Blaise Cendrars

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Retrato de Cendrars por Amedeo Modigliani.

Frédéric-Louis Sauser, coñecido como Blaise Cendrars, nado en Neuchâtel o 1 de setembro de 1887 e finado en París o 21 de xaneiro de 1961, foi un escritor suízo en lingua francesa.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Adoptou a nacionalidade francesa en 1916. As súas viaxes, reais e imaxinarios, son a fonte de inspiración principal da súa poesía e da súa prosa. Tras enrolarse na Lexión Estranxeira, participou na Primeira Guerra Mundial na que perdeu o brazo dereito, amputado en 1915 por riba do cóbado. Este acontecemento marcará a súa obra profundamente, posto que se o seu brazo dereito é o que lle serve para o seu oficio de escritor tamén é o que usa como pianista. A guerra decidiu a súa vocación.

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]