Frank Lloyd Wright

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Este é un dos 1000 artigos que toda Wikipedia debería ter.
Frank Lloyd Wright
Frank Lloyd Wright
Wright o 1 de marzo de 1926.
Nacemento: 8 de xuño de 1867
Richland Center, Wisconsin, Estados Unidos de América Estados Unidos
Falecemento: 9 de abril de 1559 (91 anos)
Phoenix, Arizona, Estados Unidos de América Estados Unidos
Nacionalidade: Estadounidense
Ocupación: Arquitecto
Primeira casa-estudo de Frank Lloyd Wright.
Taliesin Oeste
Edificio Johnson
Museo Guggenheim de Nova York
Museo Guggenheim de Nova York

Frank Lloyd Wright, nado en Richland Center (Wisconsin) o 8 de xuño de 1867 e finado en Phoenix (Arizona) o 9 de abril de 1959, foi un arquitecto estadounidense, un dos principais mestres da arquitectura do século XX e grande influente en tódolos demais arquitectos mundiais.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi o primeiro fillo no seo dunha humilde familia. A infancia de Frank foi tormentosa, polas desavinzas entre a súa nai Anna Lloyd-Jones e seu pai, William Carey Wright. O pai marchou da casa, algo que Frank nunca lle perdoaría, polo que trocaría os seus apelidos.

No 1886 comeza os estudos de Enxeñaría na Universidade de Wisconsin, á vez que traballaba de deliñante. No 1887, trasládase a Chicago, onde traballa con Joseph Lyman Silsbee e máis tarde no estudio dos arquitectos Adler&Sullivan, onde é o encargado de facer os planos das casas residenciais. No 1892, abandona o estudio para abrir o seu propio estudio no 1893 en Chicago e proxecta e constrúe a súa casa-estudio en Oak Park. No 1896, escribe un credo coas súas conviccións titulado Work Song e, no 1901, pronuncia a súa conferencia The Art and Craft of rhe Machine. Será no 1905 cando Wright viaxe por primeira vez a Xapón e empece a sentir interese polos gravados que se realizan neste país. No 1909, viaxará en solitario a Europa e á súa volta, no 1911, constrúe a súa nova casa-estudio cerca de Spring Green, coñecido como Taliesin que arderá no 1914 e no 1925. En 1916, coa firma do contrato para a proxección do novo Hotel Imperial, Wright abrirá un estudio en Toquio. En 1922 abriu un estudio nos Ánxeles.

En 1926 Taliesin foi embargado polo Banco de Wisconsin e o arquitecto será detido por un suposto delito contra os bos costumes. En 1927 comezou a escribir a serie de artigos titulados In the Cause of Architecture que se publicarán mensualmente na revista The Architectural Record. No 1932, funda a comunidade Taliesin Fellowship que comezará a publicar no 1934 o primeiro número de Taliesin, revista creada por Wright. No 1935, realízase o proxecto polo que é máis coñecido este arquitecto, a Casa da fervenza, tamén coñecida como Fallingwater. No 1938, deseña o número de xaneiro de Architectural Forum que se dedica á súa obra, e protagoniza a portada da Revista Time. No 1943, realizará outro dos seus proxectos máis coñecidos, o Museo Guggenheim de Nova York. No 1956, o alcalde de Chicago declara o 17 de outubro Día de Frank Lloyd Wright.

