólares 100 dólares
Anos de circulación 6,6 (sen datos) 4,7 5,3 7,8 12,2 22,9

A Reserva Federal non fai pública a vida media dos billetes co valor facial do dous dólares, probablemente debido a que, ao seren de facto un artigo de colección por parte da poboación, non están suxeitos ás condicións de desgaste dos billetes cunha circulación ordinaria.[56]

A partir do billete de 100 dólares da serie de 1996, os billetes cun valor facial de cinco dólares ou superior dispoñen dunha letra especial a maiores da letra do prefixo que van do A ao P. Esta primeira letra é o A para a serie de 1996, o B para a de 1999, o C para a de 2001, o D para 2003, o F para a 2003A, o H para a de 2006 e o K para a 2006A. Pola súa banda, o L correspóndelle ao billete de 100 dólares de 2009, o M para a serie de 2013, o N para a de 2017 e o P para a 2017A. A serie de 2021 ten asignada a letra R.[57]

Os billetes da reserva Federal están fabricados cun 75 % de algodón e un 25 % de fibras de liño, proporcionados pola compañía Crane & Co,. de Dalton, Massachusetts.[58]

Elementos de seguridade

[editar | editar a fonte]
Vídeo dos novos elementos de seguridade do billete de 100 dólares

Estímase que hai un 0,01 % billetes falsos en circulación. Para faceren fronte a esta realidade, as autoridades estadounidenses engadiron novos elementos de seguridade nas últimas series, sinaladamente no billete con valor facial de 100 dólares, que é un dos máis falsificados do mundo.[59][60] Este billete é o principal obxectivo dos falsificadores, que nalgúns casos mesmo son estados considerados como inimigos dos EEUU: en 1996, por exemplo, a CIA tiña fundadas sospeitas de que Irán producira unha gran cantidade destes billetes para o seu uso en círculos criminais (terrorismo, mafias, tráfico de drogas etc.).[61]

Estas medidas suplementarias do billete de 100 dólares consisten nunha banda de seguridade en 3D entretecida no papel e a coñecida como "campá do tinteiro", que pasa da cor cobreada ao verde cando se inclina.[62]

Como norma xeral, as series de billetes impresas a partir de 2004 están dotadas con elementos de seguridade mellorados en relación coas series precedentes:[62]

Consonte os bancos centrais, a proporción de billetes falsos incautados anualmente é de 10 por millón no caso do franco suízo, 50 por millón para o euro, 100 por millón para o dólar estadounidense e 300 por millón no caso da libra esterlina (modelo vello).[63]

