A Devesa, Ribadeo
Coordenadas: 43°32′N 07°08′W / 43.533°N 7.133°W
- Para outras páxinas con títulos homónimos véxase: A Devesa.
| A Devesa | |
|---|---|
| Praia das Catedrais | |
| Concello | Ribadeo |
| Área | - km² |
| Poboación | (Ano 2004) 615 hab. |
| Densidade | - hab./km² |
| Entidades de poboación | 20 |
Santalla da Devesa é unha parroquia do concello de Ribadeo que está arroupada polas de Reinante, San Miguel de Reinante e Vilamartin Pequeno (no concello de Barreiros) cuxo límite o fai o regato do Perdón e, polo sur con Arante, no leste con Covelas e Vilaframil (tamén está o seu termo o monte Mondigo) e polo oeste con Rinlo. Freguesía pertencente ó arciprestado de Ribadeo, conta con 615 habitantes distribuídos en 11 entidades de poboación e 9 lugares o que fai unha densidade de 29'6 hab/km², segundo o censo do 2004.
As entidades de poboacion son as seguintes: O Barral (30), Barrio Novo (10), Cinxe (93), Liñeiro (abandonado), Meirengos (48), Noceda (45), A Pedreira (29), O Rato (133), A Rochela (70), Vilagoíz (68), e Vilandriz (89).
Os lugares (que xeralmente forman parte dalgunhas das entidades) son: A Avesada, O Barrio da Campana, Cepetal, Esteiro, O Lagar, Os Olleiros, A Preixoana, O Viladroiro e A Volta.
Posúe unha superficie de 20,74 km² e unha altitude media de 110 m.
Índice |
[editar] Historia do nome
O seu nome deriva do latín Defensa, "protexida", que perde o n ante o s na súa evolución, como mensa / mesa, quedando así Defesa, como xa aparece atestiguado no ano 924. O f latino, sonido fricativo fortemente sonorizado, convértese nun v dándonos a súa forma actual Devesa, co significado de "Vila fortemente defendida" que logo pasou a designar esta parroquia.
| Situación xeográfica | |
|---|---|
| Mapa de situación en Galicia da parroquia A Devesa, Ribadeo |
|
| Concello ó que pertence: Ribadeo |
[editar] Monumentos
O templo parroquial (a Igrexa de Santa Eulalia) é do século XVI, pero con reformas posteriores. Dispón dunha nave con bóveda de aresta nos tres tramos, sobre arcos faxóns. Na fachada un arco escarzano e unha torre de dous corpos rematada pola cúpula de media laranxa. No seu interior, un retablo neoclásico do século XIX e tres barrocos do XVIII. En canto á orfebrería posúe tres cálices e un copón, de prata e ouro. Existen, ademais, dentro do térmo parroquial tres capelas, baixo as advocacions de Santa Filomena, San Roque e San Ramón (cun retablo barroco do XVIII, o que se lle incorporou un Cristo do século XVII). Na zona de Os Castros podense percibir aínda restos de castros celtas de certa importancia. Tamén se localizan o CÍrculo Habaneiro, a Casa Place, a Casa Maseda e outras de estilo colonial ao carón da estrada xeral.
[editar] Lecer
Mención á parte merece o Albergue Xuvenil, un campamento que se abre no verán para realizar acampadas. Tamén atopamos unha cooperativa agrícola "Os Irmandiños", un dos modelos que contribuíu a dar empuxe ao concello no ámbito municipal das actividades. Pero tamén hai que falar das praias do seu termo, sobresaíndo a chamada Praia das Catedrais (coñecida de sempre no lugar por Praia de Augas Santas) pertencente á zona de "O Rato", pero tampouco debemos de desprezar as praias de "As Illas" e "A Rochela" (ámbalas dúas na zona da Rochela) e "Esteiro" (dentro da zona do mesmo nome).
[editar] Festas
O 31 de agosto acostuma celebrarse a festa na honra a San Ramón Nonato, que inclúe romaría e procesión. Pero as Festas Patronais son as de Santa Eulalia case sempre o 10 de decembro e contan cunha gran tradición na zona xa que coinciden coa época do San Martiño ou da matanza do porco.
[editar] Galería de imaxes da Praia das Catedrais
-
Vista parcial da praia de Augas Santas, hoxe moi coñecida por "Praia das Catedrais".
[editar] Lugares e parroquias
[editar] Lugares da Devesa
| Lugares da parroquia da Devesa no concello de Ribadeo (Lugo) | |
|---|---|
|
A Avesada | O Barral | A Barrio da Campana | Barrio Novo | Cepetal | Cinxe | Esteiro | O Lagar | Liñeiro | Meirengos | Noceda | Os Olleiros | A Pedreira | A Preixoana | O Rato | A Rochela | O Viladroiro | Vilagoíz | Vilandriz | A Volta |
[editar] Parroquias de Ribadeo
| Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Ribadeo | |
|---|---|
|
Arante (San Pedro) | Cedofeita (Santa María Madanela) | Couxela (Santiago) | Covelas (San Vicente) | A Devesa (Santalla) | Ove (San Xoán) | Piñeira (San Xoán) | Ribadeo (Santa María) | Rinlo (San Pedro) | Santalla de Vilausende (Santalla) | Vilaframil (San Lourenzo) | Vilaselán (Santa María) |