A Cova, Carballedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
A Cova
Igrexa de San Xoán da Cova
ConcelloCarballedo[1]
ProvinciaLugo
Coordenadas42°29′33″N 7°42′20″O / 42.49261966, -7.70552664Coordenadas: 42°29′33″N 7°42′20″O / 42.49261966, -7.70552664
Poboación29 hab. (2020)
Entidades de poboación14[1]
editar datos en Wikidata ]

San Xoán da Cova é unha parroquia que se localiza no concello de Carballedo, na comarca de Chantada. Segundo o IGE en 2011 tiña 39 habitantes (18 mulleres e 21 homes), distribuídos en 8 entidades de poboación, o que supón unha diminución en relación ao ano 1999 cando tiña 68 habitantes. En 2016 tiña 35 habitantes, 16 mulleres e 19 homes segundo o INE, no 2020 eran 29; 13 mulleres e 16 homes.

Toponimia[editar | editar a fonte]

O topónimo é igual no latín vulgar cova fronte ao clásico cavus,a,um: oco, cóncavo[2].

Patrimonio[editar | editar a fonte]

A igrexa de San Xoán da Cova, románica do século XII, foi declarada en 1850 monumento histórico artístico. A igrexa formou parte dun mosteiro de monxas bieitas de incerta fundación, que chegou a depender de Chouzán. Pola construción do encoro dos Peares tivo que ser trasladada pedra a pedra ata o lugar no que se encontra actualmente.

Ten planta rectangular de nave única con ábsida semicircular, cubríndose respectivamente con madeira e bóvedas de canón e forno. A porta principal está formada por un arco apuntado de tres arquivoltas, sobre tres pares de columnas, no tímpano pódese ler en latín: "Na honra de N.S.X.C. dá B sempre V. María o soldado Pedro García mandou facer de seu esta igrexa".

A porta lateral norte pertence a unha capela que non se trasladou e presenta dobre arquivolta apuntada que se apoia sobre columnas acobadadas. Neste muro está o sepulcro da Abadesa. No interior destaca o arco triunfal moldurado en bocel de media cana con botóns na rosca.

Tralo traslado, a igrexa levántase no lugar de Piñarrostro, actualmente deshabitado. Moi cerca construíuse a nova igrexa da Cova.[3]

Galería de imaxes[editar | editar a fonte]

Notas[editar | editar a fonte]

Lugares e parroquias[editar | editar a fonte]

Lugares da Cova[editar | editar a fonte]

Lugares da parroquia da Cova no concello de Carballedo (Lugo)

Arxemil | A Carballeira | O Catasol | Cima de Vila | Fondo de Vila | O Mallo | Outeiro | Papelle | Piñarrostro | A Ribeiriña | San Cristovo | A Vila | Vilanfesta | Vilar

Parroquias de Carballedo[editar | editar a fonte]

Galicia | Provincia de Lugo | Parroquias de Carballedo

Aguada (Santa Baia) | Buciños (San Miguel) | Carballedo (Santa María) | Cartelos (Santo Estevo) | Castro (San Cristovo) | Chouzán (Santo Estevo) | A Cova (San Xoán) | Erbedeiro (San Pedro) | Furco (San Gregorio) | Lobelle (San Cristovo) | Lousada (Santiago) | Marzás (Santa María) | Milleirós (San Xoán) | Oleiros (San Miguel) | Pradeda (Santiago) | San Mamede de Lousada (San Mamede) | San Romao de Campos (San Romao) | San Salvador de Búbal (San Salvador) | Santa Baia de Búbal (Santa Baia) | Santa Cristina de Asma (Santa Cristina) | Santa Mariña do Castro (Santa Mariña) | Temes (Santa María) | Veascós (Santa Mariña) | Vilaquinte (Santa María)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Outros artigos[editar | editar a fonte]