Egin
Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Egin ("facer" en éuscaro), foi un diario vasco de información xeral e cun criterio de edición próxima á ideoloxía da esquerda abertzale.
[editar] Características
Egin era editado principalmente en lingua castelá, pero con partes na lingua propia do País Vasco. Editábao Orain SA, cuxa sede se atopaba en Hernani. Orain tamén era a empresa propietaria da emisora de radio Egin Irratia, vinculada ao diario.