Alba, Pontevedra
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: Alba.
| Alba | |
|---|---|
| Igrexa parroquial | |
| Concello | Pontevedra |
| Área | - km² |
| Poboación | (ano 2008) 850 hab. |
| Densidade | - hab./km² |
| Entidades de poboación | 8 |
Santa María de Alba é unha parroquia que se localiza no concello de Pontevedra. Segundo os datos do INE a 1 de xaneiro de 2006 tiña 881 habitantes (476 mulleres e 405 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón un lixeiro aumento en relación ao ano 2004 cando tiña 865 habitantes. No ano 2008 esta poboación diminuíu un 2,3 % xa que había 850 habitantes dos cales 399 son homes e 451 son mulleres.
Ata 1868, data de adhesión ó concello de Pontevedra, era un concello de seu, abranguendo tamén as parroquias de Verducido, Cerponzóns e Lérez.
Índice |
[editar] Lugares de interese
Nesta parroquia está a Xunqueira de Alba, de grande importancia ecolóxica e paisaxística. Na zona norte aprécianse bosques de ribeira e prados, sobre todo na desembocadura do río Rons.
Pola parroquia pasaba a vía XIX romana, e aquí atopouse un miliario dedicado ó emperador Caracalla. Como zona de paso da vía portuguesa do Camiño de Santiago, o lugar de Guxilde albergou gran cantidade de peregrinos, como a raíña de Portugal, dona Isabel, quen no ano 1325 peregrinaba a Compostela para pregar polo seu defunto marido.
A igrexa parroquial de Santa María é de estilo neoclásico-barroco, construída en 1595 por mandato do bispo Xoán de San Clemente, sendo o mestre de obra Mateo López. O anterior templo fora consagrado por Diego Xelmírez, que a primeiros do século XII adquirira a propiedade do templo. Ao seu carón está a casa reitoral, de estilo barroco.
Na parroquia hai outros templos menores, como a capela de san Caetano (s. XVIII), e a capela da Devesa (s. XIX). Alba acolle numerosos cruceiros, un deles recollido na obra As cruces de pedra na Galiza de Castelao.
A festa patronal celébrase o día 15 de agosto (santa María) e tamén é festa do Santísimo o segundo domingo despois do Corpus Christi.
[editar] Galería de imaxes
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares de Alba
| Lugares da parroquia de Alba no concello de Pontevedra | |
|---|---|
|
A Devesa | Guxilde | Lampreeira | Pontecabras | Reariz | San Caetano | Touceda |