  1. O'Sullivan, A.; Sheffrin, S. M. (2003). Páxina 255.
  2. Garner, B. A. (ed.) (2004). Black's Law Dictionary. 8ª ed. West Group. ISBN 0-314-15199-0
  3. "Reduction of liability for outstanding notes by depositing notes and collateral and payment of notes of series prior to 1928; reissue of deposited notes". United States Code. Title 12. § 415.
  4. "Issuance to reserve banks; nature of obligation; redemption". United States Code. Title 12. § 411.
  5. "Legal tender". United States Code. Title 31. § 5103.
  6. "Factors Affecting Reserve Balances - H.4.1" (inf ormes semanais). Board of Governors of the Federal Reserve System.
  7. "Legal Tender Status". U.S. Department of the Treasury.
  8. Hill, A. T. "The First Bank of the United States. 1791-1811". Federal Reserve History.
  9. Catterall, R. C. H. (1902). The Second Bank of the United States. University of Chicago.
  10. Dowd, K. (1992). "US Banking in the 'Free Banking' Period". En Dowd, K. (ed.). The Experience of Free Banking. ISBN 9780415048088
  11. "The National-Bank Act as Amended, The Federal Reserve Act, and Other Laws Relating to National Banks". En Senate Documents. Volume 6. Government Printing Office, Washington. 1920.
  12. Schwarz, J.; Lindquist, S. (2009). Standard Guide to Small-Size U.S. Paper Money: 1928-Date (9ª ed.). Krause Publications, Iola. ISBN 978-1-44020245-2
  13. "Federal Reserve Act". Board of Governors of the Federal Reserve System.
  14. Friedberg, A. L. (2021). "New series awaits appointment of new U.S. treasurer". En Coin World. 3 de novembro.
  15. Cross, I. B. (1938).
  16. 16,0 16,1 "Application for notes; collateral required". United States Code. Title 12. § 412.
  17. "Treasury Department Appropriation Bill, 1929". U.S. Government Printing Office. 1928. Páxina 105.
  18. Pedraza, J. A. "El motivo por el que los billetes de Estados Unidos redujeron un 30% su tamaño". En Crónica Numismática.
  19. "United States of America: 5 Dollars (1914)". Banknote.ws
  20. "United States of America: 10 Dollars (1914)". Banknote.ws
  21. "United States of America: 20 Dollars (1914)". Banknote.ws
  22. "United States of America: 50 Dollars (1914)". Banknote.ws
  23. "United States of America: 100 Dollars (1914)". Banknote.ws
  24. "United States of America: 500 Dollars (1918)". Banknote.ws
  25. "United States of America: 1.000 Dollars (1918)". Banknote.ws
  26. "United States of America: 5.000 Dollars (1918)". Banknote.ws
  27. "United States of America: 10.000 Dollars (1918)". Banknote.ws
  28. "United States of America: 1 Dollar (1963)". Banknote.ws
  29. "United States of America: 2 Dollars (1976)". Banknote.ws
  30. "United States of America: 5 Dollars (1928)". Banknote.ws
  31. "United States of America: 10 Dollars (1928)". Banknote.ws
  32. "United States of America: 20 Dollars (1928)". Banknote.ws
  33. "United States of America: 50 Dollars (1928)". Banknote.ws
  34. "United States of America: 100 Dollars (1928)". Banknote.ws
  35. "United States of America: 500 Dollars (1928)". Banknote.ws
  36. "United States of America: 1.000 Dollars (1928)". Banknote.ws
  37. "United States of America: 5.000 Dollars (1928)". Banknote.ws
  38. "United States of America: 10.000 Dollars (1928)". Banknote.ws
  39. "United States of America: 100.000 Dollars (1934)". Banknote.ws
  40. "United States of America: 5 Dollars (1999)". Banknote.ws
  41. "United States of America: 10 Dollars (1999)". Banknote.ws
  42. "United States of America: 20 Dollars (1996)". Banknote.ws
  43. "United States of America: 50 Dollars (1996)". Banknote.ws
  44. "United States of America: 100 Dollars (1996)". Banknote.ws
  45. "United States of Anmérica: 5 Dollars (2006)". Banknote.ws
  46. "United States of Anmérica: 10 Dollars (2004)". Banknote.ws
  47. "United States of Anmérica: 20 Dollars (2004)". Banknote.ws
  48. "United States of Anmérica: 50 Dollars (2004)". Banknote.ws
  49. "United States of Anmérica: 100 Dollars (2009)". Banknote.ws
  50. 50,0 50,1 "How Currency Gets into Circulation". Federal Reserve Bank of New York. 2013.
  51. "The Department of the Treasury". United States Department of the Treasury.
  52. "Withdrawal of collateral deposited to protect notes and substitution of other collateral; retirement of notes; payment of notes of series prior to 1928; [...]". United States Code. Title 12. § 416.
  53. "Distinctive letter and serial number of notes; cancellation of notes unfit for circulation; accounting; apportionment of credit among Federal Reserve banks". United States Code. Title 12. § 413.
  54. "Interesting figures". Fleur-de-coin.com
  55. "How long is the lifespan of U.S. paper money?". Board of Governors of the Federal Reserve System.
  56. "History of Currency Designs". USPaperMoney.info
  57. "Serial Numbering". USPaperMoney.info
  58. "U.S Currency. How Money is Made: Paper and Ink Arquivado 24 de xuño de 2021 en Wayback Machine.". Bureau of Engraving and Printing.
  59. "Petite coupure. Le billet de 100 $ se refait une beauté". En Le Monde. 8 de outubro de 2013.
  60. Wall, M.; Espiner, T. (2013). "US releases $100 banknote with new security features". En BBC News. 8 de outubro.
  61. Collins, L. (1995). "Alerte aux faux dollars". En L'Express. 16 de febreiro.
  62. 62,0 62,1 "The Latest in U.S. Currency Design". www.uscurrency.gov
  63. Beuret, M. (2013). "Les mystères de la fausse monnaie". En Allez savoir ! Nº 50, maio.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Outros artigos

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]