Hans Asperger
Hans Asperger, nado en Viena o 18 de febreiro de 1906 e finado o 21 de outubro de 1980, foi un pediatra e psiquiatra austriaco.
A síndrome de Asperger é nomeada así na súa honra. Asperger publicou a primeira definición da síndrome de Asperger en 1944. Identificou un patrón de comportamento e habilidades en nenos predominantemente percibida como "psicópata autista, unha desorde de personalidade. O padrón incluía unha "falta de empatía, reducida capacidade para as relacións sociais, conversas, solitario, unha profunda atracción cun interese especial e movementos desaxeitados." Asperger chamou os seus pacientes "pequenos profesores" por causa do seu amplo coñecemento no tema do seu interese. Asperger morreu antes de a definición deste patrón ser debidamente recoñecida, en parte porque a súa obra foi escrita en alemán e polas escasas traducións. A primeira persoa en usar o termo "síndrome de Asperger" nun xornal foi o investigador británico Lorne Wing. O seu artigo, titulado "Síndrome de Asperger: un relato clínico" foi publicado en 1981, e desafiou o modelo previamente aceptado de autismo presentado por Leo.