Sílvia Alcàntara i Ribolleda

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Saltar ata a navegación Saltar á procura
Sílvia Alcàntara i Ribolleda
Sílvia Alcàntara.jpg
Nacemento1944
 Puig-reig
NacionalidadeEspaña
Ocupaciónescritora
editar datos en Wikidata ]

Sílvia Alcàntara i Ribolleda, nada en Puig-reig (Berguedà) en 1944, é unha escritora catalá.

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Vive en Terrasa desde mediados da década de 1960. Desde comezos da década de 1990 participou na Aula de Lletres en Barcelona para aprender técnicas de escritura literaria, e completa a súa formación no Ateneu Barcelonès.

En 2009 publicou a súa primeira novela, Olor de Colònia, editada por Edicions de 1984, que evoca a vida dunha colonia téxtil a mediados do século XX e as envelenadas relacións sociais, a combinación de despotismo e condescendencia que rexía a súa vida. Nacer, vivir, reproducirse e morrer entre as paredes dunha fábrica que vai máis alá do centro de traballo, que é tamén escola igrexa, tenda e vivenda. A novela recibiu os premios QWERTY BTV (2009), Regió7 (2009) e Joaquim Amat-Piniella (2010), e foi finalista do Premio Llibreter de narrativa (2009)[1]

En 2012 rodouse a miniserie Olor de colònia, unha produción de Diagonal TV e Televisió de Catalunya baseada na novela homònima.[2]

Novelas[editar | editar a fonte]

  • Olor de Colònia (Edicions de 1984, 2009)
  • La casa cantonera (Edicions de 1984, 2011)
  • Els dies sense glòria (Edicions de 1984, 2016)[3][4]

Notas[editar | editar a fonte]

  1. "Sílvia Alcàntara: ‘Escriure m’ha salvat la vida’" (en catalán). Consultado o 2017-01-31. 
  2. El Punt Avui, ed. (9/10/2013). "L'ànima de la colònia". Consultado o 11/11/2013. 
  3. Nopca, Jordi (9 de xaneiro de 2016). "Novetats 2016: escalfant motors per a Sant Jordi". Ara. 
  4. "Crítica | Acte de fe". El País (en catalán). 2016-07-02. 

Véxase tamén[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas[editar | editar a fonte]