Durga Chew-Bose

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaDurga Chew-Bose

Editar o valor em Wikidata
Biografía
Nacemento1986 Editar o valor em Wikidata (37/38 anos)
Montreal, Canadá Editar o valor em Wikidata
Datos persoais
País de nacionalidadeCanadá Editar o valor em Wikidata
EducaciónSarah Lawrence College (en) Traducir
Universidade de Oxford Editar o valor em Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritora Editar o valor em Wikidata

Twitter: durgapolashi Editar o valor em Wikidata


Durga Chew-Bose, nada en Montreal en 1986, é unha escritora canadense de orixe india, residente en Brooklyn.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Naceu no Quebec, filla de pais de Calcuta.[1][2] Mudouse aos Estados Unidos con 17 anos, onde asistiu á escola en Novo México durante dous anos. Máis tarde, asistiu ao Sarah Lawrence College, e conseguiu unha estancia dun ano na Universidade de Oxford.[3][4]

Chew-Bose colaborou con diversas publicacións, como The Guardian, Buzzfeed, The Hairpin, Rolling Stone, GQ, The New Inquiry, n+1, Interview, Paper, Hazlitt, e This Recording.[5] Na revista Nylon, Kristen Iverson describe a Chew-Bose como "unha das ensaístas e críticas máis talentosas e perspicaces"; en The Guardian, Sarah Galo di, "Se os millenials teñen referencias intelectuais, a escritora Durga Chew-Bose é unha delas, cos seus escritos extensos e reflexivos sobre identidade e cultura que atraen a atención dos lectores"[6][7]

Chew-Bose tamén imparte clases de escritura no Sarah Lawrence College.[8]

Too Much and Not the Mood[editar | editar a fonte]

Esta obra toma o seu título do diario de Virginia Woolf de 1931.[9] Too Much and Not the Mood é unha colección de 14 ensaios nos que Chew-Bose describe "as complicacións de madurar e establecerse... o que significa ser unha moza negra nun mundo de brancos e o fermoso dilema de ser unha canadense de primeira xeración."[10][11]

Os críticos salientaron a innovación estilística da escritura de Chew-Bose. Too Much and Not the Mood inclúese nunha lista dos "15 lanzamentos de libros feministas máis esperados de 2017". Sadie L. Trombetta describiu o libro como unha "colección de ensaios, cartas, prosa, e poesía."[12] Too Much and Not the Mood foi tamén catalogado como "un dos 25 lanzamentos editoriais máis interesantes de 2017". Maris Kreizman dixo no New York Magazine's Vulture que "se admiras a habilidade de combinar o persoal e o académico nunha emocionante nova forma de arte de Maggie Nelson, Durga Chew-Bose será a túa nova escritora favorita."[13] Publishers Weekly dixo do seu libro que "os xiros da linguaxe e as apaixonantes referencias culturais, elevan o debut de Chew-Bose por encima das coleccións de ensaios persoais recentes de autores novos"

Writers of Color[editar | editar a fonte]

Con Buster Bylander, Jazmine Hughes e Vijith Assar, Chew-Bose fundou A web Writers of Color en abril de 2015.. Writers of Color é unha base de datos de escritores negros contemporáneos que busca "dar máis visibilidade aos escritores de cor, facilitando o acceso ás súas publicacións, construír unha plataforma fácil de usar para os editores e representar con exactitude aos escritores".[14][15][16][17][18]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Too Much and Not the Mood by Durga Chew-Bose". 
  2. Stern, Amanda (10 de abril de 2017). "Durga Chew-Bose". Interview Magazine. Consultado o 10 de abril de 2017. 
  3. "Fact-Checking The New York Observer's Media Power Bachelorettes List". 
  4. "Bulletin July 2007 | South Asian Women’s Community Centre – Centre communautaire des femmes Sud-Asiatiques". Arquivado dende o orixinal o 23 de maio de 2017. Consultado o 30 de xaneiro de 2018. 
  5. "30 Under 30: The Envy Index". 
  6. "50 Books We Can't Wait To Read In 2017". 
  7. "Durga Chew-Bose: 'Women have been edited since we were little girls'". 
  8. "Durga Chew-Bose". Sarah Lawrence College. Arquivado dende o orixinal o 14 de outubro de 2017. Consultado o 30 de xaneiro de 2018. 
  9. "10 brilliant emerging female authors to read in 2017". Arquivado dende o orixinal o 02 de febreiro de 2017. Consultado o 30 de xaneiro de 2018. 
  10. "Essays". ISSN 0362-4331. 
  11. "Nonfiction Book Review: Too Much and Not the Mood: Essays by Durga Chew-Bose". Publishers Weekly (en inglés). 27 de marzo de 2017. Consultado o 25 de marzo de 2017. 
  12. "15 Most Anticipated Feminist Book Releases Of 2017". 
  13. "25 of the Most Exciting Book Releases for 2017". New York Magazine. 
  14. "The 100 Most Influential People in Brooklyn Culture - Brooklyn Magazine". 
  15. "How To Solve Media's Diversity Problem". 
  16. "The World Doesn’t Need More Female Music Critics". 
  17. "Writers of Color.org". Arquivado dende o orixinal o 16 de agosto de 2016. Consultado o 30 de xaneiro de 2018. 
  18. "Writers of Color • About". 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]