García III de Navarra

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.

García Sanches III, tamén denominado García I de Pamplona, nado en 1020 e finado en Atapuerca, Burgos, o 15 de setembro de 1054, apelidado "o de Nájera", foi rei de Navarra.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Herdou o trono navarro á morte do seu pai Sancho Garcés III. No ano 1037, cando o seu irmán Fernando I de León solicita a súa axuda para combater o seu cuñado Vermudo III de Galiza preto de Pisuerga, este préstaa, combatendo os dous irmáns unidos contra o monarca galaico na batalla de Tamarón, sendo vencido e morto o último.

A axuda prestada a Fernando foi decisiva para a repartición que os dous irmáns fixeron con gran parte do condado de Castela, aumentando os límites do reino de Navarra até a baía de Santander, ocupando practicamente todo o territorio vasco, e permitindo así que Fernando se apoderá-se da capital galaica, León.

Venceu ao seu irmán Ramiro I de Aragón en Tafalla (1043).

Aproveitando a debilidade dos reinos das taifas, dedicouse a aumentar os seus dominios con logro, conseguindo conquistar Calahorra en 1045.

En 1052 fundou o Mosteiro de Santa Maria la Real de Nájera.

Debido á repartición das terras castelás estalou a loita entre os irmáns, morrendo Garcia III de Navarra na batalla de Atapuerca.