Saltar ao contido

Regina Salcedo

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaRegina Salcedo

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento5 de setembro de 1972 Editar o valor en Wikidata (54 anos)
Pamplona Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónpoetisa, ilustradora, novelista, escritora Editar o valor en Wikidata

Facebook: martina.sarrigurenmacua BNE: XX5717472 Editar o valor en Wikidata

Regina Salcedo Irurzun, nada en Pamplona o 5 de setembro de 1972, é unha escritora, editora, guionista de videoxogos e dinamizadora de obradoiros de escritura navarra.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Estudou na Escuela de Letras de Madrid, especializándose en poesía contemporánea baixo a titoría de José María Guelbenzu (1993-1995). Diplomouse en Maxisterio en Lingua Estranxeira pola Universidade Pública de Navarra en 1999.

Desde 2007 coordina obradoiros de escritura creativa e titorías literarias tanto presenciais como en liña. Empezou impartindo estes obradoiros nos centros culturais do Concello de Pamplona[1] (Civivox) e no Instituto Navarro de Mocidade, para continuar máis tarde de forma independente.

Tamén traballou como guionista xefe e axudante de dirección no desenvolvemento de aventuras gráficas e videoxogos educativos na empresa navarra Playing for Learning, colaborando con Ed. Macmillan para o videoxogo Pulitzer English (2011-2013). Traballou como ilustradora de libros de texto para o Departamento de Educación e Cultura do Goberno de Navarra e a Escola Oficial de Idiomas de Navarra (2001-2005).

Escribiu artigos, recensións e poemas para as revistas literarias Quimera, TK, La Bolsa de Pipas, Kokoro e Canibaal.[2][3]. Gañou diversos premios de poesía, relato e microrrelato.

En novembro de 2014 participou no II Encontro Poético Unicelular xunto aos escritores Lola Nieto, Hasier Larretxea, Izaskun Gracia e Isabel Cadenas Cañón, onde presentou o seu poemario Icebergs.[4] Tras este encontro pasou a formar parte do equipo do proxecto Unicelular, que dirixe a poeta Uxue Juárez. É fundadora e coordinadora de La Mesa Poética,[5] espazo de intercambio de libros de poesía en Pamplona.

Poesía
  • Protagonistas (Kokapeli, 2015)
  • Icebergs (Baile del sol, 2014)
  • Antología Voces Nuevas (IX Selección) (Torremozas, 1992)
  • Ultravioleta Poesía Ilustrada (Antología) (Fundación Caja Navarra, 2015)
  • Voz vértebra, antología de poesía fuura (Kokoro, 2017)
Microrrelato
  • Relatos en cadena (Antología) (Alfaguara, 2008)
Novela
  • Los libros de Ollumarh I-Esclavos de Taur-Krim (2016)
  • Los libros de Ollumarh II-La Resistencia (2017)
  • Premio de Poesía pola Universidade de Navarra, 1991.
  • Premio Internacional de Poesía Voces Nuevas da Editorial Torremozas, 1992.
  • Premio de Relato Breve do Diario Deia, 1998.
  • Premio Internacional de Microrrelatos EuskoSare, 2008.
  1. ↑ "Taller de relato: el bicho-cuento. Definde.com". Arquivado dende o orixinal o 24 de febreiro de 2018. Consultado o 22 de febreiro de 2018.
  2. ↑ Revista «Quimera» nº316
  3. ↑ "Revista «La Bolsa de Pipas» nº94". Arquivado dende o orixinal o 20 de decembro de 2014. Consultado o 20 de decembro de 2014.
  4. ↑ "Cinco autores, en el 2º Encuentro Poético Unicelular de Pamplona" Arquivado 20 de decembro de 2014 en Wayback Machine.. Diario de Noticias, 21 de novembro de 2014 (en castelán).
  5. ↑ "La Galla Ciencia: Inaxio Goldaracena.". Arquivado dende o orixinal o 23 de febreiro de 2018. Consultado o 22 de febreiro de 2018.

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]