Usuario:Estevoaei/100wikidays escritoras

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Póster presentado en Wikimania 2018 sobre o #100wikidays.


100wikidays é un reto persoal. Para o meu primeiro #100wikidays propúxenme crear ou traducir ao galego 100 artigos sobre mulleres escritoras. Comecei o 27 de novembro de 2017. Non recordo en que momento souben do reto 100wikidays; quizais mo comentaron nas Xornadas de Wikimedia España celebradas en Murcia en setembro. O 14 de outubro celebrouse na Biblioteca Nacional de Madrid o Wikiencontro Día das Escritoras 2017, ao que finalmente non puiden asistir. Conxugáronse así os dous elementos que me levaron a facer o proxecto #100wikidays sobre mulleres escritoras. En principio parecía moi ambicioso. En serio había cen mulleres escritoras sen artigo na Galipedia? Habíaas, abofé.

Antes de comezar, fixen un listado. Primeiro busquei na sección de artigos solicitados, e vin que estaban pendentes de crear os artigos de Arantza Portabales, Arancha Nogueira, Montse Fajardo, Sabela Rodríguez Oxea e Ronsel Pan. Despois botei un ollo ao listado que usaran no Wikiencontro de Madrid, e vin que aínda quedaba moito por facer. Anotei uns cantos nomes, e outros máis da lista de escritoras do Wikiproxecto mulleres, que á súa vez fora adaptado de en:List of women writers. Xa tiña bastante por onde comezar!

Propúxenme ir alternando a creación de artigos desde cero coa tradución de artigos doutras Wikipedias. Comecei o 27 de novembro con Arantza Portabales, que creei con información tomada da web da AELG. Ao día seguinte traducín do castelán o artigo sobre Anaïs Nin, personalidade que non coñecía e que me pareceu apaixonante. Despois seguín descubrindo xente interesante, como Carmen Muñoz Manzano. E por unha serendipia da vida, neses días souben que Alfonsina Storni era quen daba nome a unha canción que me cantaba miña nai de neno, así que tamén lle fixen artigo.

O bo de ir facendo artigos de escritoras foi que moitas delas se relacionaban con outras, co que ía anotando novos nomes. Tamén fun anotando outros nomes por casualidade, por exemplo tras ler unha novela de Chester Himes e fixarme en que fora traducida por Ana Becciu. Xa me soaba o nome de Catherine Gasquoine Hartley, pero pareceume fascinante que tivese unha acusación de plaxio de Annette Meakin por dous libros de viaxe ambientados en Galicia! O día de Nadal creei o artigo de Patricia Arias Chachero, que xa tiña numerosas ligazóns cara a el. Quedei particularmente orgulloso de facer o de Carolyne Larrington, de quen mercara un libro en maio en Copenhague. O día de Aninovo, loitando contra a resaca, logrei facer o artigo de Laura Falcó, autora dun libro que lle regalei a miña nai. E ao día seguinte sorprendeume coñecer a vida de Pilar Millán Astray.

Aos poucos fun anotando tamén na lista de tarefas pendentes nomes de mulleres doutras ocupacións artísticas, así como correntes ou grupos musicais. En xaneiro un editor creou a Lista de galegas segundo Wikidata, da que tamén anotei algún nome pendente, concretamente Francisca Sarasate, Josefina López de Serantes, Julia Ibarra, Águeda de Vianney e María Dolores Fernández-Posse. O 9 de xaneiro a conta de Wikipedia de Facebook puxo unha cita de Evelyn Beatrice Hall, e tamén a anotei. É tráxico, pero en ocasións algunha muller sae á luz na data da súa defunción. Foi o caso de Claribel Alegría, finada o 25 de xaneiro.

A finais dese mes anotei outro bo número de escritoras en base á lista de lecturas das miñas amizades na comunidade Goodreads: Edith Wharton, Jean Shinoda Bolen, Clarissa Pinkola Estés, Marguerite Abouet, Muriel Spark, Hannelore Cayre, Linda Chapman e Rita Indiana. En febreiro, grazas ao Intercultur 2018, descubrín o artigo de Enriqueta González Rubín. A principios de febreiro o reto comezou a fatigarme, e pensei en abandonalo. Coincidiu esa época cunha viaxe programada a Torino, e recoñezo que "fixen trampas" e deixei dous artigos medio redactados para nos días puntuais simplemente subilos sen ter que traballalos moito.

Outro artigo que me gustou moito facer foi o de Nadia Sokolova, de quen souben pola Antología poética del barrio chino, de 1949. En relación con Barcelona, logo de asistir á presentación do seu último libro decidinme a facer o artigo de Mónica G. Álvarez. Tomei ideas do libro de Carmen Blanco García Libros de mulleres (Para unha bibliografía de escritoras en lingua galega: 1863 ~ 1992). Vendo un capítulo de The Soprano anotei o nome de Barbara Kingsolver. No club de lectura no que participo limos unha obra de Macky Chuca, quen fixo un obradoiro de escritura con Esther Cross. Usuaria:Moniquiña engadiu varias autoras mentres preparaba a lista de artigos pendentes para o Wikipedia:Primeiro wikimaratón do Día Internacional da Muller. Facendo a páxina de homónimos de Marful descubrín a autora asturiana Inés Marful, e a través do Telegram de WMES descubrín Penny Vincenzi; porén, fun un pouco zoquete e ningunha das dúas contou para o #100wikidays porque xa fixera artigos eses días. Finalmente rematei o 6 de marzo cun artigo sobre a miña avoa, Pepy G. Clavijo, que ben o merecía.