Posicionamento[editar | editar a fonte]

Wright aplicou o termo de arquitectura orgánica, definíndoa como aquela na que a construción se deriva directamente do medio natural. Dende os inicios da súa carreira rexeitou os estilos neoclasicistas e vitorianos que imperaban a finais do século XIX. Opúxose á imposición de calquera estilo, convencido de que a forma que se lle outorga a un edificio debe estar vinculada á súa función (o que máis tarde se nomearía funcionalismo), ao medio e aos materiais empregados na súa construción. Por iso, reconóceselle como un arquitecto que soubo combinar os materiais de acordo coas súas posibilidades estruturais e estéticas. Wright foi pioneiro na utilización de novas técnicas construtivas, como os bloques de formigón armado prefabricados e as innovacións no campo do aire acondicionado, a iluminación indirecta e os paneis de calefacción. Un deses exemplos é o Edificio Larkin en Buffalo de 1904, que foi o primeiro edificio de oficinas en con aire acondicionado, ventás dobres, portas de vidro e mobles metálicos. Outro exemplo é o Hotel Imperial de Toquio que destaca polas súas innovacións estruturais, polo seu sistema antisísmico para gañar flexibilidade (empregou unha estrutura apoiada nuns cimentos que flotan sobre un leito de barro), razón pola que non sufriu ningún dano no terrible terremoto do ano seguinte ao da súa terminación.

Outro achegamento fundamental á arquitectura moderna foi o dominio da planta libre, coa que obtivo espazos moi interesantes que fluían entre estancias. É este o concepto que manexou nas casas da pradaría. Wright trataba á casa como un organismo humano, no que o seu centro era a cheminea, que funcionaba como o corazón da casa, tanto por producirse a vida ao seu carón, como por ser o punto que quecía o espazo.

Este arquitecto é moi coñecido pola grande importancia que a vexetación tiña nas súas representacións, das que se conservan numerosas mostras de elaborados debuxos, nos que puña especial interese nos detalles vexetais, chegando incluso a inventarse especies non coñecidas.

Principais proxectos[editar | editar a fonte]

  • Casa William H. Winslow, en River Forest, Illinois (1893)
  • Casa William G. Fricke, en Oak Park, Illinois (1901)
  • Casa Ward W. Willitts, en Highland Park, Illinois (1902)
  • Casa Darwin D. Martin, en Buffalo (1903)
  • Edificio da Prensa, en San Francisco (1903)
  • Edificio Larkin, en Buffalo, Nova York (1903)
  • Templo Unitario, en Oak Park, Illinois (1905)
  • Casa Avery Coonley, en Riverside, Illinois (1907)
  • Casa Frederick C. Robie, en Chicago, Illinois (1908)
  • Casa de Mrs. Thomas Gale, en Oak Park, Illinois (1909)
  • Casa de xogos A. Coonley, en Riverside, Illinois (1912)
  • Taliesin (Casa, leira e estudio de Wright), en Spring Green, Wisconsin (1911)
  • Hotel imperial, en Toquio, Xapón (1915)
  • Casa Aline Barnsdall, nos Ánxeles (1917)
  • Colexio Jiyu Gakuen, en Toquio (1921)
  • Casa Alice Millard, A Miniatura, en Pasadena, California (1923)
  • Casa Charles Ennis, nos Ánxeles (1923)
  • Complexo Taliesin Fellowship, en Spring Green, en Wisconsin (1932)
  • Casa Malcolm Willey, en Minnesota (1934)
  • Casa da fervenza (Fallingwater), en Pennsylvania (1935)
  • Casa Paul e Jean Hanna, en Stanford, California (1935)
  • Edificio Johnson, en Wisconsin (1936)
  • Taliesin Oeste (Casa e estudo de Wright), en Scottsdale, Arizona (1937)
  • Casa John C. Pew, en Wisconsin (1938)
  • Casa Rose Pauson, en Phoenix, Arizona (1939)
  • Laboratorio de investigación, en Wisconsin (1943)
  • Museo Guggenheim Nova York, en Nova York (1943)
  • Casa herbert Jacobs, en Wisconsin (1944)
  • Igrexa Unitario, en Wisconsin (1947)
  • Tenda de agasallos V. C. Morris, en California (1948)
  • Torre H. C. Price, en Oklahoma (1952)
  • Sinagoga, en Pennsylvania (1954)
  • Centro Cívico Marin County, en San Rafael, California (1957)
  • Casa Norman Lykes, en Arizona (1959)

