Segundo Moreno Barcia

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

Segundo Moreno Barcia, nado en Ribadeo o 21 de outubro de 1841 e finado na Coruña o 27 de abril de 1909, foi un avogado, profesor e político galego.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

En Ribadeo foi profesor na Escola Naútica, avogado, comerciante, fundador e director do periódico local La Cuenca del Eo (1866-67). Defendeu a doutrina liberal e pertenceu á Xunta Revolucionaria de Ribadeo logo da caída do réxime isabelino. Liderou o federalismo e defendeu a descentralización rexional e a secularización dentro do Partido Republicano. Foi deputado polo distrito de Ribadeo (1873-1874). Foi un dos redactores do Proxecto de Constitución para o Estado Galaico de 1887. En 1907 incorporouse a Solidaridad Gallega. Foi socio da Institución Libre de Enseñanza e un dos referentes do librepensamento e anticlericalismo coruñés.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]