Amais dos 100 artigos feitos quedan outros 86 nomes pendentes, que deixarei anotados no Wikipedia:Wikiproxecto mulleres/Lista de escritoras. O proxecto serviume tamén para anotar nomes de grupos de música formados por mulleres ou solistas, que deixarei anotadas en Wikipedia:Artigos solicitados. E agora, rematado este, a polo seguinte #100wikidays!

Arantza Portabales (27/11; creado)
Anaïs Nin (28/11; traducido)
Carmen Muñoz Manzano (29/11; creado)
Alfonsina Storni (30/11; traducido)
Arancha Nogueira (1/12; creado)
Anna Freixas (2/12; traducido)
Montse Fajardo (3/12; creado)
Zoé Valdés (4/12; traducido)
Sabela Rodríguez Oxea (5/12; creado)
Sarah Kane (6/12; traducido)
Ronsel Pan (7/12; creado)
Nancy H. Kleinbaum (8/12; traducido)
María Teresa León (9/12; traducido)
Rachel Abbott (10/12; traducido)
Violante do Ceo (11/12; traducido)
Soledad Puértolas (12/12; traducido)
Mary Gaitskill (13/12; traducido)
Morgan Parker (14/12; traducido)
Maylis de Kerangal (15/12; traducido)
Phillis Wheatley (16/12; traducido)
Margalit Finkelberg (17/12; traducido)
Kate Chopin (18/12; traducido)
Harriet Jacobs (19/12; traducido)
Harriet Beecher Stowe (20/12; traducido)
Ana Becciu (21/12; traducido)
Djuna Barnes (22/12; traducido)
Solita Solano (23/12; traducido)
Tillie Olsen (24/12; traducido)
Patricia Arias Chachero (25/12; creado)
Catherine Gasquoine Hartley (26/12; traducido)
Carolyne Larrington (27/12; creado)
Annette Meakin (28/12; traducido)
Kay Boyle (29/12; traducido)
Laura Falcó (30/12; creado)
Belinda Bauer (31/12; traducido)
Ruby Cohn (1/1; traducido)
Pilar Millán Astray (2/1; traducido)
Tereixa Constenla Fontenla (3/1; creado)
Mary Ann Shaffer (4/1; traducido)
Vanesa Santiago (5/1; creado)
Miranda Aldhouse-Green (6/1; traducido)
Margaret Caroline Anderson (7/1; traducido)
Francisca Sarasate (8/1; traducido)
Julia Ibarra (9/1; traducido)
María Dolores Fernández-Posse (10/1; traducido)
Chimamanda Ngozi Adichie (11/1; traducido)
Dorothy Caruso (12/1; traducido)
Julia Sáez-Angulo (13/1; traducido)
Paloma Palao (14/1; traducido)
Maria Mancini (15/1; traducido)
Águeda de Vianney (16/1; traducido)
Josefina López de Serantes (17/1; traducido)
Juana María Herce (18/1; traducido)
Lola Copacabana (19/1; traducido)
Montse Farrés (20/1; traducido)
Lucía Baquedano (21/1; traducido)
Evelyn Beatrice Hall (22/1; traducido)
Naomi Mitchison (23/1; traducido)
Carolina Coronado (24/1; traducido)
Sílvia Alcàntara i Ribolleda (25/1; traducido)
María Luisa Elío (26/1; traducido)
Claribel Alegría (27/1; traducido)
Josefina Cerviño Lago (28/1; creado)
María del Rosario Castells Vila (29/1; creado)
Jean Shinoda Bolen (30/1; traducido)
Durga Chew-Bose (31/1; traducido)
Linda Chapman (1/2; traducido)
Rita Indiana (2/2; traducido)
Olga Lucas (3/2; traducido)
Nadia Sokolova (4/2; creado)
Enriqueta González Rubín (5/2; traducido)
Úrsula de San Diego (6/2; traducido)
María Victoria Atencia (7/2; traducido)
Marta Peirano (8/2; traducido)
Irene Vallejo Moreu (9/2; traducido)
Ana de Castro Egas (10/2; traducido)
Reyes Calderón (11/2; traducido)
Mónica G. Álvarez (12/2; creado)
Remedios Zafra (13/2; traducido)
Edelmira Cacheda Otero (14/2; creado)
Macky Chuca (15/2; creado)
Ana Iturgaiz (16/2; traducido)
Beatriz Gimeno (17/2; traducido)
Inma Chacón (18/2; traducido)
Ève Curie (19/2; traducido)
Marian Izaguirre (20/2; traducido)
Victoria Ocampo (21/2; traducido)
Aurora Vidal Caramés (22/2; creado)
Regina Salcedo (23/2; traducido)
Ángeles Mastretta (24/2; traducido)
Rosana Ubanell (25/2; traducido)
Alicia Ostriker (26/2; traducido)
Isabel Pérez Montalbán (27/2; traducido)
María del Pilar Maspons i Labrós (28/2; traducido)
Carmen Baroja (1/3; traducido)
Jayne Cortez (2/3; traducido)
Uxue Juárez (3/3; traducido)
Eva García Sáenz de Urturi (4/3; traducido)
Marion Zimmer Bradley (5/3; traducido)
Pepy G. Clavijo (6/3; creado)