Devesa

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Devesa é unha pradeira arborada, normalmente valada ou pechada, poboada con diversas especies forestais non moi mestas, destinada á mantenza do gando; e onde a actividade do ser humano ten sido intensa. Exemplo deste ecosistema é a Devesa da Rogueira no Courel

É un exemplo típico de sistema agrosilvopastoral.

Outro termo[editar | editar a fonte]

Tamén se denomina co termo devesa, ao tipo de xestión de veigas privadas destinadas á explotación agro-gandeira sobre a fraga mediterránea, da que se obteñen múltiples recursos simultaneamente.

Trátase dun ecosistema derivado da actividade humana a partir das fragas de enciños (Quercus ilex L.), sobreiras (Quercus suber L.), etc. É consecuencia de lle conquistar á fraga terreos para destinalos a prados. Pasa por unha fase inicial na que se aclara o bosque mesto para rematar nunha segunda de control da vexetación leñosa e estabilización das pradeiras.