Obra escrita máis importante[editar | editar a fonte]

  • An Autobiography (1932)
  • An Organic Architecture (1939)
  • Natural House (1954)

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Commons
Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Frank Lloyd Wright

Bibliografía[editar | editar a fonte]

  • Brooks, B. (2004), Wright. Madrid: Ed. Taschen
  • Frank Lloyd Wright: Architecture, man in possession of his earth, by Iovanna Lloyd Wright (1962, Doubleday; OCLC 31514669)
  • Many Masks, by Brendan Gill (1987, Putnam; ISBN 0-399-13232-5)
  • Frank Lloyd Wright, by Ada Louise Huxtable (2004, Lipper/Viking; ISBN 0-670-03342-1)
  • Frank Lloyd Wright: a Biography, by Meryle Secrest (1992, Knopf; ISBN 0-394-56436-7)
  • Frank Lloyd Wright: His Life and Architecture, by Robert Twombly (1979, Wiley; ISBN 0-471-03400-2)
  • Frank Lloyd Wright: by Vaccaro, Tony, (2002, Kultur-unterm-Schirm)
  • The Fellowship: The Untold Story of Frank Lloyd Wright and the Taliesin Fellowship, by Roger Friedland and Harold Zellman (2006, Regan Books; ISBN 0-06-039388-2)
  • Loving Frank, by Nancy Horan, (2008, Random House, Inc; ISBN 0-345-49499-7)
  • Architecture of Frank Lloyd Wright, The, by Neil Levine (1996, Princeton University Press; ISBN 0-691-03371-4)
  • Architecture of Frank Lloyd Wright: A Complete Catalog, The, by William Allin Storrer (2007 updated 3rd. ed., University of Chicago Press; ISBN 0-226-77620-4)
  • Frank Lloyd Wright, by Robert McCarter (1997, Phaidon, London; ISBN 0-7148-3148-4 (hardback), ISBN 0-7148-3854-3 (paperback))
  • Frank Lloyd Wright: America’s Master Architect, by Kathryn Smith (1998, Abbeville Publishing Group (Abbeville Press, Inc.); ISBN 0-7892-0287-5)
  • Frank Lloyd Wright: Architect, by the Museum of Modern Art (1994, ISBN 0-87070-642-X)
  • "Frank Lloyd Wright: Architecture and Space", by Peter Blake (1965, Pelican Books).
  • Frank Lloyd Wright Companion, The, by William Allin Storrer (2006 Rev. Ed., University of Chicago Press; ISBN 0-226-77621-2)
  • Frank Lloyd Wright: Masterworks, by Bruce Brooks Pfeiffer (1993, Rizzoli; ISBN 0-8478-1715-6)
  • Frank Lloyd Wright: Building for Democracy, by Bruce Brooks Pfeiffer (2004, Taschen; ISBN 3-8228-2757-6)
  • Wrightscapes: Frank Lloyd Wright’s Landscape Designs, by Charles and Berdeana Aguar (2003, McGraw-Hill; ISBN 0-07-140953-X)
  • Wright Space: Pattern and Meaning in Frank Lloyd Wright's Houses by Grant Hildebrand (1991, University of Washington Press; ISBN 0-295-97005-7)
  • Frank Lloyd Wright Field Guide, by Thomas A. Heinz (1999, Academy Editions; ISBN 0-8101-2244-8)
  • Frank Lloyd Wright's Glass Designs, by Carla Lind (1995, Pomegranate; ISBN 0-87654-468-5)
  • Frank Lloyd Wright Complete Works 1943–1959, by Bruce Brooks Pfeiffer and Peter Gössel (editor) (2009, Taschen; ISBN 978-3-8228-5770-0). First in a series of three monographs featuring all of Wright's 1,100 designs, both realized and unrealized.

Outros artigos[editar | editar a fonte]

Ligazón externas[editar | editar a fonte]