Eero Saarinen
Eero Saarinen, nado o 20 de agosto de 1910 en Helsinki e finado o 1 de setembro de 1961 foi un arquitecto estadounidense de orixe finlandés. O seu pai foi o coñecido arquitecto Eliel Saarinen.
Índice |
Traxectoria [editar]
Cando tiña 13 anos, os seus pais emigraron ós Estados Unidos. Saarinen estudiou primeiramente escultura na Academia da Grand Chaumiére de París e posteriormente arquitectura na universidade de Yale. Recibiu unha beca para viaxar de novo a Europa, onde estivo dous años. De volta ós Estados Unidos foi profesor de arquitectura na Academia de Arte Cranbrook. En 1937 comenzou a diseñar mobles en colaboración cun socio, polos que recibiron varios premios do Museo de Arte Moderno de Nova York. Máis tarde diseñou tamén mobles para a compañía Knoll, que se convertiron en clásicos.
Como arquitecto, Saarinen traballou no estudio do seu pai ata a morte deste. Fíxose famoso polos seus diseños en liñas curvas, especialmete nas cubertas dos edificios, coas que conseguía darlles gran lixeireza. Asociouse a cotío co que se denominou arquitectura internacional. Un dos edificios máis representativos e coñecidos popularmente é a terminal da TWA no aeroporto Kennedy de Nova York.
Obras destacadas [editar]
- Arco Gateway (St. Louis).
- Aeroporto Internacional de Hellinikon.
- Auditorio Kresge, Instituto de Tecnoloxía de Massachusetts (Boston).
- Edificio Bell Laboratories (Holmdel, New Jersey).
- Edificio da CBS (Black Rock, Nova York).
- Teatro Vivían Beaumont, Lincoln Center (Nova York).
- Aeroporto Internacional Washington-Dulles (Washington).
- Terminal da TWA, Aeropuerto Kennedy (Nova York).
- Centro Técnico da General Motors (Worren, Michigan).
- Embaixada dos EE.UU. en Oslo.
- Embaixada dos EE.UU. en Londres.
- Iglesia North Christian (Columbus, Indiana).
Véxase tamén [editar]
Ligazóns externas [editar]
- Biografía e proxectos en soloarquitectura.com (en castelán).
- Imaxes de obras en bluffton.edu (en inglés).
