Comandante en xefe

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Comandante en xefe[1] é o cargo que exerce o comando sobre todas as forzas armadas dun territorio. Na maioría dos casos son os xefes de Estado, ou os xefes de goberno. Con isto se reforza a noción de que é a autoridade civil e política a que está a cargo das forzas armadas. Foi instaurado por primeira vez por Carlos I de Inglaterra en 1639.

En España[editar | editar a fonte]

Este cargo recibe o nome en España de capitán xeneral de cada unha das tres ramas das Forzas Armadas e, de acordo coa Constitución, correspóndelle ao rei (actualmente osténtao Filipe VI).

Notas[editar | editar a fonte]

  1. Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para comandante.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]