Penny Vincenzi

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Infotaula de personaPenny Vincenzi
Biografía
Nacemento10 de abril de 1939 Editar o valor em Wikidata
Bournemouth, Reino Unido Editar o valor em Wikidata
Morte25 de febreiro de 2018 Editar o valor em Wikidata (78 anos)
Datos persoais
País de nacionalidadeReino Unido Editar o valor em Wikidata
EducaciónNotting Hill and Ealing High School (en) Traducir Editar o valor em Wikidata
Actividade
Campo de traballoEscrita creativa e profesional e xornalismo Editar o valor em Wikidata
Lugar de traballo Inglaterra Editar o valor em Wikidata
Ocupaciónescritora , xornalista Editar o valor em Wikidata
Período de actividade1989 Editar o valor em Wikidata -
LinguaLingua inglesa Editar o valor em Wikidata
Obra
Obras destacables

Páxina webpennyvincenzi.com Editar o valor em Wikidata
IMDB: nm0306688 Editar o valor em Wikidata


Penelope Vincenzi, nada en Bournemouth co nome de Penelope Hannaford o 10 de abril de 1939 e finada o 25 de febreiro de 2018, foi unha escritora inglesa.[1]

Traxectoria[editar | editar a fonte]

Foi a filla única de Stanley George Hannaford (finado en 1985) e Mary Blanche Hannaford, nada Hawkey (finada 1987) de New Milton, Hampshire.[2][3] De nena a familia mudouse a Devon, e foi educada no Notting Hill and Ealing High School.[3]

En 1962 comezou a traballar no Daily Mirror como secretaria, e logo dun ano traballou para Marjorie Proops, que sabedora das súas ambicións xornalísticas, lle permitiu axudala con pequenas investigacións e encomendas.[4] Como xornalista de moda traballou para publicacións como o Daily Mirror e Vogue.

Vida persoal[editar | editar a fonte]

Con 19 anos coñeceu Paul Robert Vincenzi, empresario publicitario, fillo do doutor Julius Vincenzi, de Earls Colne, Essex.[3] Casaron o 27 de maio de 1960, e tiveron catro fillas.[3][4] O seu home finou por mor dun tumor cerebral en 2009.

Obra[editar | editar a fonte]

  • Old Sins (1989)
  • Wicked Pleasures (1992)
  • An Outrageous Affair (1993)
  • Another Woman (1994)
  • Forbidden Places (1995)
  • The Dilemma (1996)
  • Windfall (1997)
  • Almost a Crime (1999)
  • No Angel (2000)
  • Something Dangerous (2001)
  • Into Temptation (2002)
  • Sheer Abandon (2005)
  • An Absolute Scandal (2007)
  • The Best of Times (2009)
  • The Decision (2011)
  • A Perfect Heritage (2014)
  • A Question of Trust (2017)

Notass[editar | editar a fonte]

  1. Katherine Cowdrey (26 de febreiro de 2018). "'Beloved' author Penny Vincenzi dies". The Bookseller. 
  2. "Penny Vincenzi". bfi.org.uk. Consultado o 17 de decembro de 2016. 
  3. 3,0 3,1 3,2 3,3 Lucy Hume (5 de outubro de 2017). Debrett's people of today 2017. p. 1893. ISBN 978-1-9997670-3-7. Consultado o 22 de febreiro de 2022. 
  4. 4,0 4,1 "How We Met: Penny Vincenzi and Marjorie Proops". independent.co.uk. 12 de decembro de 1993. Consultado o 27 de febreiro de 2018.